Formigas e chicharras: o conto do revés?

Venres, 14 Setembro 2012 12:00 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

En recentes declaracións, o noso actual Presidente da Xunta en funcións, o señor Núñez Feijoo, agora candidato do Partido Popular, dicía que “en Galicia fixemos de formigas mentres outros fixeron de chicharras”, en alusión a que durante o seu mandato se fixera un control do déficit mellor que o que se fixo noutras Comunidades Autónomas.

Se lembramos o conto da formiga e a chicharra, a primeira pasaba o verán traballando e aforrando para superar o inverno, mentres que a segunda malgastaba canto tiña.

Segundo datos do Banco de España, publicados recentemente (pódense ver en: www.bde.es/webbde/es/estadis/infoest/htmls/cdp.html), a débeda pública de Galiza pasou de 3954 millóns de euros en 2008, antes da chegada de Feijoo á Xunta, a 7627 millóns en 2012, cando convoca as eleccións, como se pode comprobar no cadro de abaixo:

cadroformigas

Gustaríanos saber cánto de formiga hai nun goberno que aumenta en máis de 3500 millóns de euros a débeda pública en só catro anos. Ou é que o señor Feijoo sabe o conto ao revés? Son as formigas as que despilfarran? Non, o que despilfarrou estes catro anos foi o goberno do señor Feijoo. A nós as contas non nos dan: se tan controlado temos o gasto, e con todos os recortes que se fixeron (que sufriu a clase traballadora) onde foron parar estes 3500 millóns de euros????

 

Señor Feijoo, non intente enganarnos con contos infantís, vostede non foi formiga,

vostede foi o Presidente máis nefasto que tivo Galiza nunca!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto