Información sobre listas de contratación

Mércores, 26 Outubro 2011 16:36 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Na reunión de Pacto de Selección temporal celebrada no día de hoxe, a Admón presentounos o texto da Resolución que se vai publicar, pola que se abre o prazo para a inscrición nas vinculacións temporais das categorías de persoal Técnico Superior. 

1.-Categorías que se convocan:

                .- Técnico Superior en Anatomía Patolóxica.

                .-              “                         Radioterapia.

                .-              “                         Hixiene Bucodental.

                .-              “                         Imaxe para o diagnóstico (TER).

                .-              “                         Laboratorio e Diagnóstico Clínico.

2.- Presentación e Cómputo dos Méritos:

Os méritos deberán rexistrarse antes do 30 de novembro de 2011.

Os méritos  computados serán os causados ata o 15 de novembro de 2011.

3.-  Publicación no DOG e prazo de inscrición.

 Publicarase no DOG o venres 28 de outubro.

 O prazo de inscrición será do 2 de novembro de 2011 ata o 30 de novembro de 2011.

4.- Xeración das listaxes.

   Pendente de confirmar.
 
5.- Solicitudes de Inscrición:

 Será obrigatoria para todo o persoal que queira figurar nas listaxes.

 A solicitude formalizarase a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do SERGAS, no apartado correspondente FIDES/expediente-e, no apartado procesos.

A solicitude terá unha casilla, de cumprimento obrigatorio,  de declaración de ter a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións.

A solicitude poderá gardarse e imprimir como borrador para que a/o interesada/o comprobe que os datos son correctos. Unha vez confirmada non se poderá modificar. A solicitude impresa presentaranse en calquera dos rexistros oficiais; preferentemente dirixida a unidade de validación onde presentou a documentación.
 
6.- Pago de taxas.

Aquí é onde tiñamos a discrepancia, no texto que envíen recolleran se cando unha/un aspirante se anote en máis dun categoría, por ser estas compatibles, debe de abonar novamente taxas. Ou as taxas son só para a 1ª inscrición. 

Aclaración posterior do SERGAS vía correo electrónico:
 
En relación co pago de taxas para inscripción nas listas, aclaramos o seguinte:
O pago de taxa e obligatorio para a inscrición por primeira vez nunha categoría, e así se desprende do Pacto, que identifica a inscrición en listas coa inscrición nunha categoria. Ademais, cambia a solicitude, que agora debe realizarse unha por categoría, e non unha conxunta coma no anterior Pacto. Isto implica que si a inscripción se realiza nunha categoria distinta, ou se fai en varias categorias compatibles, débese pagar unha taxa por cada solicitude de inscrición.
Temos que ser conscientes do traballo e o custo que esta xerar neste momento o expedient-e, e a cantidade de profesionais adicados ao proxecto no sistema neste momento.
Ademais, xa eliminamos a exención no caso de modificacións na inscrición dentro dunha categoría.
Polo demais, a resolucion non tera modificacións, na axuda da aplicacion xa se aclara q non se admitirán solicitudes corrixidas a man. En canto as áreas limítrofes (Monforte por diante de Santiago para O Barco) estámolo revisando e, de ser o caso, fariamos unha correccion de erros, e no aplicativo xa sairía corrixido.

7.- Publicación das listaxes.

As listaxes publicaranse con carácter provisional, podendo presentar reclamacións no prazo máximo de dez (10)  días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación.

Contra a lista definitiva poderán interpoñer recurso contencioso administrativo, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección de RRHH do SERGAS.

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto