CIG Saúde, a nosa forza

Día Mundial da Saúde Mental

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Cartaz 20181004

ACTOS DO MGSM
SAÚDE, VIOLENCIAS E MULLERES
En Santiago o 6 de outubro
Centro Cívico do Ensanche. Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo.
Horario:
10.30- Mesa: Saúde, violencias e mulleres
 
Coordina: Rosa Cerqueiro Landín
Psicóloga Clínica. USM. EOXI Ferrol.
  • A violencia simbólica contra a muller nos medios de comunicación
Mónica Vidal
Xornalista
  • Violencia obstétrica e saúde mental: parto respetado como factor de protección
Alicia Ares Vilar
Enfermeira no sistema público de saúde. Máster en estudos de mulleres, xénero e ciudadanía.
  • Muller e saúde mental: sobrediagnóstico e infradiagnóstico
Iria Veiga Ramos
Psiquiatra da Unidade de Saúde Mental do Barbanza
  • Do amor á violencia
Mamen Carreño
Psicóloga do Centro de Orientación Familiar de Santiago
 
12.00-Descanso.
 
12.15- Conferencia-coloquio
 
Coordina: Paula Tomé
Activista polos dereitos das persoas con diversidade psíquica. Mestrado en Educación, Xénero,
Igualdade.
 
  • Mais alá de diagnósticos e etiquetas: enfoques terapéuticos que abren posibilidades.
Sara Toledano
Psicóloga. Psicoterapeuta. Especialista Universitaria en Saúde Mental Colectiva.
 
13.30. Remate.
___________________________________________________________________
A asistencia á Xornada é de acceso libre ata completar aforo do salón.
http://movementogalegosaudemental.gal/
https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental
https://twitter.com/MGSaudeMental

CIG-Saúde gaña sentenza que recoñece o dereito do persoal eventual ao desfrute do permiso de matrimonio

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

A asesoría xurídica da CIG obtén unha sentenza firme na que se recoñece o dereito do persoal eventual aos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.

O xulgado do contencioso nº 4, tralo recurso interposto pola asesoría xurídica da CIG de A Coruña, notifica, o 22 de xaneiro de 2019, sentenza firme na que se ven a recoñecer o dereito que ten o persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde ao goce dos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.

Dereito que nos era negado a todo o persoal eventual pretendendo acollerse o Sergas ao Acordo de Concertación Social, cando a normativa e xurisprudencia europea declara a NON DISCRIMINACIÓN dos/as traballadores/as fixas e temporais.

Así, nesta sentenza de A Coruña se declara non conforme a dereito a denegación dos 15 días de permiso retribuído por matrimonio/parella de feito invocando o feito de ser este permiso incompatible coa finalidade do nomeamento como persoal eventual.

Este sentenza é un primeiro paso moi importante para acadar o recoñecemento do dereito do persoal eventual ao goce dos permisos que ata agora nos son negados: matrimonio/parella de feito, traslado de domicilio, asistencia a cursos de formación continuada, a congresos e exames de centros e titulacións oficiais…

Igualdade

Publicación da resolución definitiva do concurso específico das categorías de enfermeira especialista en saúde mental e de traballo.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

As/os aspirantes que figuran no Anexo da Resolución publicada, serán nomeadas/os como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de persoal enfermeiro especialista e na especialidade que nel se indica, adxudicándolle a praza correspondente.

As/os aspirantes seleccionados poderán solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.

 

Curso online baremable.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/cursos-saude

Prezos especiais para afiliados/as

20190424 VIOLENCIA DE XÉNERO SANITARIO

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto