Noticias Persoal Outras novas
 
 

CPV: a falsa obriga de asinar

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
EN RELACION CO CPV, desde a Agrupación Médica da CIG-Saúde (AgM-CIG) ESTAMOS EN CONDICIÓNS DE AFIRMAR QUE:


Os facultativos que non asinen os obxectivos tamén teñen que ser forzosamente avaliados polo SERGAS e este, en función desa avaliación, ten a obriga legal de pagarlles o CPV.

Son falsas e ilegais, e hai sentenzas que así o establecen claramente, as ameazas realizadas desde algunhas xerencias de que, os que os facultativos que non asinen os obxectivos que o SERGAS pretende impoñer, non percibirán o CPV.

 

As xerencias non poden deixar de abonarlles o adianto mensual do CPV aos facultativos que non asinen:

Os rumores promovidos desde algunhas xerencias de que non asine os obxectivos van deixar de percibir o adianto mensual do CPV non deben enganar a ninguén.
Existen sentenzas que establecen claramente a ilegalidade de non seguir abonando eses adiantos aos profesionais que non asinen os obxectivos.

 

O SERGAS ten a obriga legal  de negociar coas centrais sindicais, na Mesa Sectorial, para “a fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos dos que se derive a percepción do CPV”.

A pretensión do SERGAS de impoñernos sen negociación un modelo de CPV inaceptábel e non negociado é ilegal, de acordo co establecido en sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

 

Estas conclusións, que se tiran do Informe da Asesoría Xurídica da CIG do 17/06/2011, elaborado a petición da Agrupación Médica de CIG-Saúde, baséanse en dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que conteñen idéntica doutrina: a primeira de data 30 de setembro de 1999 (relator:  Sr.  Outeiriño  Fuente)  e  a  segunda  de  data  5  de  abril  de  2004 (relator:  Sr.  López  Paz).

CIG-Saúde mantén o seu rexeitamento ao modelo de obxectivos e CPV do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Reclama a “urxente” convocatoria da Mesa Sectorial e oponse ao ‘suposto’ acordo asinado unilaterlamente polos sindicatos corporativos CESM-Omega coa administración

A Agrupación Médica da CIG manifestou esta mañá, en rolda de prensa, o seu rexeitamento ao modelo de Acordos de xestión que impón o SERGAS, porque consolidan a introdución dos incentivos á prescrición no Complemento de Produtividade Variábel, logo da introdución o ano pasado do obxectivo de prescrición de xenéricos; porque utiliza indicadores para medir diferentes actividades que non son pactados por quen as realiza e porque introduce, por vez primeira, indicadores de todo ou nada.  Xunto a isto, denunciaron o ‘suposto’ acordo publicitado polos sindicatos corporativos CESM-Omega e demandaron a convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial para tratar estes asuntos.

Francisco Vázquez Vizoso, que compareceu acompañado por Manuel González Moreira, tamén da Agrupación Médica da CIG, Victor Vila, da Executiva Nacional e María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, explicou que o Complemento de Produtividade Variábel (CPV) forma parte das retribucións dos facultativos, e que as condicións retributivas teñen que ser obrigatoriamente debatidas na Mesa Sectorial. “O SERGAS, unha vez máis, pretende saltarse a negociación e impoñer unha política de feitos consumados”.

Neste sentido, sinalou que a grande maioría dos facultativos do SERGAS “coincidimos no noso profundo malestar diante da actuación do SERGAS na avaliación de obxectivos e o CPV de 2010, así como os plans que sobre este tema teñen para o 2011”.

 

A Agrupación Médica de CIG-Saúde rexeita o modelo de Acordos de Xestión, que impón o SERGAS a pesares do seu nome “Acordos…”, porque:

  • Consolidan a introdución dos incentivos á prescrición no CPV, despois da introdución o ano pasado do obxectivo de prescrición de xenéricos, cando en anos anteriores constituían un incentivo independente do CPV, precisamente para que non restaran porcentaxe de cumprimento do CPV de cara á futura Carreira Profesional.
  • Utiliza indicadores para medir diferentes actividades que non son pactados por quen as realiza e que, en moitos casoa, ademais que non dependen da súa vontade de realizala, senón que dependen da organización do servizo, da área ou, incluso, do traballo de outros profesionais, cando o CPV é un complemento retributivo de carácter persoal e debe medir a actividade do profesional concreto a quén se lle aplica.
  • Introduce no CPV, por primeira vez, indicadores de todo ou nada, non de gradualidade, e dicir, se non se cumpre un determinado indicador se considera que o cumprimento do Acordo de Xestión é cero e non se cobra nada do CPV. Isto é de especial gravidade cando algún destes indicadores ten que ver con cuestións organizativas, asignación de recursos, substitucións, etc, e non depende directamente do traballo do profesional.

Supostos acordos cos sindicatos corporativos


Os representantes da Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) lamentaron ademais, que outras organizacións sindicais corporativas acepten as regras que impón o SERGAS e, practicamente sen contrapartidas (alén da suposta bilateralidade da súa relación coa administración ao marxe da mesa sectorial), acepten e refrenden o modelo de CPV que pretende impoñer o SERGAS.

Segundo explicou Manuel González Moreira, na información distribuída por CESM-Omega o 26/05/2010, informando da súa reunión coa administración do día anterior, “estes sindicatos pretenden presentar como un logro propio, o mecanismo que xa está regulado para elaborar os obxectivos do CPV” consistente en que os facultativos dun servizo deben:

1.       recibir unha proposta inicial de obxectivos da Dirección,

2.       presentarlle a esta proposta as alegacións por escrito que consideren pertinentes,

3.       esperar a que a Dirección responda ás alegacións presentadas e lles faga unha proposta definitiva de obxectivos, e finalmente

4.       tomar a decisión de se asinan ou non.

A este respecto, asegurou que este mecanismo de elaboración dos obxectivos, que agora pretenden presentar como un logro, días anteriores á xuntanza de 26 de maio de CESM-Omega coa administración, xa fora aceptado publicamente por responsábeis hospitalarios e de AP do SERGAS, como ficou claro por exemplo na asemblea de facultativos realizada no Colexio de Médicos de Pontevedra do pasado día 23 de maio.

Do exposto na nota enviada polos Sindicatos CESM-Omega deducen que “se limitan a demandar unha negociación individual entre os profesionais e os Xefes de Servizo sobre as porcentaxes de cada indicador, consolidando deste modo un modelo de Acordos de Xestión e CPV que non mide a implicación, o esforzo ou a calidade que aporta un profesional na atención ao paciente”.

 

Nesta situación, a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) segue esixíndolle ao SERGAS:

A reavaliación do cumprimento dos obxectivos 2010 de todos aqueles profesionais que non cobraron o 100% do CPV-2010 e exista evidencia de que o sistema de avaliación que lles foi aplicado era claramente inadecuado ás condicións concretas nas que desenvolveu o seu traballo o facultativo afectado: presión a prol da prescrición electrónica e do uso de xenéricos nun contexto confuso, debido aos problemas ocasionados pola aplicación do “catálogo”, e pola sobrecarga asistencial asociada entre outras cousas á ausencia de substitucións, prescrición inducida, uso dun indicador de prescrición de xenéricos claramente inaxeitado en moitas circunstancias (debido a súa absurda fórmula de cálculo), ...

A negociación das características globais do sistema de avaliación de obxectivos para o ano 2011, sendo imprescindíbel a supresión da inaceptábel cláusula de que aos facultativos que non superen unha porcentaxe de prescrición das “novidades terapéuticas” definidas polo SERGAS (inicalmente o 1,5%, agora o 3%) non se lles valorarán o resto dos obxectivos. Isto provocará que o ano de traballo non se contabilizará a efectos de Carreira Profesional e que non cobrarán cantidade algunha como CPV no ano 2011.

A convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial, legalmente o máximo órgano de negociación das condicións laborais e retributivas do SERGAS, na que se cree un Grupo Técnico de Traballo no que se debatan e se solucionen tanto os problemas xerados pola inxusta avaliación de obxectivos que, a moitos facultativos, se lles fixo no ano 2010, como polas inaceptábeis características que (polo que até agora se coñece), vai ter a avaliación de obxectivos e o cobro do CPV no ano 2011.

Alén diso anunciaron que, se o SERGAS non convoca de contado a Mesa Sectorial, ou se os resultados desa Mesa non os consideran satisfactorios, a Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) chamará aos facultativos a que se mobilicen e a que non asinen os obxectivos do ano 2011.

CPV: as nosas posicións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Este escrito foi remitido á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas,  á Directora Xerente do SERGAS,  Rocío Mosquera e á  Directora de RRHH, Esperanza Lago, sobre a problemática suscitada pola situación da avaliación de obxectivos e o CPV de 2010, e as previsións para o 2011.

 

 

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade


A grande maioría dos facultativos do SERGAS coincidimos no noso profundo malestar diante da actuación do SERGAS na avaliación de obxectivos e o CPV de 2010, así como os plans que sobre este tema teñen para o 2011.

Nesta situación, a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) esíxelle ao SERGAS:

•       A reavaliación do cumprimento dos obxectivos 2010 de todos aqueles profesionais que non cobraron o 100% do CPV-2010 e exista evidencia de que o sistema de avaliación que lles foi aplicado era claramente inadecuado ás condicións concretas nas que desenvolveu o seu traballo o facultativo afectado: presión a prol da prescrición electrónica e do uso de xenéricos nun contexto confuso, debido aos problemas ocasionados pola aplicación do “catálogo”, e pola sobrecarga asistencial asociada entre outras cousas á ausencia de substitucións, prescrición inducida, uso dun indicador de prescrición de xenéricos claramente inaxeitado en moitas circunstancias (debido a súa absurda fórmula de cálculo), ...

•       A negociación das características globais do sistema de avaliación de obxectivos para o ano 2011, sendo imprescindíbel a supresión da inaceptábel cláusula de que aos facultativos que superen o 1,5% de prescrición das “novidades terapéuticas” definidas polo SERGAS, non se lles valorarán o resto dos obxectivos. Isto provocará que o ano de traballo non se contabilizará a efectos de Carreira Profesional e que non cobrarán cantidade algunha como CPV no ano 2011.

•       A convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial, legalmente o máximo órgano de negociación das condicións laborais e retributivas do SERGAS, na que se cree un Grupo Técnico de Traballo no que se debatan e se solucionen tanto os problemas xerados pola inxusta avaliación de obxectivos que, a moitos facultativos, se lles fixo no ano 2010, como polas inaceptábeis características que (polo que até agora se coñece), vai ter a avaliación de obxectivos e o cobro do CPV no ano 2011.


Se o SERGAS non convoca de contado a Mesa Sectorial que demandamos, ou se os resultados desa Mesa non os consideramos satisfactorios, a Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) chamará aos facultativos a que se mobilicen e a que non asinen os obxectivos do ano 2011.

Compostela, 23 de maio de 2011

Francisco Luís Vázquez Vizoso e Manuel González Moreira

Agrupación Médica de CIG-Saúde

 

Para  coñecer os posicionamentos de CIG-Saúde ao respecto desta cuestión, pódense descargar desde aqui os voceiros da AGM de CIG-Saúde que os explican:

 

* CPV Atención Primaria


* CPV  Especializada

Entrega de sinaturas INCUAL

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta mañá un grupo de persoas de CIG-Saúde vimos de entregar no rexistro da Consellería de Traballo 600 sinaturas de celadores e celadoras para insistir na necesidade da cualificación profesional desta categoría, solicitando da Consellería de Traballo, e máis concretamente á Xefa de Servizo de Deseño e Acreditación das Cualificacións, que insistan ao INCUAL para a aceleración deste recoñecemento.

 

Como sabedes, no seu momento, CIG-Saúde fixo alegacións á proposta do INCUAL, que falaba de familia de Servizos Socioculturais e Nivel I, mentres que desde CIG-Saúde solicitábamos o encadramento da categoría de celador/a na familia Sanitaria e no Nivel II. Despois da paralización deste proceso no INCUAL, desde CIG-Saúde puxémonos en contacto coa Consellería de Traballo, solicitando a súa intervención, ao que nos respostaron que trasladaban a nosa proposta ao INCUAL para a súa toma en consideración.

 

O que vimos de facer hoxe é insistir, axuntado as 600 sinaturas que se recolleron a prol da cualificación profesional de celador/a. Agora solicitaremos unha nova reunión coa Consellería de Traballo, para seguir teimando na cuestión. Ata que consigamos que a profesión de celador/a, como profesión necesaria que é, sexa unha profesión cualificada.

 

Libro CELADORES/AS: unha profesión necesaria, unha profesión cualificada. Unha aposta de CIG-Saúde.

 

100_6673

 

 

Alegacións á orde de reavaliación de xefaturas.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Neste enlace pódese descargar o escrito de alegacións que vimos de remitir ao SERGAS sobre o último borrador da Orde de Reavaliación de Xefaturas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto