Lei de Medidas Emprego Público: a quén queren enganar?

Venres, 17 Febreiro 2012 11:25 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Onte, despois do Consello da Xunta no que se aprobou o proxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público no que se perpetran graves recortes para os/as empregados/as públicos/as, o Presidente Feijoo deu a clásica roda de prensa na que anunciou a aprobación desta medida, indicando que as reducións de xornada que se recollen dentro deste proxecto da Lei serán voluntarias para o persoal fixo, só se aplicarán en caso de "necesidade" ao persoal interino e nunca a persoal da sanidade ou o ensino.

A quén pretende enganar o señor Feijoo? O anuncio de que o recorte de xornada no vai afectar ao persoal interino da sanidade é unha falacia, quizais non vaia afectar a aquel persoal que ten agora mesmo un contrato en vigor, é dicir, aquel persoal que neste momento forma parte do sistema, pero a redución de xornada xa está sendo aplicada desde hai tempo ao persoal que se contrata. A práctica na contratación que está a utilizar o SERGAS caracterízase por:

Ademais, esta "non aplicación" que o señor Feijoo di que se vai facer para a sanidade e a educación non figura en ningún apartado do proxecto de Lei, nin no texto que entregaron o pasado mércores na Comisión de Persoal, nin no texto que a Consellaría de Facenda tén colgado no seu web. En base a qué non van aplicar esta medida ao persoal da sanidade e da educación? En base á palabra do señor Feijoo? Desde logo, a CIG-Saúde non se fía NADA da palabra do señor Feijoo, o mesmo que na campaña electoral previa ás eleccións nas que saiu elixido Presidente dixo que ía acabar coa crise en 45 días... onde eles van!!!

Deixense de enganos:

CIG-Saúde segue a rexeitar o proxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público por ser lesivo para o sistema sanitario.

REXEITAMOS esta Lei dos Recortes, imposta pola Xunta do PP para facer pagar unha vez máis aos traballadores e traballadoras a crise que xerou a especulación financieira.

NON AOS RECORTES!!!! MOBILÍZATE!!!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto