Nova lei pro-"chiringuitos"

Venres, 06 Agosto 2010 08:30 Outras novas - Outras noticias
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A estas alturas non nos asustamos de nada, mais segue a ser abondosamente cabreante que se siga dando carta branca para certas actuacións. Malia ter anunciado o goberno da Xunta, o señor Feijoo concretamente, en diversas ocasións e con grande algarabía, que ían eliminar administracións paralelas, resulta que non só non eliminan, senon que aproban unha lei que lles faculta para crear máis. E ademais coa connivencia de certos sindicatos, que lles dan o visto bo.

 

A CIG non vai entrar neste xogo. Xa tivemos loita de abondo para conseguir que as antigas fundacións hospitalarias revertiran ao SERGAS, e xa nos damos conta de que con esta nova lei enriba da mesa, vainos ser cada vez máis difícil facer que as fundacións que quedan (CTG, 061...) volvan ser totalmente públicas.

 

Onte foi aprobado no Consello da Xunta este documento que vos deixamos aqui. Trátase dunha Lei que lexitima a creación de máis "chiringuitos" e que ademais faculta a esas empresas a negociar convenios colectivos propios, ou sexa, seguiremos tendo traballador@s da pública de dúas velocidades. O grave do asunto é que foi apoiada por certos sindicatos, alegando que se podería controlar a contratación. Se case non se é capaz de controlar a contratación nunha administración, cómo se vai controlar con varias administracións a un tempo?

 

Segundo Feijoo e os seus medios de comunicación, a esta Lei só se opuxo un sindicato, mais non indican cal. Ímolo dicir nós alto e claro: o único sindicato que se opuxo á Lei que permite crear máis e máis pendellos privados foi a CIG, posto que apostamos por unha administración pública forte con persoal forte que teña unhas únicas condicións laborais, iguais para tod@s e non segundo o convenio do "chiringo" correspondente.

 

Con esta Lei como imos conseguir na Mesa Sectorial do SERGAS que desaparezan as fundacións sanitarias vixentes:  061, CTG, GALARIA...? Temos que estar moi alerta, pois non só non desaparecerán senón que poden crear outras fundacións sanitarias; RETROCEDEMOS A 1997.

 

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto