Noticias Política Sanitaria
 
 

Cadro resumo dos descontos salariais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cadrorecortesAchegamos un cadro que reflexa os descontos que contempla o Real Decreto Lei. Como se indica ao final do mesmo, a maiores, cada persoa tería tamén un desconto no complemento específico e na productividade fixa.

 

Descargar cadro

 

BANNERRECORTESENSINO

Concentración da área pública contra as medidas anticrise do Goberno o xoves 27 de maio na Delegación do Goberno da Coruña

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

tou_pizarraCoincidindo co debate no Congreso dos Deputados do Real Decreto de medidas extraordinarias para a redución do déficit público

 
As federacións da area pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) veñen de convocar unha concentración para o vindeiro xoves, día 27 de maio, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno da Coruña, coincidindo co debate, no Congreso dos Deputados, do Real Decreto-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.

Con esta concentración as federacións da área pública da CIG queren reiterar o seu máis rotundo e contundente rexeitamento ao paquete de medidas recollidas neste decreto e exixir a súa retirada, ademais de denunciar as graves consecuencias que para as empregadas e empregados públicos e para o conxunto da clase traballadora galega terá a súa aplicación.

Alén diso, informan de que a CIG está explorando todas as vías e que, por iso, o gabinete xurídico está a estudiar o texto do Real Decreto para avaliar a posibilidade de emprender medidas legais.

 

 

MOBILÍZATE CONTRA OS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO

  

A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL!

3000 persoas secundaron as concentracións convocadas pola CIG contra as medidas regresivas do Goberno Central

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Noticia extraida de Avantar:

 

3.000 persoas participan nas concentracións convocadas pola CIG en todo o País en contra das políticas regresivas do Goberno

 

A central denuncia a burla e desconsideración cos representantes dos traballadores/as, aos que se lles negou información sobre as medidas aprobadas hoxe polo Consello de Ministros.
Arredor de 3.000 empregados e empregadas públicas, acompañados por delegados/as da CIG, participaron nas concentracións convocadas pola central para amosar o seu contundente rexeitamento ás medidas regresivas e antisociais aprobadas polo Consello de Ministros deste xoves, día 20 de maio, e denunciar a burla e desconsideración cos representantes dos traballadores, ao ser convocada no mesmo día, a Mesa Xeral de Negociación. O representantes da CIG, que asistiron a esta mesa denunciaron ademais que lle foi denegado o documento que, posteriormente aprobou o Consello de Ministros.

Ao remate das concentracións celebradas nas sete cidades de Galiza, lembrouse que a situación actual de crise económica é produto da desregulación dos mercados que facilitou os movementos especulativos, respondendo así a unha concepción neoliberal da economía que sostén a necesidade de privatizar os servizos e desmantelar o sector público. Por iso, denunciaron que diante disto, en lugar de corrixir esta política que nos levou ao desastre económico, “o goberno español está a tomar medidas que afondan nos mesmos erros, incidindo no deterioro da administración coa conxelación das ofertas de emprego público, externalización de servizos e, finalmente, coa pretensión de redución os salarios dos empregados e empregadas públicos/as”.

Ler máis

A CIG esixe a retirada das medidas regresivas e antisociais na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada hoxe en Madrid

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
MANI_XENERICOO Consellos de Ministros desta tarde concretará as medidas a adoptar e a súa aplicación
 
A CIG esixiu esta mañá a retirada de todas as medidas antisociais propostas polo Goberno de Zapatero durante o decurso da Mesa Xeral da Función Pública. Nesta reunión, explica a Secretaria Nacional da CIG-Administración e representante da central, María Carme López Santamariña, a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitándose verbalmente a dar a pouca información “á que estaban autorizados”, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 16::30 horas. Dende a CIG cualifícase a Mesa de “tomadura de pelo” e ínstase a toda a cidadanía a participar esta tarde nas concentracións convocadas nas sete cidades galegas.

A información comunicada na Mesa Xeral de Función Pública limitouse a:

1.- O Goberno vai elaborar un Decreto Lei que ten que ser ratificado polo Parlamento Español.   

2.- O devandito Decreto conterá, cando mínimo, as seguintes materias:

 

a)- Persoal funcionario e Estatutario.  

O Decreto do goberno español conterá, con carácter xeral,  unha redución que será de aplicación ás retribucións básicas de todas/os as/os empregadas/os públicos: soldo base e antigüidade.

 

A redución a aplicar nas retribucións complementarias será competencia das CCAA para que o apliquen conxuntamente a todas/os as/os empregadas/os públicos, ou sectorialmente que cada Consellaría determine as reducións a aplicar. 

 

Segundo o artigo 43 do Estatuto Marco do Persoal Estatutario, son retribucións complementarias as seguintes: complemento de destino, complemento específico, complemento de produtividade, complemento de atención continuada e complemento de carreira.

 

Os efectos económicos da redución serán desde o dia 1 de xuño de 2010, mais a paga extra do mes de xullo non ten redución.

Ler máis

En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mobilízate contra as medidas antisociais e inxustas anunciadas polo goberno!

En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos


- Día 20 de maio ás 19 h, concentracións nas sete cidades:

  • Compostela: Praza do Toural.
  • A Coruña: Delegación do Goberno.
  • Lugo (ás 20h).: Subdelegación do Goberno
  • Ourense: Subdelegación de Goberno.
  • Vigo: R/ do Príncipe.
  • Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
  • Ferrol: Edifi cio Administrativo da Xunta de
  • Galiza.

- Concentración diante da Delegación do Goberno (A Coruña) o día que se debata nas Cortes o decreto lei.


- Día 2 de xuño, concentracións diante de diferentes centros de traballo.


- Día 8 de xuño, folga e manifestación en toda a área pública

 

Descarga o folleto informativo

O porqué da folga do día 8

Concentracións contra os recortes salariais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MANI_XENERICOConcentracións en protesta pola medida do goberno de recortar os salarios ás empregadas e empregados públicos:

  • SANTIAGO: PRAZA DO TOURAL ÁS 19 HORAS
  • A CORUÑA: DELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
  • LUGO: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 20 HORAS
  • OURENSE: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
  • VIGO: RÚA DO PRINCIPE ÁS 19 HORAS
  • PONTEVEDRA: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
  • FERROL: EDIFICIO ADTVO DA XUNTA ÁS 19 HORAS

 

PARTICIPA, NON TE DEIXES ENGANAR

 

 

"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS,

SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS"

"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS, SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS"

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo


recortes

Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español,  Sr. Zapatero, de rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos ,unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio dos servizos públicos, é a xustificación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral.

 

Ante a gravidade destes feitos,  desde a  CIG, convocamos a todas as organizacións sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF non responderon  á convocatoria de reunión que a CIG lles fixera chegar, pero a pesares disto a CIG sí acudiu á convocatoria que estas organizacións sindicais nos fixeron chegar.

 

O día 18 de maio, ás 16,30 hs, iniciase a reunión das organizacións sindicais, desde a CIG, e sendo respectuosas/os co calendario de mobilizacións que eles tiñan convocadas en todo o Estado Español, propoñémoslles ampliar este calendario, dando participación nas mobilizacións as/os traballadoras/es , e que o calendario de mobilizacións non se convertera, unha vez máis, en medidas cara a galería para lavar a súa imaxe.

 

Despois de transcorridas 3 horas de reunión acadamos un acordo de calendario, onde a CIG en aras á unidade sindical deixamos para unha posterior reunión o resto de mobilizacións, que cremos debemos levar a cabo para parar a medidas do goberno.


O  calendario pactado contiña as seguintes medidas:


- Concentracións o día 20 de maio nas sete cidades galegas chamando á participación das/os traballadoras.


- Anuncio da convocatoria de folga o día 8 de xuño.


-Comunicado conxunto das organizacións sindicais convocantes anunciando as mobilizacións acordadas.


-Manter unha próxima reunión o día 24 de maio, ás 16 hs, xa que o día 20 de maio está convocada a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Este día coñeceremos o alcance das medidas.


Como CIG insistimos perante as organizacións sindicais que se o día 20 o goberno mantén as medidas anunciadas deberíamos recrudecer as mobilizacións, facendo un calendario conxunto.

 

 Ás 9  da noite, e transcorridas máis de 4,30 hs de reunión, as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT, comunícannos que non queren manter a unidade sindical coa CIG, que se desdín do calendario pactado entre todas as organizacións e que eles van  seguir co seu calendario.

 

 A valoración que facemos disto e:


A CIG é una organización sindical incomoda para CCOO, UGT e CSIF. xa que o único que pretenden é dar una imaxe cara as/os traballadoras/es de que van a convocar mobilizacións para parar as medidas do goberno, mentres os seu dirixentes pactan en Madrid co goberno as devanditas medidas.

 

Neste momento as/os traballadoras/es públicos somos a moeda de cambio de CCOO, UGT e CSIF para conseguir do goberno medidas que non sabemos a quén van beneficiar.

 

A CIG seguirá adiante co seu calendario de mobilizacións, informando puntualmente a toas/os das medidas que pretende adoptar o goberno, así mesmo informaremos do que acontece na Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Para que todo o persoal coa información suficiente poida tomar as súas decisións.


Non te deixes enganar por quen, unha vez máis, antepón o seu interese aos intereses das traballadoras e traballadores.


 

Que estraños intereses teñen para que a  presenza da CIG lles moleste tanto?


Infórmate e Participa.

 

Descarga, imprime e reparte o folleto no teu centro de traballo

A CIG chama á unidade sindical para unha convocatoria de folga xeral contra as medidas adoptadas polo goberno

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Noticia extraida de Avantar:

Roldas_de_Prensa.preview

A Confederación Intersindical Galega vén de anunciar en rolda de prensa -na que alén do Secretario Xeral, Suso Seixo, estaban as secretarias nacionais das federacións de Administración Pública, María do Carme López Santamariña, e Saúde, María Xosé Abuín, xunto co secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao- que ten convocado para o vindeiro martes día 18 de maio, ás 11:00 horas a todas as centrais sindicais, para abordar unha resposta conxunta e contundente ás medidas que vén de facer públicas o goberno. A CIG entende que é necesaria a mobilización e a unidade sindical para frear a imposición destas medidas e que se debe camiñar cara unha folga xeral que ten que facerse extensiva a todos os sectores, dado o seu carácter regresivo e antisocial, e non limitarse á área pública.

 

Ler máis

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto