Corrección listas provisorias de Enfermaría

Mércores, 11 Xullo 2012 12:47 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS ven de remitirnos esta mensaxe, na que indican que as persoas que solicitaron formación nas áreas especiais de enfermaría figuran por erro como admitidas nas listas correspondentes. A semana que ven publicarán unha corrección de erros no DOG e xerarán novas listas abrindo un novo prazo de reclamacións.

As listas de admitidos en áreas especias de enfermería  e de enfermería do 061 inclúen as persoas que solicitaron formación. Así tamén aquelas que solicitaron área especial pero non aportaron xustificante (aparece marcado o check de área especial pero non aparece marcado o check de xustifica formación ou experiencia cando debera aparecer marcado), polo que procede facer a corrección oportuna.

As persoas que solicitaron formación, se lles informará que a admisión é unicamente a eses efectos.

As persoas que non aportaron xustificante, poderán enmendalo no prazo de reclamación, indicando a súa situación de documentación incompleta.

Por ese motivo, nos próximos días se realizará a corrección de erros no DOG que virá acompañada da nova xeración de listas destas dúas categorías, reiniciando de novo o cómputo de prazo de reclamación.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto