O SERGAS quere ter persoal de primeira e de segunda, por iso convoca OPE só para certas categorías

Martes, 21 Abril 2015 11:34 Persoal - OPE
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

As/os traballadoras/es do SERGAS estamos clasificados en grupos profesionais en función dos requisitos de titulación polos que acedemos ao posto de traballo. Agora o SERGAS quere facer unha nova clasificación: traballadoras/es de 1º e de 2º nivel. Segundo pertenzas a un ou outro grupo terás diferentes dereitos laborais, ou simplemente non os terás.

mobilizacin sergasQue queremos dicir con isto? Que o SERGAS quere eliminar o dereito á estabilidade laboral do persoal: celadoras/es, persoal da función Administrativa e de servizos xerais, persoal de hostalaría e persoal de mantemento, entre outros. E para conseguir este obxectivo o que fai é non convocar ningunha praza destas categorías nos procesos de OPE desde o ano 2012, e previsiblemente isto se prolongará até o ano 2017, ano no que se resolverán os procesos actualmente convocados.

                Ao non convocar OPE para estes colectivos o SERGAS cumpre dous dos seus obxectivos.

Desde CIG-SAÚDE EXIXIMOS a publicación por parte do SERGAS dun decreto de oferta de OPE para as categorías de persoal de xestión e servizos, en igualdade de condicións có resto do persoal. Non podemos consentir que as vacantes destas categorías se computen para convocar OPEs doutros colectivos, mentres ás persoas destas categorías se lles nega o dereito de estabilidade laboral.

No ano 2015 queremos OPE de Celadoras/es, Persoal da Función Administrativa, Persoal de Servizos Xerais, Persoal de Hostalaría, Persoal de Mantemento.

Para a Administración Pública todas/os as/os traballadoras/es debemos ser iguais en dereitos e obrigas. Non lles podemos consentir esta discriminación, é doado aplicar medidas coma estas contra quen, o PP entende, é a parte máis fráxil do sistema.

OPE 2015 PARA TODAS AS CATEGORIAS PROFESIONAIS DO SERGAS

NON Á DISCRIMINACIÓN LABORAL

TODAS/OS SOMOS IGUAIS EN DEREITOS E OBRIGAS

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

NON Á PERDA DE 3000 POSTOS DE TRABALLO PÚBLICOS

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto