Noticias Persoal
 
 

Publicación plantilla provisonal 2º e 3º exame OPE celador/a quenda discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Está publicada na páxina web do SERGAS a plantilla provisional de respostas dos 2º e 3º exame da fase de oposición da categoría de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual.

Prazo de impugnación: do 25 de xuño ao 1 de xullo de 2019.

Publicación listas provisionais contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías:

  • facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo,
  • facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica,
  • farmacéutico/a de atención primaria,
  • fisioterapeuta,
  • logopeda,
  • médico/a asistencial do 061,
  • médico/a coordinador/a do 061,
  • odontólogo/a de atención primaria,
  • terapeuta ocupacional e
  • traballador/a social

Prazo reclamacións: DEZ días hábiles ( do 26 de xuño ao 9 de xullo de 2019)

Publicación listas definitivas de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías de:

  • calefactor/a
  • condutor/a
  • electricista
  • fontaneiro/a 
  • mecánico/a

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Publicación modelos definitivos de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición na

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Categoría:

  • Grupo auxiliar da función administrativa

Prazo de reclamacións:

  • CINCO días hábiles (do 18 ao 24 de xuño de 2019)

Dirixirase á sede do tribunal para efectos de comunicacións:

  • Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Posicionamento de CIG-SAÚDE ante a folga do 19 de xuño

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Diante da convocatoria de folga do día 19 de xuño do persoal facultativo de Atención Primaria e das informacións tendenciosas vertidas nos medios de comunicación usando á CIG para branquear as políticas da Consellería, CIG-SAÚDE quere manifestar o seguinte:
O noso máximo respecto e apoio á convocatoria de folga, animando polo tanto a participar porque a consideramos complementaria das nosas reivindicacións dentro do Consello técnico da atención primaria e que inclúen ao conxunto das categorías.
A situación da atención primaria precisa dunha resposta seria e responsable por parte da administración e que satisfaga as necesidades tanto dos/as profesionais como da poboación.
Nesa liña entendemos que as medidas de presión son necesarias para promover o cambio nas políticas sanitarias da Consellería de Sanidade dirixido á defensa da dignidade da Atención Primaria.
Con este obxectivo e neste contexto de mobilización, CIG-SAÚDE apoia todas as mobilizacións na Atención Primaria, enmarcados na busca dunha solución global para toda a Atención Primaria e para todas as categorías.
CIG-SAÚDE comprométese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo as mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto