Data dos actos de elección de destino da OPE 2013 (Enfermeira/o e Médica/o de Familia) e cadro de prazas a oferta

Xoves, 19 Xaneiro 2017 08:29 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse no DOG as resolucións que anuncian as datas dos actos de elección de destinos para as persoas que obtiveron praza na OPE 2013 (categorías de Enfermeira/o e Médica/o de Familia), así como o cadro de prazas a ofertar:

O acto de elección de destino para a categoría de Médica/o de Familia terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 9.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección de destino para a categoría de Enfermeira/o terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 11.30 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Os actos de elección desenvolveranse consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Contra as resolucións publicadas hoxe, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir de mañá.

Máis información na páxina do SERGAS.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto