CIG-Saúde gaña sentenza que recoñece o dereito do persoal eventual ao desfrute do permiso de matrimonio

Venres, 25 Xaneiro 2019 13:04 Persoal - Xornada, permisos e licenzas
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

A asesoría xurídica da CIG obtén unha sentenza firme na que se recoñece o dereito do persoal eventual aos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.

O xulgado do contencioso nº 4, tralo recurso interposto pola asesoría xurídica da CIG de A Coruña, notifica, o 22 de xaneiro de 2019, sentenza firme na que se ven a recoñecer o dereito que ten o persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde ao goce dos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.

Dereito que nos era negado a todo o persoal eventual pretendendo acollerse o Sergas ao Acordo de Concertación Social, cando a normativa e xurisprudencia europea declara a NON DISCRIMINACIÓN dos/as traballadores/as fixas e temporais.

Así, nesta sentenza de A Coruña se declara non conforme a dereito a denegación dos 15 días de permiso retribuído por matrimonio/parella de feito invocando o feito de ser este permiso incompatible coa finalidade do nomeamento como persoal eventual.

Este sentenza é un primeiro paso moi importante para acadar o recoñecemento do dereito do persoal eventual ao goce dos permisos que ata agora nos son negados: matrimonio/parella de feito, traslado de domicilio, asistencia a cursos de formación continuada, a congresos e exames de centros e titulacións oficiais…

Igualdade

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto