Aclaración prazas PSX

Xoves, 31 Marzo 2011 12:45 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A categoría de PSX elixe destino o vindeiro sábado día 2, as prazas que se ofertan para Elección de Destino son 293, cando no Decreto de oferta da Convocatoria se ofertaron 299, a CAUSA débese ás persoas que aprobaron da queda de DISCAPACIDADE, que non superaron o 3% da convocatoria e polo tanto hai 6 prazas que teñen que reservarse para a convocatoria seguinte, segundo o contemplado na propia convocatoria:

 

"No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento." 


Como se pode comprobar só aprobaron 3 persoas da queda de discapacidade, o que non chega ao 3% da convocatoria (o 3 por cento serían 9 prazas) de aí que teñan a obriga de reservar 6 prazas para a seguinte convocatoria, o que produce o resultado de ofertar só 293 prazas.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto