Comités e Xuntas de persoal continúan coas mobilizacións en contra dos recortes no sector público

Martes, 20 Marzo 2012 13:18 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O xoves 22 de marzo está convocada unha nova xornada de loita en toda a administración galega
  
Os Comités e Xuntas de persoal continúan amosando o seu rexeitamento á Lei de Medidas Urxentes no Emprego Público celebrando asembleas e concentracións en varios centros do País. A CIG lembra que o xoves 22 de marzo as centrais sindicais teñen convocada unha nova xornada de loita en toda a administración galega en contra dos ataques aos traballadores/as e na defensa duns servizos públicos de calidade.
12-03-15 Protesta San Caetano  
Así, este xoves realizáronse protestas nos complexos de San Caetano e San Lázaro de Compostela; no edificio administrativo da Xunta en Vigo e na Dirección provincial do Sergas; na Casa de Chocolate de Ourense; e nos edificios da Xunta en Pontevedra.

Dende os Comités e as Xuntas de persoal critícase a rapidez coa que os gobernos do PP aproban medidas que supoñen un retroceso nos dereitos da clase traballadora e un avance no desmantelamento dos servizos públicos -como a citada Lei, a privatización de servizos públicos ou a reforma laboral aprobada polo Executivo central-. Porén, subliñan, levan anos agardando porque a Xunta saque adiante o concurso de traslados ou o decreto de permisos e licenzas.

No caso dos servizos centrais, o Goberno galego xa comezou a aplicar os recortes ao suprimir a axuda que até agora percibían os/as empregados/as para cubrir parte do custe total do transporte interurbano e urbano, a pesar de que esta medida non aparece especificamente recollida como acción social.

Dende a CIG critícase tamén o procedemento co que o Goberno galego está comezando a transposición dos recortes, xa que en lugar de convocar as Mesas Sectoriais–agás no caso da Saúde- comunica os cambios de xeito escalonado e por departamentos. Fronte a esta actuación, a CIG ten solicitada a reunión con carácter de urxencia da comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do V Convenio do persoal laboral, dado que está afectado pola nova normativa e que o seu ámbito de aplicación é todo o persoal ao servizo da Xunta.

A nova en Avantar.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto