CIG Saúde, a nosa forza

Publicadas puntuacións definitivas OPE FEAs e MUH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse no DOG as resolucións que dan publicidade ás puntuacións definitivas da fase de oposición da OPE das categorías de Facultativo/a Especialista de Área e Médico/a de Urxencias Hospitalarias:

  • Puntuacións definitivas OPE FEAs: RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar PDF
  • Puntuacións definitivas OPE MUH: RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar PDF 

Con estas publicacións dase por finalizada a fase de oposición. Ligazón á páxina do SERGAS.

Información Comisión Central de Seguimento do Pacto do 3 de febreiro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

1.     Información Xeral Pacto. Informan da previsión de datas de publicación de listas:

·        Venres 7 de febreiro: Listas definitivas de Pinche e Cociñeiro/a

·        Durante o mes de febreiro:

o   Baremación Provisional de Médico/a de Familia.

o   Listas definitivas da actualización automática de Técnicos/as (TEL,TER, TEAP...)

·        Durante o mes de marzo:

o   Listas definitivas de Médico/a de Urxencias Hospitalarias

o    Listas definitivas da actualización automática de PSX, celador/a, Aux. Admtvo., Enfermaría, Matrón/a

o   Baremación provisional das categorías da Función Administrativa e Enxeñeiro/a Técnico/a

·        Durante o mes de abril:

o   Provisionais de Médico/a Coordinador/a e Asistencial 061, Médico/a do Traballo, Odontólogo/a de Atención Primaria, Técnicos (sup., xestión, esp.) en Tecnoloxías da Información, Enfermaría Saúde Mental e do Traballo.

Outras informacións:

·        Compatibilidade listas enfermaría-matrona. Cando se publique a lista definitiva de matrona e se vexa se o número de aspirantes é suficiente, valorarase facer compatíbeis as dúas listas. Tería que facerse mediante acordo da Comisión Central.

·        Listas de oficios: están analizando se procede convocalas todas.

2.     Puntos levados pola CIG:

a.     Pcig_cartazedimos unha vez máis que se nos remita unha lista de categorías da Xunta coas súas equivalencias á hora de puntuar o tempo traballado. Esta petición levámola en cada reunión, igual que a das titulacións de Outras Actividades. A ver se a base de insistir…

b.     Solicitamos que se amplíen as instrucións que se publicaron no DOG para cambio de área e que se fagan extensíbeis ás persoas con vínculos de longa duración e tempo parcial. Nas instrucións indica expresamente que só afectan a persoas con vínculos de longa duración e xornada completa.

c.      Insistimos na necesidade de reclasificación das prazas de enfermeiras especialistas. Preguntamos concretamente por cómo se están a cubrir as vacantes de enfermeira do traballo, sabemos dun contrato de interinidade que se chamou pola lista de enfermaría do traballo, pero que a persoa foi contratada como enfermeira xeral.  A Admón. responde que non sabe cómo se están cubrindo, que teñen que mirar e remítennos ao que dixo a Directora de RRHH na Mesa Sectorial sobre que se vai ir mirando a situación das Enfermeiras Especialistas no grupo de traballo que se convocará ao efecto.

d.     Lembrámoslle á Administración que as categorías da Lei 17 xa teñen rematada a súa OPE e continúan a contratarse por unha lista do ano 2000. Exiximos que se convoquen listas destas categorías. Non hai resposta.

e.     Expoñemos o criterio que a Comisión Periférica de Vigo está a seguir, considerando que a lista xeral é subsidiaria das listas de área especial ou das listas de tempo parcial. Ás persoas que figuran nestas listas só lles ofertan os contratos deste tipo e non os que lles corresponden por lista xeral. A Administración quedou de pedir información e analizalo.

Información sobre a Comisión Técnica de OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Onte celebrouse unha Comisión Técnica de OPE sobre a Oferta de Emprego para Medicina de Familia e Persoal de Enfermaría, a que nós chamamos OPE da miseria, pola escaseza de prazas e de categorías que se ofertan. Seguimos insistindo: convocatoria de OPE co 100% das prazas e para o 100% de categorías!

Velaquí o resumo desa reunión:

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE DO 30 DE XULLO DE 2014

Presentóusenos o borrador das convocatorias de OPE das categorías de Médica/o de Familia e Enfermeira/o.

As convocatorias van integrar as bases, os temarios e o baremo. Ábrese un prazo para alegacións ata o 10 de setembro coa intención de publicar as convocatorias en outubro unha vez se aproben en Mesa Sectorial.

Médico/a de familia. Novidades expostas da convocatoria.

  • Ao igual que nas convocatorias de FEAs e MUH, o proceso de inscrición e presentación de méritos, farase a través do FIDES.
  • Un 5% das prazas ofertaranse pola quenda de discapacidade, un total de 2 prazas.
  • 50% das prazas ofertaranse pola quenda de promoción interna. As prazas que non se cubran por esta quenda, pasarán á quenda libre.
  • Claréxannos que unha vez rematado o prazo de inscrición, non se admitirá a inclusión de novos méritos, soamente a subsanación de erros.
  • Baremos: como norma xeral, propoñen un baremo na liña do empregado para a OPE de FEAs e MUH.

Enfermeira/o. Novidades expostas da convocatoria.

  • O proceso de inscrición e presentación de méritos farase a través do FIDES.
  • Claréxannos que unha vez rematado o prazo de inscrición, non se admitirá a inclusión de novos méritos, soamente a subsanación de erros.
  • Un 5% das prazas ofertaranse pola quenda de discapacidade, un total de 7 prazas.
  • 50% das prazas ofertaranse pola quenda de promoción interna. As prazas que non se cubran por esta quenda, pasarán á quenda libre.
  • Propoñen unha modificación de temarios con respecto ao anterior.
  • No baremo, no apartado de Formación Académica incorpórase  a formación Posgrao.

Dende CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas vacantes. Tamén reiteramos a necesidade de convocar un grupo de traballo para valorar de xeito xeral todos os baremos e ver qué cousas son modificábeis, para non andar con modificacións puntuais e unilaterais con cada convocatoria que non entran no fondo dos problemas de baremo.

Infórmannos tamén de que previsiblemente en setembro-outubro publicarán as listas provisionais de baremación do concurso de traslados de persoal sanitario.

Publicadas listas definitivas de pinche e cociñeira/o

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dogPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de contratación das categorías de pinche e cociñeira/o.

  • Listas de contratación definitivas de pinches e cociñeiras/os. RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de cociñeiro/a e pinche. Descargar PDF

Ver listas na páxina do SERGAS.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Información publicacións listas de contratación definitivas de Técnicos/as

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mensaxe remitida polo SERGAS:

Infórmase que está previsto que este xoves, 20 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia a orde de prelación e  puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de técnicos sanitarios.  A data da súa entrada en vigor será o 24 de febreiro.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto