Publicación da resolución definitiva do ciclo de adxudicación do ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente de licenciadas/os sanitarias/os de atención primaria

Venres, 05 Outubro 2018 07:49 Persoal - Traslados
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.

Pódense consultar as listas coa puntuación na páxina do SERGAS: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Concurso-de-traslados-aberto-e-permanente

Ou ben, pódese consultar o estado de cada solicitude polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

Segundo as instrucións emitidas pola Dirección de RRHH do SERGAS os prazos, con carácter xeral,  serán os seguintes:

No suposto de atoparse disfrutando de permiso, licencza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade, o cesamento queda diferido ata a incorporación á praza de orixe.

 

Para máis información diríxete ás nosas seccións sindicais nos centros.

 

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto