Noticias Persoal
 
 

NON OFENDE QUEN QUERE SENÓN QUEN PODE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

O “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA” define “as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria” como “lastres”.

Desde CIG-SAÚDE queremos manifestar o noso rexeitamento ás conclusións do “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA”, en particular no referente ao apartado nº 4-e sobre “as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria” que son definidas no documento como “lastres”.

É impresentable que o SERGAS permita a utilización deste cualificativo para definir a un grupo de profesionais altamente cualificado e con unha traxectoria profesional impecable, que fai uso do marco legal para elixir o centro onde quere traballar.

Cando unha enfermeira se traslada do hospital a primaria achega a este nivel asistencial todo o coñecemento adquirido ao longo da súa vida profesional, e toda a súa formación nas distintas patoloxías ou enfermidades que teñen as persoas que ingresan nos hospitais, e non so desde o punto de vista asistencial, tamén desde a atención ás persoas en toda a súa dimensión persoal, emocional e familiar.

Un discurso hipócrita que so pretende buscar confrontación entre profesionais.

Como se pode dicir todo isto cando a responsabilidade é da Consellaría de Sanidade e do SERGAS?

Documento de EXPERTOS

CIG-SAÚDE

Falta de Xestión e capacidade organizativa.

Para que serve tanto cargo de libre designación?

Indefinición da carteira de servizos de enfermaría.

Levamos reclamando desde o ano 2009 a carteira de servizos de enfermaría, feita no ano 2008 durante o goberno bipartito. Asistencia Sanitaria sempre dixo NON Á CARTEIRA DE ENFERMARÍA. “Non era bo limitar as cousas”

Potencial resolutivo superior ao expresado actualmente

A opinión das profesionais non conta. O criterio utilizado nos últimos anos foi: deixar de facer para non gastar.

Non están delimitadas as funcións.

Non hai mapa de competencias. Na maioría dos centros de saúde non hai protocolos. O persoal que se incorpora de novo fai o que, por uso e costume, se fai nese centro. A innovación está penalizada.

Carencia de Formación

Os expertos cuestionan a formación continuada do SERGAS?

Equipa multidisciplinar roto, non hai   traballo coordinado, nin traballo en colaboración entre xs distintos profesionais.

Son as enfermeiras que se trasladan do hospital as responsables de xestionar o traballo en equipo?

No documento dos “Expertos” non se fala da responsabilidade da Administración no referente a: amortizar prazas, non cubrir as ausencias e dificultar a prestación de servizo. Para que?

Que podemos agardar dunha administración tan irresponsable que pretende facer culpable da situación de atención primaria a un colectivo?

É verdade que o persoal que se traslada a primaria mellora a súa calidade de vida ao deixar de facer quendas de mañás, tardes e noites no hospital os 365 días do ano. Non é delito, é un dereito.

Adxudicación dos destinos definitivos da OPE de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo


cig informa

12/11/2019 Publícanse no DOG as Resolucións polas que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

Concurso de traslados aberto e permanente 2019 en médico/a de familia de atención primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os prazos de cesamento e toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2019, na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 12 de novembro de 2019.

Prazos da toma de posesión:

- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.

Convocatoria do acto de elección de destino de OPE de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións polas que se convocan os actos de elección de destino do proceso selectivo de diversas categorías, así como a publicación das prazas ofertadas.

O acto de elección de destino destas categorías, terá lugar o venres 25 de outubro de 2019, ás 12.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección de destino desta categoría terá lugar o sábado 26 de outubro de 2019, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, ás 10,00 horas e ás 12,00 horas segundo se recolle no Anexo da resolución.

22/10/2019 CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Publicación da convocatoria de OPE da categoría de PSX pola quenda de discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de setembro 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Nº de prazas convocadas: nove (9)

Titulación: Graduado/a en educación secundaria obrigatoria, técnico (formación profesional de grao medio) ou equivalente

Discapacidade: ter recoñecida unha discapacidade intelectual e que o grao de discapacidade global recoñecido sexa igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Taxas: están exentos do seu pagamento.

Inscrición a través do FIDES de forma telemática con certificado dixital ou de forma presencial por rexistro.

Prazo de inscrición: un mes (do 9 de outubro ao 8 de novembro de 2019)

Cronograma OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

En NOVEMBRO 2019 teñen prevista a toma de posesión das OPEs de:

  • Médico/a de familia
  • Enxeñeiro/a técnico/a
  • Grupo técnico da función administrativa
  • Grupo de xestión da función administrativa
  • Técnico superior en documentación sanitaria

No 2020, toma de posesión de:

  • Enfermeira/o
  • Celador/a
  • Auxiliar administrativa/o

Exames de OPEs en curso en febreiro - marzo de 2020.

Novas convocatorias de OPE antes de rematar 2019:

  • FEAS
  • Médica/o de admisión
  • Médico/a de urxencias hospitalarias
  • Médica/o asistencial do 061
  • Logopeda
  • Terapeuta ocupacional
  • Técnica/o en farmacia
  • TEL
  • TER
  • TEAP
  • Técnica superior en hixiene bucodental
  • Técnico superior en radioterapia
  • Pinche
  • Cociñeira/o

A convocatoria do resto de categorías de persoal non sanitario con prazas ofertadas nos anos 2018 e 2019, quedará para o 2020.

Aprobouse a convocatoria de OPE da categoría de PSX pola quenda de discapacidade intelectual que se publicará en DOG proximamente.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto