CIG Saúde, a nosa forza

Dia Mundial de Prevención do Suicidio 2018

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

20180910 imaxe cabeceira

10 de setembro: Día Mundial de Prevención do Suicidio
En Galicia, a morte por suicidio é “un problema de saúde pública de primeira orde” e ha de ser unha “prioridade multisectorial”. Estas son as palabras da Consellería de Sanidade cando o ano pasado deu a coñecer publicamente o Plan de Prevención do Suicidio para Galicia que durante anos lle reclamamos, para que así dera cumprimento ás decisións adoptadas na 66ª Asamblea Mundial da Saúde de 2013 e ás orientacións da OMS. Facémolas nosas.
Levamos un ano de plan. A taxa de mortandade en Galicia por suicidio no ano pasado sitúase en case 12 persoas (11,9) cada 100.000 habitantes. Seguimos a case unha morte diaria por
esta causa. Un ano de Plan que naceu, e así continua, sen compromisos de execución, sen responsables da súa materialización, sen dotacións económicas nin profesionais, sen prazos,
sen concrecións de actuación. Un Plan de papel. Foi un ano sen accións significativas de prevención como para que merezan tal nome, continuándose tan só coas escasas actuacións
que xa se viñan desenvolvendo na actividade ordinaria do SERGAS.
Neste tempo tivemos que denunciar en dúas ocasións as mortes de persoas por esta causa en espazos sanitarios, nos que constatamos que nin nestes lugares se implantaran programas e
protocolos de prevención.
É desesperante a desidia dos responsables da saúde da nosa comunidade. É indignante a utilización política e propagandística que fixeron do que debera ser un plan de protección da
saúde e da vida.
Debemos seguir a esixir o cumprimento das obrigas que a Xunta ten coa prevención. E tamén asumir todas e todos nós o compromiso coa mesma: confrontando o estigma, dando visibilidade a unha causa de morte con efectos tan graves, apoiando a quen se atopa en condición máis vulnerable, construíndo unha sociedade máis xusta e solidaria.
O vindeiro dia 10, en todo o Mundo, realizaranse accións con motivo do Día Mundial de Prevención do Suicidio. Ha de ser un día de sentimento por mortes evitables, denuncia da pasividade dos gobernantes e reivindicación de medios, accións e compromisos.
Nós convocámoste ao acto simbólico das Badaladas pola Prevención do Suicidio que dará comenzo ás 8 da tarde na Praza de Praterías en Santiago.
En Santiago de Compostela a 7 de setembro de 2018
MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL

Cursos online para persoal non sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/saude

Prezos especiais para afiliados/as

20190326 RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

20190326 MANEXO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA EXTERNA EN INSTITUCIÓNS

Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/a do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros, e mais aquelas en que poden existir resultas, está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.

Prazo para poder modificar a relación de prazas: 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019).

Propostas de CIG-Saúde para o Consello Técnico de Atención Primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

En cumprimento do acordo de mesa sectorial de 8 de maio, o proxecto de Plan de atención primaria que a Consellaría presenta, ten que ser a guía inicial de traballo para este consello, non pode ser un documento pechado.

Por iso, desde CIG-SAÚDE enviamos  as seguintes propostas, que desenvolven liñas de traballo para conseguir que ese Plan de atención primaria dea respostas ás necesidades asistenciais e laborais, e cunha execución inmediata.

1ª liña. Dotación de RRHH.

Proposta CIG-SAÚDE:

a.- Negociar, no último trimestre do 2019, un Plano de Ordenación de RRHH (PORRHH) no ámbito da mesa sectorial. Este plano identificará as necesidades de persoal a curto e medio prazo, e incorporará as propostas de solución.

b.- Para recuperar o equipo básico de atención primaria, as/os profesionais deberán prestar servizo na mesma quenda de traballo. Ampliando o concepto de equipo básico.

2º liña. Coordinación e comunicación entre niveis de asistencia: Atención Primaria-Atención Hospitalaria-061.

Proposta CIG-SAÚDE:

O consello acordará crear unha comisión de traballo, en principio, de persoal facultativo, para abordar este tema. No prazo máximo de 7 días as organizacións que forman parte do consello designarán a/o seu representante.

Dita comisión terá a primeira reunión de constitución antes do remate do mes de xuño de 2019.

3º liña. Creación de Equipos de Atención primaria e mapa de competencias.

Proposta CIG-SAÚDE.

a.- Creación de grupos de traballo:

  • Enfermaría: carteira de servizos, protocolos e formación.
  • Matronas: carteira de servizos.
  • Fisioterapeutas: carteira de Servizos.
  • PSX: definición do traballo administrativo.
  • Traballo social.
  • Grupo multidisciplinar para acordar a carteira de servizos.

No prazo máximo de 7 días as organizacións presentes no consello designarán as/os súas/seus representantes nos diferentes grupos de traballo.

Os devanditos grupos terán a 1ª reunión de constitución antes de finalizar o mes de xuño de 2019.

4º Liña. Orientar a demanda.

Proposta CIG-SAÚDE

O grupo multidisciplinar creado para acordar a carteira de servizos, terá tamén como competencia, facer unha proposta de como xestionar a demanda na atención primaria.

5º Liña. Formación, docencia e investigación.

Proposta CIG-SAÚDE.

No último trimestre do ano 2019, negociarase na mesa sectorial do SERGAS o estatuto da/o titora/or e colaborador docente.

Todos os grupos de traballo terán que presentar as súas conclusións ao consello técnico antes do 31 de outubro de 2019.

Outra proposta CIG-SAÚDE.

O consello técnico convocará unha reunión no mes de xullo de 2019 para abordar os seguintes temas:

ü  Xerencia de Atención Primaria.

ü  Orzamento específico de Atención Primaria.

 

Así mesmo remitimos alegacións á Acta do Consello técnico de atención primaria do pasado 14 de maio, nos seguintes termos:

"Recibimos con sorpresa a acta da devandita reunión, un documento de 12 páxinas, nas que se reproducen textualmente as intervencións da Administración, e non as intervencións do resto dos asistentes.

Non pretendemos que as actas sexan testamentos, máis si que de xeito breve se recollan as intervencións de todo o persoal, co correspondente nome da persoa que intervén e a organización á que corresponde.

Por todo isto, solicitamos que se incorporen na acta do día 14 de maio as seguintes manifestacións realizadas pola CIG-SAÚDE.

1.- Constitución do Consello. Reiteramos a nosa petición de incorporar no consello técnico os seguintes colectivos:
• Psicólogas/os clínicos.
• PSX
• Terapeutas ocupacionais
• Logopedia.

2.- Información mesa sectorial celebrada o día 26 de abril. Esiximos o censo de profesionais para poder comprobar o verdadeiro incremento, ou non. Rexeitamos o contrato de estabilidade, coñecido como contrato precario, esiximos a retirada da base 7º do contrato.
3.- Dar conta das actuacións previstas no plano de atención primaria a curto, medio e longo prazo.
Como CIG-SAÚDE manifestamos que non recoñeciamos ese documento como o plano de atención primaria, que o obxecto do consello era crear ese novo plano, con representación e participación de todos os colectivos. O documento que se nos presenta pode ser unha guía, mais non imos aceptar que esas sexan as medidas que se teñen que aplicar a curto, medio e longo prazo. E que o novo modelo será o resultado das comisións que se cren e do traballo deste consello.

 

Cando mínimo estas manifestacións realizadas na reunión deben ser incorporadas a acta".

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto