CIG Saúde, a nosa forza

CIG-Saúde gaña as eleccións sindicais na Fundación Biomédica Galicia Sur

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Hoxe, mércores 25 de abril de 2018 celébraronse as primeiras eleccións sindicais na Fundación Biomédica Galicia Sur promovidas por CIG-Saúde.

Nestas eleccións están incluidas as áreas de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Obtivemos máis do 63% dos votos das traballadoras. Houbo unha alta participación, o que dí moito sobre a necesidade destas eleccións.

Como consecuencia a CIG-Saúde ten 3 das 5 delegadas elixidas.

O pasado 20 de abril, nas eleccións da Fundación de Santiago de compostela a CIG-Saúde tivo 7 de 9 delegadas.

As Fundacións de Investigación Sanitaria dos hospitais xurdiron para axudar a xestionar, organizar e promover a investigación realizada desde o entorno hospitalario. Non teñen o percorrido nin a tradición doutros centros que contribúen á tarefa investigadora, como as universidades, ou que constitúen a esencia mesma do seu ser, como o Consello Superior de Investigacións Científicas.

Porén, debido ao interese e ao traballo de múltiples actores (principalmente as persoas que traballan nelas), crecen de ano en ano e reclaman un papel e unha importancia no ámbito investigador que aínda se lles nega. Entendemos que estas fundacións teñen e deben dar moito máis de si en Galicia, para ofrecer e rendibilizar todo o potencial que atesouran. Non é un camiño que deban percorrer soas, pero é verdade que a súa identidade debe definirse tamén desde dentro mesmo do seu ser.

IMG 20180410 144607 Vigo

A nosa candidatura defende que o capital máis prezado de calquera organización é o humano, e no caso da investigación este valor acrecéntase. É por iso que nos comprometemos a traballar por configurar un marco laboral definido e uniforme, flexible pero seguro, que determine claramente os deberes do seu persoal, pero que tamén permita e promova a súa carreira profesional; un entorno que asegure a dignidade da investigación biomédica en todas as súas facetas, desde as máis experimentais e próximas aos doentes, até as máis innovadoras e transformadoras, pasando polas de xestión e promoción.

Non buscamos unha serie de medidas puntuais que melloren as condicións laborais. Imos máis alá porque buscamos unha estratexia global, elaborada entre todos os axentes implicados, que defina as categorías profesionais, a promoción dentro delas e a conexión co seu entorno hospitalario, universitario e social, a fin de que a investigación sanitaria asegure o longo percorrido que necesita. É por iso que queremos representar a todo o persoal traballador e dialogar con todas as partes, para, entre todos, chegar a un resultado do que todos poidamos sentirnos orgullosos.

 

Manuel González Moreira

Secretario Comarcal de CIG-Saúde Vigo

A CIG suspende a folga xeral emprazando o novo goberno a responder as demandas da clase traballadora galega

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Convoca unha xornada nacional de mobilizacións en todas as comarcas para o 19 de xuño “Pola recuperación dos dereitos XA”

A CIG acordou este luns, día 4 de xuño, tras reunir os seus organismos de dirección: Secretariado e Consello Confederal, suspender a folga e chamar para a data prevista, 19 de xuño, a unha xornada nacional de mobilización con manifestacións en todas as comarcas baixo o lema de “Pola recuperación dos dereitos XA”. A central sindical retomará a convocatoria nos próximos meses “se o novo goberno do PSOE e a correlación de forzas que o fixo posíbel non derroga e anula todas as reformas que rouban, saquean, explotan e empobrecen á clase traballadora e ao conxunto do pobo galego”.

Así o anunciou esta mañá, en rolda de prensa, o secretario xeral, Paulo Carril, lembrando que a central sindical, cando convocou a folga xeral do 19 de xuño, concibiuna como a moción de censura -que outros non facían- da clase traballadora galega fronte á situación de emerxencia nacional, social, política e institucional, para conseguir a recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados so pretexto da crise e demandar a fin dun goberno do PP que, en minoría parlamentar e cheo de corrupción actuaba con total impunidade.

 

O secretario xeral considerou que a caída do goberno do PP a consecuencia da moción de censura “é un primeiro paso que confirma a axeitada análise realizada pola CIG no momento da convocatoria” aínda que matizou que “somos conscientes, porén, de que o PSOE é responsábel e causante de moitas das reformas que padecemos, que xunto ás que aplicou o PP estes anos, lévanos á realidade de que ter un traballo ou unha pensión non nos permite vivir en condicións dignas”.

Por iso afirmou que “coa mesma responsabilidade coa que convocamos a folga xeral, hoxe acordamos suspendela uns meses, á espera de que se produza ese cambio nas políticas e se atenda a nosa táboa reivindicativa” e advertiu que “non imos esperar de brazos cruzados, senón que imos esixir coa mobilización os nosos dereitos, mesmo retomando a convocatoria de folga”.

Neste sentido acreditou en que “a mobilización e a loita da clase traballadora é a que pode conseguir vías alternativas que nos permitan vivir e traballar dignamente na nosa terra” e avanzou que a CIG condiciona a suspensión da folga “a que haxa unha recuperación real dos dereitos nos próximos meses".

Salientou que desde a CIG se apostou duro e con valentía por cambiar esta situación, “con toda a nosa capacidade de acción, pasando á ofensiva coa disposición de impedir que nos rouben tamén o dereito a loitar polas nosas condicións de vida e por un futuro digno” e considerou que “coa nosa loita temos contribuído á caída do goberno do PP, mentres que o resto dos sindicatos mantiñan unha actitude de conformismo e pasividade ou mesmo de colaboración, nalgúns casos, diante desta grave situación”.

 

Xornada nacional de mobilizacións

Por todo isto chamou á xornada nacional de mobilizacións para o vindeiro día 19 de xuño en todas as comarcas para exixir “un cambio inmediato de políticas” entre as que salientou a derrogación das reformas laborais “que nos empobrecen”; conseguir avances reais para as mulleres; defender as pensións públicas; rematar cos abusos da patronal; frear as políticas de recorte contra a xente desempregada; acabar coa privatización de servizos públicos; impedir o retroceso nas liberdades e dereitos fundamentais e conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra.

XORNADA NACIONAL DE MOBILIZACIÓNS - 19 DE XUÑO

A Coruña: Praza de Vigo, 20h

Cee: Praza 8 de marzo 20h

Ferrol: Praza de España, 20h

Santiago: Praza Roxa, 20h

Pontevedra: Praza da Ferreiría 20h

Vilagarcía: Casa do Mar, 20h

A Estrada: Praza do Mercado, 20h

Vigo: A Doblada, 20h

Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h

Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h

Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h

Monforte: Praza de España, 20h

As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h

A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h

Ver nova completa en Avantar.

O XUÍZ DECLARA ILEGAL A INSTRUCCIÓN DO SERGAS SOBRE PERMISOS POR INGRESO

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde anima o persoal do SERGAS a reclamar a totalidade do permiso por coidado de familiar

A Federación lembra que unha sentenza do TSXG declara ilegal as limitacións impostas pola administración

 

A CIG-Saúde fai un chamamento a todo o persoal do SERGAS para que presente reclamación se a administración lle denega a totalidade do días aos que ten dereito por coidado dun/ha familiar. A Federación lembra que o TSXG declarou a ilegalidade e, en consecuencia, a nulidade da limitación estabelecida na instrución do SERGAS a respecto deste dereito.

O Estatuto Básico da/o Empregada/o Pública/o recolle o dereito que ten a traballadora/or a gozar dun permiso retribuído por coidado de familiar en situación de enfermidade ou hospitalización. Porén, o SERGAS segundo o criterio que estabeleza, concede ao seu persoal a totalidade dos días, ou un goce parcial deste dereito.

Para atallar esta irregularidade, e reclamar de vez o respecto á concesión deste dereito, "que non é potestativo da administración", unha afiliada de CIG-Saúde, a través da asesoría xurídica da central sindical, interpuxo unha demanda por unha cuestión de ilegalidade, "para que o xulgado lle recoñecese o dereito que o SERGAS lle negaba", explican.

O proceso rematou no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que estimou a cuestión de ilegalidade formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 da Coruña, e en consecuencia, "declárase a ilegalidade e conseguinte nulidade da limitación do estabelecido na instrución do SERGAS”.

Non obstante a resolución xudicial, o Servizo Galego de Saúde, "no seu empeño de limitar o dereito ao permiso por coidado de familiar, recorre a sentenza. Porén o xuíz ditou un auto firme, polo que non cabe interpoñer recurso algún", afirman dende CIG-Saúde.

Desde a Federación da CIG lamentan que, "unha vez máis sexan os xulgados quen obriguen ao SERGAS a respectar os dereitos das/os traballadoras/es recollidos na lexislación laboral". Ao tempo que animan a todo o persoal a reclamar "cando o SERGAS lle denega a totalidade do días aos que ten dereito por coidado dun familiar".

 PERMISO COIDADO FAMILIAR se queres ler máis fai klick aquí

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto