Pódense consultar as listas coa puntuación na páxina do SERGAS: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Concurso-de-traslados-aberto-e-permanente
Ou ben, pódese consultar o estado de cada solicitude polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo as instrucións emitidas pola Dirección de RRHH do SERGAS os prazos, con carácter xeral, serán os seguintes:
- CESAMENTO: o luns 8 de outubro de 2018
No suposto de atoparse disfrutando de permiso, licencza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade, o cesamento queda diferido ata a incorporación á praza de orixe.
- PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN:
- Sen prazo posesorio, é dicir, o día 9 de outubro: aquelas persoas que non cambien de centro de destino (comisión de servizos, reingresos provisionais...)
- 3 días hábiles, é dicir, ata o 11 de outubro: para cambios de centro de destino dentro da mesma EOXI.
- 15 días hábiles, é dicir, ata o 30 de outubro: para cambios a prazas de distinta EOXI.
- Un mes: para persoas procedentes doutro servizo de saúde, reingreso ao servizo activo.
Para máis información diríxete ás nosas seccións sindicais nos centros.