Amplíase nunha semana o permiso por parto durante o 2016

Mércores, 27 Xaneiro 2016 12:36 Persoal - Xornada, permisos e licenzas
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

AMPLÍASE NUNHA SEMANA

O PERMISO POR PARTO DURANTE O 2016

O permiso por parto foi regulado e ampliada a súa duración a 18 semanas no artigo 121 da Lei de Emprego Público publicada en maio de 2015 (DOG nº 82, do 4 de maio de 2015: LEI 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.)

Para a efectividade desta ampliación, a propia Lei de Emprego recolle unha disposición transitoria, con este texto:

Disposición transitoria sexta. Ampliación da duración dos permisos por parto e por adopción ou acollemento.

A duración dos permisos por parto e por adopción ou acollemento establecida na alínea primeira do artigo 121 e na alínea primeira do artigo 122 acadarase progresivamente consonte o seguinte calendario:

a) Dezaseis semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2015.

b) Dezasete semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2016.

c) Dezaoito semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2017 e sucesivos.

 

Polo tanto, durante o ano 2016, o permiso por parto pasa a ser de 17 semanas en lugar das 16 semanas que viñan sendo habitual.

Se queres saber máis ou tes algunha dúbida, contacta connosco por correo, teléfono, redes sociais ou pasa polos nosos locais sindicais.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto