Publicado cadro de respostas definitivo e puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2014

Xoves, 14 Xullo 2016 08:10 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a Resolución que dá publicidade ao cadro de respostas definitivo e á baremación provisional da OPE 2014 + OPE 2015 (categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, técnico/a superior en Hixiene Bucodental, técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico, técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, técnico/a superior en Radioterapia, técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría e técnico/a en Farmacia):

O cadro de respostas e a lista de puntuacións provisionais poden verse na web do SERGAS (no caso de Técnica/o de Farmacia nestoutra ligazón).

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida. A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e deberá dirixirse á sede do tribunal a efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto