Permisos e licenzas: a raíz da denuncia da CIG, o SERGAS recoñece algún permiso ata agora ocultado

Venres, 01 Abril 2016 11:12 Persoal - Xornada, permisos e licenzas
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

permisospO pasado día 14 de marzo, CIG-Saúde denunciou publicamente que o SERGAS estaba a ocultar (e, polo tanto, negar) dereitos como o permiso para mulleres xestantes a partir da 37 semana. Non é o único permiso que se nos está negando, desde a CIG-Saúde vimos de comezar unha campaña para exixir a negociación de todos os permisos e licenzas recollidos na ultima lexislación e que para outras/os empregadas/os públicas/os si se están aplicando.

Hoxe o SERGAS sorprendeunos enviando unhas instrucións sobre dous destes permisos ata o de agora ocultados: o permiso para xestantes e o de incorporación paulatina tras tratamento oncolóxico. Parece que as nosas denuncias empezan a facer efecto. Non podemos parar aquí, quedan moitos permisos por recoñecer, dereitos que nos están roubando ao persoal da Sanidade Pública.

Non podemos consentilo.

Permisos e licenzas: negociación xa!!!

Documento: instrucións sobre permiso para xestantes e permiso para incorporación progresiva tras tratamento oncolóxico.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto