Para o PP os descontos, cando son progresivos, son "perigosos"

Mércores, 23 Xuño 2010 11:28 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No pleno que onte se celebrou no Parlamento Galego, e cando se debatían os recurtes salariais que se nos van aplicar aos/ás empregados/as públicos/as, a Conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, calificou de "sorprendentes" os criterios de progresividade aplicados aos descontos salariais.

 

Para a señora Conselleira, o feito de aplicar descontos proporcionais en función da nómina que se cobre "pon en perigo a capacidade intelectual da función pública". Non sabemos moi ben qué quixo dicir onte a señora Conselleira con estas palabras, mais está claro que ao PP os descontos de xeito progresivo parécenlle perigosos e entendemos que, de poder facelo, é dicir, se o decreto estatal non marcase a progresividade nos descontos salariais, o goberno da Xunta do PP descontaría máis a aqueles/as traballadores/as que menos cobran, para non "por en perigo a capacidade intelectual da función pública". Isto danos unha idea da política "austera" e "solidaria" que practica este goberno.

 

Para "capacidade intelectual" a da señora Conselleira!

 

En CIG-Saúde o que nos parece perigoso é que teñamos xente deste cariz gobernándonos. Parécenos perigoso que se lles apliquen recurtes de todo tipo ás/aos traballadoras/es mentres que as entidades bancarias non só non teñan que pagar a crise que xeraron, senón que se lles subvenciona para que non perdan tantos cartos... Iso si que pón en perigo a "capacidade intelectual" de calquera!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto