No PP pretenden tomarnos por parv@s: devolución da extra 2012 en cómodos prazos pre-electorais

Luns, 29 Decembro 2014 09:33 Persoal - Outras novas de Persoal
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Queren tomarnos por parv@s: devolución da Extra 2012 en cómodos prazos pre-electorais

O pasado día 23 de decembro convocounos Función Pública para explicarnos cómo se vai producir a devolución da paga extra do ano 2012.

areapublicacigA lei de orzamentos do ano 2015 só recolle a devolución do 12.5%, que se pagará no mes de xaneiro. O que nos din agora é que a Lei de Emprego de Galiza, que será publicada nas datas previas ás Eleccións Municipais, vai recoller a cronoloxía da devolución da extra do 2012 no período 2015-2017. O que non aclararon é se van incluír, ou non, o complemento específico.

Como CIG rexeitamos esta proposta, esiximos a devolución íntegra nun só pagamento. Non entendemos, por exemplo, porqué, se a Admón. pretende devolver o 25% da extra no ano 2015, a Lei de Orzamentos  contempla o 12.5%, e non o  pagamento do 25% nunha soa vez.

A PROPOSTA DO PP: DEVOLUCIÓN DA EXTRA EN PEQUENAS DOSES

VINCULADAS AOS PROCESOS ELECTORAIS:

Esta é a cronoloxía que nos anunciaron:

Todo isto, sen termos claro se o complemento específico da extra do 2012 vai incluído nestas porcentaxes, nin qué pasa co complemento específico ou os recortes das pagas extras dos anos 2013 e 2014.

Pretenden tomarnos por parv@s e irnos devolvendo a extra do 2102, QUE NOS ROUBARON, en cómodos prazos pre-electorais, coa intención de comprar votos.

O persoal da Sanidade Pública non se compra!

A Sanidade non se vende!

Devolución das pagas extras e dos demais dereitos roubados!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto