CIG-SAÚDE vén de solicitar a retirada do nomeamento estatutario eventual de continuidade, coñecido como contrato de precarias.

Venres, 19 Xullo 2019 10:49 CIG Saúde - Documentación
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

CIG-SAÚDE vén de solicitar a retirada do nomeamento estatutario eventual de continuidade, coñecido como contrato de precarias.

Na reunión da mesa sectorial celebrada hoxe 19 de xullo de 2019, abordouse o tema da “Extensión do nomeamento estatutario eventual de continuidade á categoría de enfermeira/o”.

A CIG-Saúde esixiu a retirada deste tipo de nomeamento para médicas/os de primaria e enfermeiras/os por ser lesivo para as/os traballadoras/es, porque aumenta a precariedade laboral, a dispoñibilidade para o SERGAS e por crear unha fenda salarial neste persoal.

Este vínculo incorpora no cadro de persoal do SERGAS prazas fixas con condicións laborais precarias. As novas prazas fixas serán nas mesmas condicións que as dos contratos precarios.

A CIG-SAÚDE esixe o mesmo tratamento para o persoal eventual que para o persoal fixo. É inadmisible que asinemos un acordo de mellora de condicións de persoal de PACs e pola contra se lles dea os parabéns ao SERGAS con este contrato precario.

contrato-precario-1

 E que pasa coas retribucións?

O persoal que asine un destes contratos terá unha discriminación salarial cando realice gardas obrigatorias nos PACs, o valor da hora de xornada será inferior para o persoal facultativo e non recibirán ningunha retribución polo traballo en quenda nocturna nin pola prestación en domingos e festivos.

contrato-precario-2

Para a CIG-SAÚDE estas e outras son razóns de peso suficiente para esixir a retirada deste nomeamento de precariedade.

Eliminar a precariedade na contratación no SERGAS é posible, só é cuestión de mudar as políticas de persoal.

CIG-SAÚDE esixe:

Para ter dereito ás túas libranzas e permisos non tes por que ter un contrato precario!

 

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto