A Consellaría de Sanidade pretende enganar á poboación manipulando os datos de peche de camas no verán

Martes, 12 Xuño 2012 12:46 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Segundo o cadro publicado pola Consellaría de Sanidade na nota de prensa emitida o 24 de maio pasado estas son as camas que se pecharán durante o verán nos hospitais do Servizo Galego de Saúde:

pechecamassergas

Mais se tomamos os datos desglosados que nos foron facilitados polas xerencias e facemos as sumas correspondentes, o resultado é ben distinto:

cadro_peche_camas

Como se ve nos cadros, en todas as Xerencias se van pechar realmente máis camas das que se poden supoñer en función dos datos ofrecidos na nota de prensa da Consellaría, agás na de Ourense, onde as Xerencias Executivas de Verín e O Barco non facilitaron datos, pero si que se sabe que vai haber servizos onde haxa menos camas funcionantes, de aí que saia un nº menor de camas pechadas nesta área, polo que se tiveramos os datos finais, o número total de camas que van ser pechadas durante o verán sería incluso maior que 1105.

Porqué existe esta diferenza entre os datos ofrecidos na nota de prensa da Consellaría e os que nos pasaron as Xerencias? Porque no cadro superior a Consellaría de Sanidade non utiliza cantidades absolutas, senón "medias quincenais de camas operativas" nun intento de "disimular" o total de 1105 camas pechadas durante o verán, camas que en moitos casos pertencen a servizos enteiros que van deixar de funcionar os meses de xullo, agosto e setembro, impedindo ou limitando o acceso a estes servizos a pacientes que o necesitan. Non só se conforman con isto desde o SERGAS, ademais mobilizan ao persoal destes servizos utilizándoo como comodín para substituir as ausencias das vacacións noutros servizos, mentres as listas de contratación seguen paralizadas.

Desde CIG-Saúde esiximos á Consellería que se deixe de maquinar operacións de maquillaxe para enganar á cidadanía e que poña enriba da mesa os datos reais, para que se visualice o grave deterioro que está infrinxindo á Sanidade Pública galega coa súa política de recortes e mingua de servizos.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto