Noticias Persoal Outras novas
 
 

Escrito dirixido á Sra. Farjas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Piar Farjas Abadía

Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo

MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

 

O pasado 25 de xullo de 2013 publicouse no BOE, na disposición final quinta da disposición que modifica a lei que rexe o uso de medicamentos, unha modificación da Lei  55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Ditas modificacións afectan aos artigos 63 e 65 do E.M.

Segundo se recolle no artigo 11 do Estatuto Marco, no Ministerio de Sanidade está constituído o "Foro Marco para o Diálogo Social", foro que se regula por un regulamento de composición e funcionamento aprobado neste foro negociador.

No texto articulado deste regulamento entre outras competencias están as recollidas no  artigo 11.4 do Estatuto Marco: "negociar os contidos da normativa básica relativa ao persoal estatutario dos servizos de saúde".

A modificación do E.M é unha modificación da normativa básica que debería ser negociada no foro marco.

Os órganos de representación e negociación son os legalmente constituídos segundo a lexislación vixente; Lei Orgánica de Liberdade Sindical, Constitución Española, Estatuto Marco, as negociacións que a Admón faga fóra dos órganos lexitimados para a negociación non poden ser aplicadas mediante decreto e publicadas case ás agochadas no BOE; suplantado a lexitimidade negociadora

Dende CIG-SAÚDE dirixímonos a Vde. para que nos informe de porqué unha reforma da lexislación básica non foi negociada cos representantes sindicais lexitimados para esta negociación segundo a lexislación vixente.

            Agardamos que se nos dea contestación a este tema.

            Un saúdo.

            Compostela, 29 de agosto do 2013.

            Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

            Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

O persoal do SERGAS é persoal funcionario???

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

folleto_horario_vern

Descarga o folleto e difúndeo!

Descarga os modelos de instancia para esixir que se nos aplique o horario de verán, cúbreos e rexistraos:

* Instancia dirixida á Conselleira

* Instancia dirixida a Núñez Feijóo

O artigo en Avantar: A CIG-Saúde pon en marcha unha campaña para reclamar a non discriminación do persoal do SERGAS

Xubilación parcial: tamén aquí o persoal do SERGAS queda á marxe

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado sábado 16 de marzo publicouse no BOE unha nova reforma do goberno Rajoy, o Real Decreto-Lei 5/2013, desta volta endurecendo as posibilidades de xubilación d@s traballador@s.

Dentro destas medidas, recollíase a regulación da xubilación anticipada por vontade da persoa traballadora, poñendo máis trabas para o acceso a ese suposto. Tamén no referente á xubilación parcial, o R. D-L introduce cambios, retrocesos, máis ben, e no seu artigo 8 exceptúanse desta regulación determinados supostos nos que haxa acordo e este acordo estea rexistrado antes do 15 de abril. En base a este artigo 8, na Xunta de Galiza chegouse a un acordo no que respecta ao persoal do V Convenio, polo cal poderán acollerse á xubilación parcial nos termos previstos antes da entrada en vigor do Real Decreto-Lei 5/2013.

Desde CIG-Saúde solicitamos á Administración Sanitaria que se nos aplicara unha medida similar, sobre todo tendo en conta que xa estaba regulada a xubilación parcial no acordo 2008-2012, que foi suspendido pola Conselleira Farjas ao pouco de tomar posesión do cargo no 2009. O único que tería que facer o SERGAS para facer efectivo ese acordo, e que o persoal afectado puidera acceder á xubilación parcial nos termos anteriores ao R. D-L (máis beneficiosos), sería rexistralo antes do 15 de abril, pero, unha vez máis, o SERGAS négase a tomalo en consideración, polo que, outra vez, o persoal do SERGAS fica en clara desvantaxe con respecto ao resto do persoal da administración pública.

A CIG convoca hoxe concentracións nas sete cidades contra estas últimas medidas do goberno, entre elas o R. D-L 5/2013, e engadiremos tamén, esta nova afrenta ao persoal do SERGAS como motivo para mobilizarnos. Motivos hai abondo, non faltedes.

A Coruña, ás 20:00 horas na Subdelegación do Goberno

Compostela ás 20:00 h. na Praza do Toral

Ferrol, ás 19:00 horas na Praza do Concello

Ourense, diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas

Pontevedra, na Praza da Peregrina ás 20.00 horas

Vigo, na farola da Urzaiz ás 20.00 horas

Vilagarcía: ás 20:00 horas, na Praza de Galiza

Lugo: ás 20:00, diante da Subdelegación do Goberno

O SERGAS nega a vixencia dos días adicionais, mais non responde o noso informe xurídico

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na CIG-Saúde seguimos agardando a resposta do SERGAS ao informe xurídico que lle remitimos xa hai unhas semanas, onde explicamos, con argumentación xurídica, que os días adicionais de vacacións continúan vixentes. O SERGAS négase a recoñecer a vixencia deses días, mais só de palabra, porque malia terllo pedido en numerosas ocasións, inda non nos remitiron a resposta por escrito a ese informe xurídico. Haberá que agardar a que se aclare nos tribunais?

CIG-Saúde reclama que se transformen as prazas de clérigos a amortizar en prazas de persoal estatutario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG-Saúde ven de rexistrar un escrito dirixido á Xerenta do SERGAS, Nieves Domínguez Álvarez, esixindo a conversión a prazas de persoal estatutario das 15 prazas de capelán que non están na actualidade cubertas e que, polo tanto, en base á Lei de Orzamentos, deberían amortizar.

Coa política de ausencia de substitucións que leva esta Administración, coa perda de postos de traballo que na CIG-Saúde xa temos denunciado (derivados da inaplicación do Plan Mellora, do Plan de Saúde Mental...), e co necesarias que son as prazas estruturais de persoal estatutario para desenvolver a prestación sanitaria, pensamos que é a medida a adoptar: reconvertir as prazas de clérigos en prazas de persoal estatutario. Veremos se no SERGAS prefiren deixar marchar esas 15 prazas...

capelns

 

Escrito á Xerenta sobre as prazas de capeláns, descargar aquí .

CIG-Saúde denuncia que o persoal do SERGAS sofre máis recortes de dereitos que o do resto da administración pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A administración sanitaria segue a condicionar o salario das traballadoras/es ao aforro dos 15 millóns
.
CIG-Saúde denuncia os recortes de dereitos que están a padecer as traballadoras e traballadores do SERGAS. Recortes que son superiores aos do resto do persoal das administracións públicas e que afectan desde aos permisos para asistencia a consulta médica, até ás baixas por enfermidade, días festivos ou vacacións. Con todo, para a CIG-Saúde é especialmente grave que a administración sanitaria incida na penalización da enfermidade, “máxime cando o persoal pode ser unha vía de contaxio para as/os doentes”.

A CIG-Saúde considera “penoso” que só se relacione boa xestión con recortes na prestación sanitaria, co re-pago e coa perda de dereitos laborais. Alerta ademais de que a consellaría non descarta introducir na sanidade pública criterios de xestión privada. “Cabe lembrarlle que a boa xestión non é pública nin privada”, afirman desde a federación. “A diferenza radica en que para facer unha xestión eficiente e eficaz hai que ter xestoras/es que crean na sanidade pública e que esta non se utilice para beneficio propio, nin para beneficio doutros/as que non sexa a poboación usuaria do servizo”.

Permisos, licenzas e baixas por Incapacidade Temporal

CIG-Saúde subliña as diferenzas existentes entre o persoal estatutario do Sergas e o persoal funcionario da función pública. Mentres que para este último quedan reguladas as súas condicións laborais nunha resolución publicada no DOG do 20 de marzo de 2012, para o do Sergas remitíronse unhas instrucións para que cada xerencia as aplique como entenda, o que provoca disparidade de criterios entre unhas e outras.

Desde a federación explican que casualmente o mesmo día que saía esa publicación no DOG, representantes sindicais do persoal do Sergas se reunía coa administración para falar dos recortes de dereitos propostos pola administración sanitaria. CIG-Saúde presentaba toda unha serie de alegacións que non foron sequera tomadas en consideración.

A consecuencia é que mentres no DOG se regula para o persoal de función pública, respecto das vacacións, o goce dos 22 días hábiles, isto nin sequera se recolle nas instrucións remitidas as xerencias.

O único que se permite é solicitar por días soltos 6 días de vacacións, pero non estabelecen a equivalencia para as persoas que o soliciten en quendas superiores a 7 horas. A modo de exemplo, desde a CIG-Saúde explica que se se solicita unha noite con cargo ás vacacións, descóntanse 2 días, non 1,5, polo que se perde medio día de vacacións.

Sobre isto, nas alegacións presentadas pola federación de Saúde da CIG, reclamábase que se fixera unha adaptación aos horarios especiais en quendas de 12, 17, ou 24 horas e xornadas de noite, alén de demandar que se especificara se se trata de días naturais ou días hábiles.

A CIG-Saúde tamén defendeu e defende a vixencia dos días adicionais (de vacacións) por antigüidade, que están a ser denegados, polo que a federación xa anunciou que levará este asunto aos xulgados.

Nas instrucións tamén se especifica que o goce das vacacións ha ser antes do mes de decembro. Unha limitación que a CIG considera que non ten amparo legal e que así fixo constar nas alegacións, sen que fora considera pola administración sanitaria.

Asistencia a consulta médica

A este respecto as instrucións permiten que cada xerencia sanitaria conceda o que considere oportuno, provocando que haxa disparidade de criterios entre unhas e outras. Porén, se hai que cubrir a ausencia non se concede, posto que orixina gasto. Mentres isto se aplica ao persoal estatutario do Sergas, o persoal funcionario, tal e como figura no DOG, ten dereito a permisos para revisións médicas propias ademais dos xa recollidos para fillas/os e mesmo de familiares até 2º grao.

Sobre isto, a CIG reclamaba o tempo necesario para acudir a unha cita médica para consultas no propio centro, non sendo en casos de probas diagnósticas que precisen preparación. Nese caso, solicitaba que se concedera a xornada completa e mesmo a xornada previa se fose necesario. O mesmo que se a consulta fose noutro centro sanitario. A federación mesmo estabelecía a condición de que se xustificase coa citación e se solicitase o permiso o antes posíbel, agás no caso de atención urxente, para o que a xustificación sería documental. Obviamente, tampouco se tivo en conta esta alegación.

Permiso para o cumprimento de deber inescusábel

Mentres que para o persoal da función pública se consideran permisos para o cumprimento de deber inescusábel os relacionados coa conciliación familiar do/a titular do dereito, no caso do persoal estatutario só se concede para aquelas cuestións nas que, de non comparecer, poidan ter responsabilidades penais ou civís.

Incapacidade temporal

O persoal funcionario ten recoñecido no DOG o dereito a ausencia por enfermidade de até catro días ao longo do ano natural, dos cales tres poderán ter lugar en días consecutivos. Os tres primeiros días pódense xustificar mediante xustificante médico e non provocan redución salarial.

Fronte a isto, para o persoal estatutario do Sergas non hai regulación e tampouco hai dereito a días de ausencia por enfermidade que non xere Incapacidade Temporal. E non só iso, aplícase ademais un desconto do 50% desde o primeiro día de ausencia.

Días de especial significación: 24 e 31 de decembro

Para o persoal da función pública o 24 e 31 de decembro terán consideración de días festivos. Para o do Sergas non. Ante isto, a CIG propón que teñan a consideración de festivos recuperábeis para gozar noutra data, cuestión que obviamente non se tivo en consideración.

A noticia en Avantar

Comparativa: o SERGAS recórtanos dereitos en relación ao resto de traballadores/as de Función Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS SEGUE A CONDICIONAR O SALARIO DO PERSOAL AO AFORRO DOS 15 MILLÓNS, E COMO ANTICIPO RECÓRTANOS DEREITOS EN RELACIÓN AO RESTO DE TRABALLADORAS/ES DA FUNCIÓN PÚBLICA.

AQUÍ ESTÁN AS DIREFENCIAS, ENTRE OUTRAS...

comparativo

 

·       Mentres as Administracións central e autonómica amosan unha especial sensibilidade no referente á saúde das/os súas/seus traballadoras/es, o SERGAS, Administración sanitaria, incide na penalización da enfermidade do seu persoal, cousa bastante grave, máxime cando o persoal pode ser unha vía de contaxio para as/os doentes.

QUE NON NOS SIGAN ENGANANDO. NON TEMOS PORQUÉ PAGAR

A INCOMPETENCIA DESTES/AS XESTORES/AS.

·       A Conselleira di que non descarta introducir na sanidade pública criterios de xestión privada. Cabe lembrarlle que a boa xestión non é pública nin privada. A diferenza radica en que para facer unha xestión eficiente e eficaz hai que ter xestoras/es que crean na sanidade pública, e que esta non se utilice para beneficio persoal e de futuro, nin para beneficio propio, nin para beneficio doutros/as que non sexa a poboación usuaria do servizo.

·       É penoso que só relacionen boa xestión con recortes de prestación sanitaria, co re-pago, coa perda de dereitos laborais. Iso é para este goberno a boa xestión???

A CIG-SAÚDE vai reclamar nos xulgados a vixencia dos días adicionais de vacacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Como xa anunciamos no seu día, os Días Adicionais de Vacacións seguen vixentes, posto que o artigo 75 da Lei de Función Pública de Galiza así o recolle, e non foi derrogado.

O SERGAS négase a recoñecer a vixencia destes días. Desde a CIG-Saúde remitimos a Recursos Humanos o informe da nosa asesoría xurídica que explicita a argumentación da vixencia desta norma, solicitando, esixindo, unha resposta por escrito, motivada, na que se explique a negativa a conceder os días adicionais de vacacións. Se tan segur@s están de que están derrogados, que o poñan por escrito. A qué teñen medo?

Posto que o SERGAS non recoñece a vixencia, na CIG-Saúde decidimos acudir aos tribunais para facer valer a legalidade e poder acadar que todo o persoal do SERGAS que teña dereito a estes días por antigüidade poida gozalos con normalidade.

En vista das modificacións impostas ultimamente polo Ministro Gallardón con respecto ás taxas xudiciais, acudir aos xulgados tórnase prohibitivo, motivo polo cal a CIG-Saúde decidiu facer dúas reclamacións de 2 afiliad@s que, de recoñecer o xulgado na súa sentenza a vixencia dos días adicionais de vacacións, tal e como a CIG-Saúde mantén, sería extensible ao resto de persoal.

A recomendación que facemos na CIG-Saúde ao persoal afectado é a de agardar o resultado da nosa reclamación. Porén, as persoas que solicitaran días adicionais de vacacións e lles foran denegados están igualmente no seu dereito de reclamar xudicialmente, asumindo os custes das taxas. Mais tamén é importante que as persoas que non vaian chegar ao xulgado non fagan a reclamación previa e o recurso de alzada, posto que unha negativa en vía administrativa pode supor a perda do dereito de haber algún cambio posterior na regulación.

 Seguiremos informando…

Descarga e difunde!


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto