Sobre os permisos para acudir ao exame da OPE

Martes, 12 Xaneiro 2016 09:11 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

examen-mirO  día 23 de xaneiro esta convocado o exame de OPE de persoal de Enfermaría e Médicas/os de Familia. E como en OPEs anteriores, o persoal que vai participar neste proceso e que está vinculado no SERGAS está a sufrir, unha vez máis,  a incompetencia da Administración.

Aínda que a publicación en DOG da data do exame foi onte día 11 de xaneiro, non é menos certo que esta data está anunciada desde hai tempo. Tempo suficiente para que as xerencias organizasen as quendas de traballo dese día, facilitándolle ao persoal poder concorrer neste proceso nas mellores condicións posíbeis.

Desde a CIG-SAÚDE esiximos da dirección de RRHH do SERGAS que se diten unhas instrucións dirixidas ás xerencias, para que se lle conceda a todo o persoal que vai participar nesta OPE, e en función da súa quenda de traballo, un permiso que vaia desde a quenda de noite do día 22/01/2016, e inclúa as quendas de mañá, tarde e noite do día 23/01/2016.

É obriga dunha empresa pública, e dos seus xestores, facilitar as mellores condicións para que as/os traballadoras/es poidan consolidar con carácter definitivo un posto de traballo. De precariedade laboral xa imos fartas/os!

-Documento de Instrución sobre permisos emitido polo SERGAS para esta OPE.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto