Noticias Sanidade Pública Outras novas
 
 

A Consellería de Sanidade, está a liquidar o Plan de Mellora de Atención Primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O PLAN DE MELLORA DE ATENCION PRIMARIA DE GALICIA é un Plan que nos afecta a todas e todos os profesionais de A.P. e que se desenvolve como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención ao paciente, que se levan a cabo durante o ano 2006, e que se concreta na firma do devandito Plan polas Organizacións Profesionais e Sindicais e polo Presidente da Xunta de Galicia o 2 de Abril de 2007.

concentracion_ap_

Co cambio de dirección na Consellería e no Sergas no ano 2009, en relación co PLAN DE MELLORA DE A.P. produciuse unha parálise en canto ao desenvolvemento e seguimento do mesmo e que a nivel orzamentario concrétase nun descenso do orzamento dun 4.2% respecto ao do 2009 (mentres creceu o de A. Especializada). O ano 2008 crecera un 4,4%.

 

Se a isto engadimos a análise do BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO que crea a ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, no que a participación organizativa da A.P. pasa totalmente desapercibida, fainos pensar que a Atención Primaria está a vivir un momento crucial que pode condicionar o seu desenvolvemento futuro.

 

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.


Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

 

Contamos coa túa colaboración para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios do teu Centro de Saúde.

 

Manuel González Moreira

Representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan de Mellora

 

 

* Informe  da Comisión de Seguimento do Plan Mellora de Atención Primaria.

 

* Folleto para difundir.

Manifestación en defensa da sanidade pública en Burela

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña convoca para o próximo sábado día 26 de xuño unha manifestación en defensa da súa área, que sairá ás 12 hs do Hospital de Burela:

Hospital_para_web

Convocatorias do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS vén de remitir dúas convocatorias para os próximos días:

 

→ Convocatoria de Mesa Sectorial para o próximo xoves, día 27 de maio.

 

→ Convocatoria do Grupo de Traballo do Novo Pacto de Contratacións para o próximo mércores, día 2 de xuño.

 

Daremos cumprida conta do que aconteza nestas reunións.

Convocatoria contratacións para enfermaría do 061

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais, na categoría de persoal de enfermaría (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

Descargar convocatoria

Éxito da manifestación convocada en Pontevedra contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20100417ponteVIIMais de 10.000 persoas manifestáronse en Pontevedra contra a privatización da sanidade e pola defensa do proxecto de Montecelo

"Estamos afeitos a mollarnos. Mollámomos co Nunca Máis, polo galego e agora tócanos mollarnos contra á privatización da sanidade". Foron as primeiras palabras do médico pontevedrés Fernando Filgueira coas que comezou a lectura do manifesto reivindicativo que o venres 16 de abril puxo punto e final á manifestación convocada pola Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra. Unha cita masiva que non conseguiu deslucir a forte chuvieira que caeu no mesmo momento no que arrincaba a marcha na praza da Ferrería.

"As mobilizacións nos últimos anos conseguiron que a Xunta planificase a renovación integral e a ampliación de Montecelo, con financiamento totalmente público, grazas ao consenso de todas as administracións". E serán, adiantou Filgueira, as mobilizacións sociais as que lle obrigue a esquecer "proxectos privatizadores" e a retomar a aposta por Montecelo.

 

Demanda de consenso

"Consenso" foi unha das principais demandas dos manifestantes. Un consenso que, tal como indicaron distintos convocantes da marcha, "iniciouse na anterior etapa de goberno do Partido Po pular na Xunta, sendo conselleiro de Sanidade o actual xerente do CHOP, cando o mesmo PP que agora insiste en descartar a ampliación de Mo ntecelo, rexeitou teimudame nte construír un novo hospital nun emprazamento diferente a Montecelo".

Goberne quen goberne

Unha vez mais a cidadanía falou claro e alto «Goberne quen goberne a sanidade non se vende». A masiva resposta na manifestación demostra que o goberno do PP ten un problema serio coa súa arrogancia, e tentan volver aos tempos do "ordeno e mando" por parte da dereita.

Próxima mobilización este xoves

A próxima cita na rúa será o xoves 22 na manifestación que sairá as 20h do hospital Xeral de  Vigo e que rematará na Dirección Provincial do SERGAS na Av/  García Barbón.

 

 

 

 

Milleiros de persoas maniféstanse en Ferrol contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma, da que forma parte a CIG, denuncia o "grave deterioro" ao que o goberno do PP está sometendo á sanidade e a falla de compromiso coa comarca.

Milleiros persoas secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, en contra da privatización da sanidade. A marcha, enmarcada no amplo calendario de mobilizacións que se están a desenvolver por todo o País contra a política privatizadora do goberno do PP, saíu ás doce do mediodía dende a Praza de España e rematou hora e media despois na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada por máis de 40 organizacións e colectivos, entre os que se atopa a CIG, acordou convocar a manifestación do domingo, 11 de abril, “diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área que ten a Xunta de Galiza e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública”.

A manifestación, na que participaron perto de 10.000 persoas, é un contundente reflexo do descontento e o rexeitamento da cidadanía galega ás medidas privatizadoras que está a adoptar o goberno da Xunta, non só no eido da sanidade, senón en todos aqueles servizos que deberían estar reservados ao ámbito público.

Ler máis

Novas manifestacións en defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

PONTEVEDRA

 

Os sindicatos CSIF, CEMSATSE, CIG, OMEGA, SAE, UGT, CCOO e USO, integrantes da Xunta de Persoal da Área Norte de Pontevedra veñen de convocar unha Manifestación para o día 7 de abril de 2010, ás 20,30 horas con saída diante da Porta Principal do Hospital Provincial(rúa Loureiro Crespo),  pasando polas ruas Benito Corbal, Peregrina, Oliva , Rosalía de Castro, Gagos de Mendoza, Xeneral Rubín e rematando diante do Edificio da Xunta de Galicia en Campolongo, co  lema:

 

SANIDADE PÚBLICA 100%

EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

 

FERROL

 

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol que ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convoca para o vindeiro día 11 de abril unha Manifestación Comarcal; a cal agardamos que reflexe na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.

 

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

A SAÚDE NON É UN NEGOCIO

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto