Información sobre OPE e Traslados

Venres, 04 Febreiro 2011 19:42 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte mensaxe do SERGAS con información sobre OPE e traslados:

 

Boas tardes, a previsión das vindeiras publicacións no DOG é a seguinte:


mércores 9: puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, e a citación do primeiro dos actos de elección de prazas de albanel, calefactor/a e cociñeiro/a, para o xoves 10, ás 17,30h.


Xa foron enviadas para a súa publicación, aínda sen concretar o día exacto polo seu volume:

          - resolución definitiva do concurso de traslados de licenciados sanitarios

          - puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso de persoal de enfermaría (ATS/DUE)


Tamén na vindeira semana quedará rematada para o seu posterior envío ao DOG, tanto a resolución definitiva do concurso de traslados do persoal das enfermaría, coma a adxudicación de destinos de FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008).
kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto