O tempo de relevos e muda de roupa tamén é xornada efectiva!

Venres, 05 Setembro 2014 13:25 Persoal - Xornada, permisos e licenzas
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O GOBERNO GALEGO E A CONSELLARÍA DE SANIDADE

 SEGUEN AGRAVIANDO AS/OS TRABALLADORAS/ES DA SANIDADE PÚBLICA

reloxoO día 18 de agosto do 2014 publicouse no DOG unha Resolución da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, que dita as instrucións pertinentes de desenvolvemento da Orde do 20 de decembro de 2013 sobre horarios e xornada de traballo das/os empregadas/os públicas/os da Comunidade Autónoma.

          No articulado da Resolución de agosto do 2014 recóllese:

·         Control horario:

Tempo para efectuar a fichaxe. “De conformidade co establecido no artigo 6.6 da orde, diariamente a persoa disporá de 10 minutos para efectuar a fichaxe de entrada e saída, que se computaran como tempo de traballo efectivo, ao ser a estimación do tempo medio que se precisa para prender o equipamento, acceder á aplicación Kronos e efectuar a fichaxe”.

Desde CIG-SAÚDE congratulámonos desta medida, xa que se debe de computar como tempo de traballo efectivo todo o tempo que o/a traballador/a pón a disposición da empresa, mais…

O TEMPO DOS RELEVOS E DA MUDA DE ROUPA TAMÉN É XORNADA EFECTIVA!

As/Os traballadoras/es do SERGAS non podemos seguir a ser castigadas/os por este goberno, e exiximos que se negocie de inmediato na Mesa Sectorial a compensación horaria  para computar como tempo de traballo efectivo o tempo que o persoal do SERGAS emprega en:

·         transmitir a información nos cambios de quenda, actividade fundamental na prestación sanitaria

·         cambio de vestimenta polo uniforme regulamentario

·         e, ao igual que ao persoal da Administración Autonómica, tempo que se precisa para prender os equipamentos informáticos

O tempo total que o persoal do SERGAS emprega na prestación de servizo debe ser considerado como xornada efectiva. O persoal do SERGAS tamén somos traballadoras/es públicas/os, non podemos seguir sendo só o persoal dos recortes e da perda de dereitos laborais e sociais.

CIG-SAÚDE exixe que no computo de xornada anual se compute como xornada efectiva a totalidade da prestación de servizo. Ao igual que o resto de compañeiras e compañeiros da Administración Pública.

Non máis recortes! Non máis discriminacións!

Descarga e difunde!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto