CIG-Saúde convoca protestas nas direccións provincias do Sergas para exixir solucións aos problemas de contratación

Mércores, 02 Decembro 2009 14:46 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
cadeasA CIG-Saúde vai desenvolver concentracións o vindeiro xoves 3 de decembro diante das direccións provinciais do Sergas como protesta polos continuos problemas na contratación de persoal. Dende a Federación de Saúde reclámase a publicación inmediata das listas pendentes, así como unha política que prime a cobertura das necesidades do persoal coas listas de contrat ación e a cobertura das vacantes do Plan de Mellora de Atención Primaria, procesos áxiles e transparentes na elaboración e xestión das listas, a publicación do decreto das novas categorías e a axilización na negociación do Novo Pacto de Contratacións.

Segundo se sinala dende a CIG-Saúde existen listas pendentes de publicar (enfermeiras, cociñeiras, auxiliares de enfermaría, etc), a pesar de que o Servizo Galego de Saúde asegurou que a finais de novembro estarían publicadas. Así mesmo, o decreto das novas categorías segue sen se publicar e toda parece indicar que algunhas destas categorías, como a de técnicos de documentación ou os/as dietistas, corren o risco de ser privatizadas directamente sen dar opción ao persoal a traballar.
Outro problema que denuncian dende a CIG-Saúde, “é a política de racaneo nas contratacións e iso que a esta administración éncheselle a boca de falar de solidariedade cos parados e paradas”. Neste senso, cabe sinalar que boa parte das vacantes que se acordaron no Plan de  Mellora para o ano 2009 permanecen sen cubrir, ao igual que as ausencias do persoal por asuntos propios, ITs, vacación, LDs etc. De feito, téñense chegaron incluso a pechar andares nos hospitais por non cubrir as vacantes, “claro que non se cortan despois en derivar persoal estatutario a hospitais privados”. A maiores continúa sen haber convocatoria de listas de farmacéuticos de saúde pública.
A respecto da negociación do novo Pacto de Contratacións, a Federación de Saúde lamentou que dende hai ano a medio non se producira ningún avance, agás a última proposta presentada polo Sergas, que consiste en crear tres listas que poderían supor que unha gran parte do persoal quedase fóra dos chamamentos, máis tendo en conta a maneira na que se realizou a OPE nalgunhas categorías.

“Levamos anos reclamando a publicación dos chamamentos que se van producindo e até o de agora na maior parte das áreas hai que chamar á dirección provincial para saber onde vai a lista, co sinxelo que sería que publicaran diariamente na súa web os chamamentos a medida que se van producindo”, critican dende a CIG-Saúde.
Por iso, dende a CIG-Saúde faise un chamamento á participación nas concentracións que se van desenvolver o vindeiro xoves, ás 11:00 horas, nas distintas direccións provincias do Sergas para exixir a publicación inmediata das listas pendentes, unha política que prime a cobertura das necesidades de persoal coas listas de contratación e a cobertura das vacantes do Plan de Mellora de Atención Primaria, procesos áxiles e transparentes na elaboración e xestión das listas e a axilización na negociación do Novo Pacto de Contratacións.
kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto