Noticias Sanidade Pública
 
 

Manifestación nacional en defensa da Sanidade Pública, o 21 de novembro en Compostela

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Artigo extraido de Avantar.

Manifestación nacional en defensa da Sanidade Pública, o 21 de novembro en Compostela

Convocada por “SOS Sanidade Pública”, na que están integradas todas as plataformas comarcais, a COGAVE, CIG, CCOO, UGT, BNG e PSOE
Este venres, 15 de outubro, presentouse en Compostela a Plataforma “SOS Sanidade Pública”, na que están integradas todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública comarcais, a Confederación de Asociacións Veciñais (COGAVE), as organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e as organizacións políticas BNG e PSOE. Alén de denunciar o grave deterioro do sistema sanitario público galego, a plataforma alertou do perigo real de privatización que hai nestes momentos, diante das políticas que se están a pór en marcha desde a Xunta de Galiza. Por iso, fíxose un chamamento a participar masivamente na manifestación nacional convocada en Compostela o vindeiro 21 de novembro.

As Plataformas en defensa da Sanidade Pública agrupadas na plataforma Galega decidiron, o pasado 6 de outubro, constituír unha plataforma que sexa quen de dar resposta global á situación de perigo de desaparición da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública) e convocar unha manifestación en Compostela o día 21 de novembro de 2010.

Este acordo adoptouse logo de que a consellaría de Sanidade tomara dúas decisións que consideran que supoñen un punto de inflexión para o futuro da sanidade pública galega: reducir o orzamento sanitario e dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias recorrendo a colaboración público privada (PFI ou Concesión de Obra Pública), seguindo o exemplo das comunidades de Valencia e Madrid onde tamén goberna o PP.

Decisións que foron xustificadas por mor da crise económica e a necesidade de reducir gastos buscando apoio no sector privado e que, segundo alertaron, teñen como resultado unha importante perda de calidade da atención que se presta desde o sistema sanitario, que xa comezan a padecer os usuarios e usuarias, que son todos os galegos e galegas.

Ler máis

A nosa posición na Mesa Sectorial sobre o PORH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Non sabemos que terá o PP que é capaz de impor a algunhas organizacións sindicais o seu modelo sanitario sen ningún custe.

 

O día 27 de xullo,  previa á xuntanza da  Mesa Sectorial, tivemos unha reunión das organización sindicais para valorar os documentos de xestión integrada e  plan de ordenación de RRHH, nesa reunión, aparentemente,  todas/os coincidiamos no diagnóstico da situación, e na necesidade de rexeitar os documentos.

 

Na reunión de M.S do 27 de xullo as O.O.S.S. demos lectura ao escrito conxunto; solicitábamos a retirada dos dous documentos.

 

Pero un día despois, o día 28 de xullo,  preténdese que asinemos un documento onde se lle pide á Administración que desenvolva as disposicións transitorias do documento de Plan de Ordenación de RRHH, é dicir, xa nos vale o texto do documento e só se pide que se negocie na Mesa Sectorial. A resposta da CIG-SAÚDE  foi que nós non podiamos asinar, xa que para a CIG-SAÚDE o que está en cuestión é o modelo de política sanitaria e non iamos a entrar no xogo da Admón.

 

Como se pode comprobar e, por outra parte, como xa teñen por costume, entran no xogo, xa non se discute o modelo, se non que a Admón non tome ningunha medida que non pase pola M.S.

 

En todo caso, na reunión conxunta quedouse en ter unha nova reunión de todas as O.O.S.S. en setembro, onde se valorarían as medidas a tomar. Veremos, pois, o que se decide nese momento.

 

Posicionamento da CIG-SAÚDE na M.S do 27 de xullo de 2010


O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senon unha norma que lle permita a Admón xogar cas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das  súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras , globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

 

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

 

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñaran tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

Desde CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

Este é o noso posicionamento e seguiremos a defendelo.

Información sobre a Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 27 DE XULLO DE 2010.


Previa á reunión de Mesa Sectorial tivemos unha reunión das organizacións sindicais, agora parece que todas as organizacións sindicais coincidimos no diagnóstico do que está a facer o SERGAS coa política sanitaria e moi particularmente coa política de persoal.

Unha vez iniciada a xuntanza de Mesa Sectorial, a Directora de RRHH do SERGAS pretende dar por aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (PORH), limitando o debate do documento á periodicidade coa que se convocarían os concursos de traslados e OPE. O resto do articulado do documento  parece que non ten máis debate, pois a Admón non acepta ningunha das alegacións presentadas e dá por rematada a negociación. A súa intención é publicar o PORH mediante unha Resolución de Orde, para a axilizar a súa entrada en vigor, por iso non o tramitan como Decreto xa que canto antes sexa efectivo seica mellor.

Na quenda de intervencións das organizacións sindicais demos lectura ao escrito conxunto, por parte da Admón comunicóusenos que o consultarían coas instancias superiores e daríannos a contestación pertinente. A nosa impresión é que por parte do SERGAS onte deron por rematada a negociación.

 

Conclusións de CIG-SAÚDE sobre o PORH.


Na rolda de intervención como CIG-SAÚDE, denunciamos unha vez máis a actitude da Admón. É impresentable que unha Admón pretenda sacar adiante dúas normas de tanto calado sen o mínimo consenso sindical.

O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senón unha norma que lle permita a Admón xogar coas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras, globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñarán tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

No mes de setembro teremos unha nova reunión das organizacións sindicais de Mesa Sectorial para analizar as posibilidades de adoptar medidas concretas contra os dous documentos do Sergas: xestión integrada e PORH. Independentemente das actuacións que poidamos facer de futuro co resto das organizacións, nós faremos unha campaña intensiva de explicación dos documentos do SERGAS e das nosas alegacións.

 

Información Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta reunión abordáronse os temas que estaban incluídos na orde do día e outros temas que plantexamos coma CIG-SAÚDE.

 

Orde do día:

1.- Decreto de Xestión Integrada.

2.- Decreto de Ordenación de Recursos Humanos.

3.- 4º grao réxime extraordinario de carreira, pendente de convocar.

Ler máis

Non á represión, Sí á Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

No acto de onte en Santiago, a policía recibiu ordes de retirar as pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcexear con algúns dos manifestantes. A nosa compañeira de CIG-Saúde Susana foi arrastrada pola policia durante o acto de protesta. O noso compañeiro de CIG-Sáude Xan Ramón plantouse sentado diante da entrada ao auditorio en sinal de protesta e tamén foi retirado en volandas. Está claro que os PPeros non querían ningunha pancarta ou concentración que lle afee os actos de paripé que organizan, teñen nostalxía do pasado preconstitucional  e o autoritarismo parece que lle resulta mais acorde coa súa ideoloxía ultradereitista.

 

    

 

Carta de protesta envíada á Conselleira

 

A CIG-Saúde quérelle amosar o noso máis enérxico rexeitamento á actitude que tivo no día de onte coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública.


Non é de recibo que nun “estado democrático” se mande actuar ás forzas de orde pública contra quen, pacificamente, amosa publicamente, nun espazo público “A Praza da Concordia”, o seu rexeitamento á política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría que vostede dirixe.


É a primeira vez que no eido sanitario se utilizan as forzas de orde pública para intentar calar as voces que queren transmitir as inquedanzas da poboación das súas localidades, que ven con preocupación o futuro da sanidade e o recorte das prestacións que esta consellería pretende acometer.


A CIG-Saúde solicita de vostede que en aras a garantir o dereito democrático que ten toda persoa de reivindicar  publicamente e pacificamente unha sanidade pública e de calidade, reprobe a actuación policial, e se desculpe publicamente por estas actuacións.


Agardando de Vde. unha resposta na maior brevidade posíbel.

Un saúdo.


Compostela, 7 de xullo de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

NON A REPRESIÓN SI Á SANIDADE PÚBLICA

Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

NON A REPRESIÓN

 

SI Á SANIDADE PÚBLICA

 

 


 

concentracion-santiago-6-7-10

 

             

 

 

Acto protesta das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Representantes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, A Mariña, Pontevedra, O Barco de Valdeorras, Monforte, e Vigo, así como dos sindicatos CIG, CCOO e da Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE), realizaron unha concentración á entrada do acto de propaganda institucional da Consellería de Sanidade no que se presentou o Plan Estratéxico de Sanidade, que pretende consolidar a estratexia de deterioración e privatización do Sistema Sanitario de Galicia .

Os representantes das Plataformas, en nome dos miles de persoas que se manifestaron en toda Galicia convocadas polas mesmas, mostraron o seu malestar á Xerente do SERGAS Rocio Mosquera, á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas e ao Presidente da Xunta Núñez Feijoo, que deberon acceder ao acto entre as pancartas de rexeitamento á política de deterioración e privatización do sistema sanitario levada adiante por eles.

Como aspecto negativo cabería resaltar que, a pesar do carácter pacífico e plenamente democrático do acto de protesta, a policía recibiu ordes de retirar ás pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcejear con algúns dos manifestantes.

A Plataforma Galega Para a Defensa da Sanidade Pública quere facer saber á poboación que manterá as convocatorias de mobilizacións ata que cese esta política de deterioración do sistema sanitario que leva a cabo a administración en Galicia.


Asdo: Portavoz da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

Resumo da Mesa Sectorial do 1 de xullo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Os puntos que se trataron foron os seguintes:

  • Proxecto de Centro de servizos multicanle: o teléfono único do Sergas.
  • Temas relativos á OPE
  • Información sobre o Protocolo entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e a Deputación Provincial de Lugo aos efectos de levar adiante o proceso de traspaso dos medios de carácter persoal dos Hospitais Provincial “San José” e Psiquiátrico “San Rafael”. 
  • Cuestións acerca da Orden de confección de nóminas do 24 de xuño de 2010. Déronnos unha
  • Excedencia para coidado de fillos e familiares.

Ler o texto completo

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto