Acceso excepcional ó título de Enfermeiro/a especialista

Martes, 26 Outubro 2010 22:00 Persoal - Diplomad@s Sanitari@s
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

¡Atención! Finalización prazo presentación solicitude acceso excepcional ao título de Enfermeira/o especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, Enfermaría Pediátrica e Enfermaría Xeriátrica: 22 marzo de 2011 (6 meses despois da publicación da oferta EIR)


Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría (B.O.E. do 6 de maio): Acceso excepcional ao título de especialista en enfermaría. (descarga a convocatoria)

 

A Disposición transitoria segunda do Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría, en relación ao acceso excepcional ao titulo de especialista, contempla a posibilidade de acceso ao título de Enfermeira/o especialista a todas/os as/os tituladas/os que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos.


Poderase solicitar máis dun título de enfermeira/o especialista para o cal é indispensable presentar para cada unha das especialidades pedidas unha solicitude cumplimentada e firmada, acompañada de toda a documentación necesaria. Pero de ter aprobadas a probas de máis dunha habería que escoller, xa que só se pode obter unha delas por esta vía excepcional.


Requisitos para solicitar o acceso ao título de especialista
As/os aspirantes deberán atoparse nalgunha das seguintes situacións:
a)    Ter exercido coma enfermeira/o as actividades propias da especialidade polo menos 4 anos
b)    2 anos de exercicio profesional + formación: 40 créditos de Formación Continua  acreditada de polo menos 40 créditos (obtidos polo sistema de acreditación establecido na Comisión Nacional de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde) no  campo da respectiva especialidade ou título de postgrado universitario de 20 créditos ou 200 horas no campo da especialidade
c)    1 ano de exercicio profesional + 3 anos como profesor/a de EUE en áreas relacionadas coa especialidade

► Estes requisitos deberase dispor deles a data 22 de setembro do 2010; data da publicación da convocatoria da proba anual na que, por primera vez, se ofertaron prazas de formación destas especialidades.
► A formación complementaria pódese facer durante o prazo da presentación das solicitudes establecido, 22 de marzo do 2011.


Documentación a presentar para a admisión á proba obxetiva
* Solicitude asinada (existe un modelo na páxina Web do Ministerio de Educación para a xestión on-line deste proceso ou pasa por algunha das nosas sede sindicais para obter o modelo de solicitude)
* Fotocopia compulsada do Documento de Identidade ou Pasaporte en vixencia
* Fotocopia compulsada do Título de ATS/DUE recoñecido ou homologado no Estado Español
* Fotocopia compulsada da Formación complementaria (só se fora preciso)
* Fotocopia compulsada do certificado/s do exercicio profesional, firmado polo xerente ou responsable legal da Institución, ou polo Director de Enfermaría ou máximo responsable de  Enfermaría, ou polo Director de Recursos Humans/Xestión no que consten os seguintes datos:
Categoría profesional
As características xerais dos postos/unidade onde se desenvolveu a actividade dentro do campo da especialidade solicitada.
Características das persoas/doentes atendidas
As actividades máis relevantes levadas a cabo coma enfermeira/o no campo específico da especialidade solicitada, durante o desempeño do posto.
As datas de inicio e fin do periodo exercido neste campo.
A firma do responsable que  emitiu o certificado
O selo corporativo da Institución.

Proba de avaliación
Haberá tres datas de convocatoria para a realización da proba obxetiva correspondente a cada unha das especialidades. Cada enfermeiro/a que fora admitido/a á proba poderá presentarse a un máximo de dúas convocatorias. O exame consta dunha 1ª parte de 100 preguntas test (negativos 0,35) cun valor total de 100 puntos e una segunda parte de 5 casos con 5 preguntas test cada un, que tamén valerá 100 puntos.
A avaliación da proba obxetiva da/o aspirante, sobre unha escala de 0 a 200 puntos, estará integrada pola suma das puntuacións que obteña a/o aspirante en cada unha das dúas partes que a compoñen. A calificación final de cada aspirante será de "apto" ou "non apto". Para ser considerado "apto", a puntuación mínima que a/o aspirante deberá ter é a de 40 puntos en cada una das partes, sendo preciso que queden completados con cando menos 100 puntos na suma de ambas; en caso contrario, será considerado "non apto".
O obxetivo da proba é “Constatar que os aspirantes dispoñen de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para o adecuado exercicio da especialidade”. O exame versará sobre as materias determinadas no programa da especialidade. Cada profesional poderá presentarse ao examen de cantas especialidades teña dereito pero finalmente só poderá obter un título por esta vía.

Presentación de solicitudes

A presentación da documentación debe realizarse nalgún dos lugares indicados a continuación:
1.No rexistro da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación , C/Albacete, nº5, 28071, Madrid.
2.Nos rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación.
3.Nos rexistros da Administración Xeral do Estado.
4.Nos rexistros das Subdelegacións do Goberno.
5.Nos Consulados de España no extranxeiro.
6.Naqueles Concellos que suscribiron o convenio de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
7.Nos rexistros das Administracións das CC.AA.
8.Por correo certificado (selando en correos a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude que unha vez selada sirve de resgardo)
9.Nos restantes lugares previstos no artigo 38.4 da Ley 30/1992 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

Máis información: ligazón 1 á web do Ministerio de Educación // Ligazón 2 á web do Ministerio de Educación

 

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto