CIG-Saúde esixe a recuperación salarial e a clasificación profesional, para todas as categorías, segundo o artigo 76 do Estatuto Básico da/o Empregado Público.

Martes, 05 Novembro 2019 08:31 Sanidade Pública - Novas sobre a Sanidade Pública
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

cig informa

Orzamentos Xerais do Estado 2020.

CIG-Saúde esixe a recuperación salarial e a clasificación profesional, para todas as categorías, segundo o artigo 76 do Estatuto Básico da/o Empregado Público.

Todos os grupos políticos do estado afirman ser os defensores da sanidade pública e das/os súas/seus traballadoras/es, máis ningún ten un proxecto para devolvernos os nosos salarios e os postos de traballo amortizados desde o ano 2010.

Seguemos a estar sen proposta salarial para recuperar os recortes do ano 2010, sen plano de emprego que anule a taxa de reposición, e sen a reclasificación profesional pendente desde o ano 2007.

Desde CIG-SAÚDE, un ano máis, cando haxa “novo goberno” e “ministra/o das Administracións Públicas”, imos presentar na mesa xeral de empregadas/os públicos do estado as seguintes propostas:

Eliminación da taxa de reposición:

O goberno do estado ten que por fin aos límites nas ofertas de emprego público.

 

Recuperación, para todos os colectivos, do 5% recortado no ano 2010.

 

Recuperación do 100% do soldo base e dos trienios nas pagas extras:

A1. Ten que recuperar o 46.3%

A2. ten que recuperar o 32.8%

C1. Ten que recuperar o 17%

C2 .Ten que recuperar o 1.3%

 

Clasificación profesional e pago das retribucións correspondentes. (Pendente desde o ano 2007)

Estatuto Básico da/o Empregada/o Público: Artigo 76. Grupos de Clasificación profesional

Clasificación profesional

Retribución que corresponde

Grupo A.

Dividido en dous Subgrupos:

 A1 e A2

Adaptar o soldo base e os trienios á nova clasificación.

Negociación do resto de complementos.

Grupo B.

Técnico Superior de Formación Profesional

Soldo base: 889.68 €

Trienios: 32.41 €

Grupo C1.

TCAES.

Técnicos F.P. Grao Medio.

Soldo base: 764.19 €

Trienios: 27.95 €

Grupo C2.

Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Agrupacións Profesionais.

Soldo base: 636.01 €

Trienios : 19.02 €

       

A estas cantidades seranlle de aplicación os incrementos salariais que se produzan no ano 2020.

CIG-SAÚDE  vai esixir que todas as categorías de persoal do SERGAS se inclúan na clasificación profesional do  Artg.  76 do EBEP.

Non podemos ter grupos profesionais fora desta clasificación.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto