O persoal de esterilización dos hospitais de Galiza pide ao SERGAS a paralización da privatización do servizo

Martes, 18 Febreiro 2014 07:55 Política Sanitaria - Novas sobre Política Sanitaria
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación, segundo o publicado no DOUE, é o 1 de marzo
.
A CIG-Saúde fixo entrega esta mañá, no rexistro do SERGAS, das sinaturas de todo o persoal que presta servizo nas unidades de esterilización dos hospitais públicos do Servizos Galego de Saúde en demanda de que o se paralice o proceso de privatización e para que se preserve a calidade e eficiencia que viña tendo até o de agora. O SERGAS non chegou a anunciar publicamente a súa privatización, pero si que publicou o concurso o pasado 2 de xaneiro, no DOUE, para que pasara desapercibido e sen informar sequera aos servizos afectados. O contrato do servizo ascendería a 132 millóns de euros, máis IVE.

A CIG-Saúde lembra que para tomar esta decisión o SERGAS non tivo en conta a opinión das/os profesionais e a data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación, segundo o publicado no DOUE, é o 1 de marzo.

Os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermeiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada tal e como vén de confirmarse.

Ao pasar o servizo a mans privadas encarecerase todo o proceso, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

Tanto a CIG-Saúde como as traballadoras e traballadores que prestan servizo nas unidades de esterilización dos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde exixen a súa paralización. Demandan da consellaría coherencia, xa que a conselleira “maniféstase como unha defensora da sanidade pública” e consideran que “está máis que demostrado que os servizos xestionados directamente polo SERGAS presentan maior calidade e eficiencia”.

A nova en Avantar

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto