Noticias Persoal Outras novas
 
 

colexiación hixienistas dentais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta mañá remitimos o seguinte escrito á Consellaría sobre a colexiación d@s hixienistas dentais:

 

Pilar Farjas Abadia.

Conselleira de Sanidade.

 

O DOG nº 179, do 16 de setembro de 2008, publica o Decreto 201/2008, do 24 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galiza.

Neste momento o devandito colexio está a requirir das/os profesionais que exercen a súa actividade nos centros do Servizo Galego de Saúde a obrigatoriedade da colexiación. O devandito requirimento baséase na nota que a Consellaría de Sanidade enviou con data 23 de febreiro de 2010 aos colexios oficiais, comunicándolles a entrada en vigor da Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galiza para a súa adaptación á Directiva 2006/123/ CE do Parlamento Europeo.

A Lei 1/2010, de 11 de febreiro recolle no seu artigo 3º a obrigatoriedade da colexiación para as/os profesionais médicas/os e demais profesionais da ciencias da saúde, cuxas funcións comprendan a realización de actos profesionais que teñan como destinatario inmediato as/os usuarios…

Ler máis

Mobilidade Interna Hospital da Barbanza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe anuncio en DOG sobre convocatoria de mobilidade interna no Hospital Comarcal da Barbanza.

Podedes velo aqui.

Publicada a reforma laboral no BOE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mañá entrará en vigor o  Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, é dicir, publícase hoxe no BOE a Reforma Laboral.

 

A CIG avalía como moi “graves” os recortes laborais que se introducen na proposta de reforma laboral presentada polo goberno, aprobada onte no Consello de Ministros e publicada hoxe no BOE. A CIG considera que a reforma terá graves repercusións para a clase traballadora polo que supón de recorte de dereitos e asegura que pretende satisfacer unicamente as demandas históricas da patronal: desregulación, abaratamento e facilidade para o despedimento. Tedes máis información na web Avantar da Confederación.

A CIG convoca mobilizacións nas cidades galegas, hoxe, xoves 17 de xuño, contra a reforma laboral. A central nacionalista fai un chamamento, a todos os traballadores e traballadoras, a rexeitar as medidas anticrise propostas polo Goberno español e demandar a convocatoria dunha folga xeral. A Confederación Intersindical Galega convocou para hoxe, 17 de xuño, unha serie de mobilizacións en todo o país para rexeitar na rúa as medidas anticrise propostas polo Goberno español e loitar por unha folga xeral que paralice a nova reforma laboral. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa.
 
 
A CRISE DO CAPITAL
 
QUE A PAGUE O CAPITAL
 
 
 
 
MOBÍLIZATE E ACODE ÁS MANIFESTACIÓNS
E ACTOS CONVOCADOS PARA HOXE
 
 
 
CONTRA A NOVA REFORMA LABORAL:
 
FOLGA XERAL

Celador@s: cualificación necesaria, categoría imprescindible

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Os últimos acontecementos que se están a producir como son a negativa do Ministerio de Sanidade á aceptar o NIVEL 2 e a ubicación na FAMILIA SANITARIA, xunto coa negativa do SERGAS á dotar de CELADORES as antigas fundacións (CEE e Barbanza) obrigan á CIG-Saúde realizar unha aposta por esta categoría. 

Ler máis

Publicado decreto de Técnicos Documentación Clínica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicouse onte o decreto de creación da categoría de Técnico en Documentación Sanitaria.

 

♦ Decreto de creación da categoría.

Alegacións de CIG Saúde aos novos decretos do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dedoNeste momento a Consellaría de Sanidade ten sometido a alegacións dous documentos de máxima importancia que, de seren aprobados, definirán as grandes liñas da política sanitaria nos próximos catro anos.

Non podemos analizar os documentos por separado, xa que eles están intrinsecamente relacionados.

No primeiro documento: Xestión Integrada; a Admón pretende crear o marco normativo que supere os limites xeográficos das actuais áreas sanitarias; encubertamente está a mudar o mapa sanitario.

No segundo documento: Decreto de Ordenación de RRHH; a Admón pretende adaptar as condicións laborais das/os traballadoras/es públicos a esta nova estrutura organizativa de área.

 

Desde CIG-SAÚDE vemos con preocupación este tema. A pesares de que durante moitos anos vimos demandando un plano de ordenación de Recursos Humanos que nos permitise falar dunha política integral en materia de persoal que acabase coa permanente sensación de conflitividade no sector, o que acontece con estes documentos é que, en vez de dar unha solución global que permita alinear os intereses do sistema sanitario público cós intereses do seus profesionais, imos contribuír a crear un clima de incerteza permanente. Os sistemas de mobilidade permanente só achegan novos elementos de conflitividade. Iso si, con isto as/os doentes dificilmente percibirán unha mellora no sistema sanitario.

 

Case o 10% das solicitudes de Carreira Profesional foron desfavorables

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

asustadisimo_co_logo_do_sergas_ao_fondoNa xuntanza da comisión de seguimento da Carreira Profesional de Xestión e Servizos e Sanitarios de Formación Profesional o Sergas informou de que houbo 5121 Resolucións favorables e 496 desfavorables, e dicir, case o 10% do total das presentadas, delas, 162 con avaliación desfavorable e 55 que non teñen o ámbito de aplicación(funcionarios). As restantes por non teren o tempo necesario.

 

Unha das cuestións de tantas avaliacións desfavorabeis foi o criterio utilizado para a baremación dos cursos de formación anteriores ao ano 2002. O Sergas, neste asunto, inventou un criterio que non ten nada que ver co negociado e publicado no DOG no seu momento. Decide o SERGAS que o acordado non vale para Auxiliares Administrativos, Celadores e Auxiliares de Enfermaría, argumentando que estas categorías tiveron suficiente oferta formativa e polo tanto non hai que acudir a unha formación anterior ao ano 2002. A esta medida opúxose toda a comisión de seguimento, pero o SERGAS, non cambiou o criterio. 

 

A única posible solución para as persoas afectadas por isto(según o Sergas 46 persoas) é a presentación en vía de Recurso da documentación que acredite o seu compromiso coa organización, ou sexa un papel asinado pola xerencia correspondiente no que poña que dita persoa participou nalgún protocolo que supón un compromiso coa organización.

 

Como CIG-Saúde denunciamos este criterio do Sergas e informámoslles as persoas para que presenten os recursos, en base ao acordado no DOG, e ao mesmo tempo, se consiguen o Compromiso coa Organización o presenten tamén.

 

Unha vez máis, o Sergas cébase coas persoas que teñen o salario máis baixo no sistema, a parte que vulnera a norma cunha interpretación totalmente subxetiva.

Axudas para homes e familias monoparentais por conciliación da vida familiar

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Achegamos copia da Resolución do 23 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria.

 

Descargar Resolución

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto