Dereito á folga? O SERGAS mete os antidisturbios no hospital!

Xoves, 11 Decembro 2014 07:50 Outras novas - Mobilizacións
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

2014 12 11 CartazManifestacionSanidadePublicaVigo.previewDurante a xornada de folga de onte nos centros sanitarios de Vigo contra a privatización, as forzas públicas de seguridade (policía nacional e autonómica) tomaron o hospital Xeral a instancias do Xerente da EOXI de Vigo, Mario González. Especial intervención policial na entrada da cociña do hospital Xeral, impedindo a entrada ao comité de folga e identificando ao persoal de cociña que entraba na mesma. Chegou a tal punto a represión, que nun momento dado, mentres os antidisturbios "acompañaban" ao comité de folga impedindo a libre información, unha boa parte d@s pacientes que agardaban nas salas de espera das consultas increparon ás forzas de seguridade instándoas a que foran deter a gobernantes corrupt@s e deixaran en paz ao persoal que defende a Sanidade Pública.

O Xerente da EOXI de Vigo parece resucitado dos tempos de branco e negro cando o réxime utilizaba á policía para reprimir as liberdades cidadás, e aproveita calquera ocasión para solicitar a súa presenza, inda que sexa no marco dunha folga convocada legalmente, coartando o dereito á folga e a liberdade sindical. Xa non se lembraba a intervención da policía nun recinto sanitario en tempos democráticos pero este xerente parece ser que sufre dunha grave regresión a outros tempos pasados. E non nos levemos a engano, esta é a liña a seguir por este goberno, non hai máis que lembrar a acusación por "desordes" que está pendente de xuizo a dous usuarios da sanidade en Ferrol que protestaron ante a visita da Conselleira. E no mesmo camiño, ou mellor dito, afondando nesta liña represora e antidemocrática vai ser imposta tamén a Lei Mordaza, contra a que desde a CIG e a Alianza Social Galega se están promovendo mobilizacións. Se xa viviamos nunha dictadura encuberta, imaxinade como vai ser a partir de que se aprobe esa lei.

Ademais da presenza policial, o comité de folga tivo coñecemento de que algunha persoa viu coartado o seu dereito á folga, ao pretender impedírselle sair do seu posto de traballo cando comezaron as dúas horas de paro, malia non estar de servizos mínimos.

Se o xerente da EOXI de Vigo pensa que coa presenza policial, coa represión ou coa coartación de dereitos e liberdades vai amedrentar ao persoal, que saiba que lle espera un mandato moi quente.

Desde a CIG-Saúde de Vigo, declarámolo xerente non grato e consecuentemente pedimos a súa dimisión xunto coa da Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera pola súa incompetencia reiterada e a súa incapacidade para manter e reforzar a Sanidade Pública. Imos emprender cantas accións estean ao noso alcance para denunciar esta situación, tanto de privatización e desmantelamento dun patrimonio público como é a Sanidade, como de represión e conculcación de dereitos e liberdades que están a vivir tanto persoal como usuari@s da Sanidade Pública.

CONTRA A REPRESIÓN, CONTESTACIÓN...

NON Á REPRESIÓN DICTATORIAL

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA E CONTRA AS PRIVATIZACIÓNS

PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS E NA FOLGA

MANIFESTACIÓN HOXE ÁS 20H DESDE O HOSPITAL XERAL. NON FALTES!

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto