A CIG-Saúde exixe a publicación inmediata das listas de Enfermaría Especialista en Saúde Mental

Mércores, 17 Decembro 2014 12:51 Persoal - Contratacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

manifestacion CIGA 27-01-2011 001O 28 de setembro de 2012 publicábase no DOG a resolución pola que se abría o prazo para a inscrición nas primeiras listas de contratación da categoría de Enfermaría Especialista en Saúde Mental.

Máis de dous anos despois, as listas de contratación convocadas ese día seguen sen publicarse e entrar en vigor.

Desde a CIG-Saúde exiximos ao SERGAS que dunha vez por todas publique as listas definitivas de baremación desta categoría. Non pode ser que pasen máis de dous anos desde que unha persoa se inscribe para unhas listas de contratación, e esas listas continúen sen ser publicadas. Xa está ben!

 

Reclasificación das prazas de Saúde Mental!

Publicación das listas de contratación desta categoría!

Cobertura das ausencias a través da lista de contratación da categoría!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto