Noticias Persoal Outras novas
 
 

XORNADA DE DEITADAS NOS CENTROS SANITARIOS DO SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

10411443_10204208753768275_7001001031032312970_n

Un día máis o persoal do SERGAS se concentrou nos seus Centros Sanitarios en protesto polo peche masivo de camas para o verán. Esta xeira de mobilizacións rematará o día 3 cunha deitada diante do SERGAS en Compostela mentres se desenvolve a Mesa Sectorial, na que se tratarán temas que afectan directamente ao persoal.

Informaremos adecuadamente desta convocatoria

 

A Secretaría da Muller denuncia que dereito a decidir das mulleres sexa aínda un dereito pendente de construción

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

28 de maio: Día de Acción Mundial pola Saúde da Muller, Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos

Pancarta Dereito A Decidir

Ante a conmemoración o 28 de maio do Día de Acción Mundial pola Saúde da Muller, Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos, a Secretaría das Mulleres da CIG reclama o dereito a decidir das mulleres por seren dereitos humanos pendentes aínda da súa construción.

Desde a Secretaría das Mulleres da CIG denunciamos un ano máis que en pleno século XXI ás mulleres prívasenos dun dereito fundamental, que é o de decidir sobre os nosos corpos, a nosa sexualidade, e a nosa maternidade. O mero feito de primar a decisión doutros, ben sexa o estado, a igrexa, os tribunais, a parella, o pai ou a nai, o persoal médico, é un feito que amosa por si mesmo que ás mulleres se nos exclúe do dereito que como cidadás temos, dereitos humanos universais que son o dereito da sexualidade, a reprodución e do corpo.

As mulleres da CIG exiximos o noso dereito a tomar decisións autónomas e informadas, a acceder aos medios e métodos que aseguren a nosa saúde sexual e reprodutiva. So nós ás que nos compete elixir a nosa orientación e actividade sexual, sobre o número de fillas e fillos a ter e o seu intervalo. E temos dereito a non sufrir violencia ni tratos inhumanos ou degradantes no ámbito sexual e reprodutivo.

Denunciamos un sistema patriarcal que segue empeñado en relegar ao espazo privado a sexualidade e a reprodución, e a imposibilitar unha educación sexual temperá, ausente de roles de xénero e de estereotipos moralistas, sempre dirixida á heterosexualidade, ás persoas que manteñen relacións estábeis, sen ter en conta a diversidade.  Cando debería inculcar durante os anos formativos unha conduta sexual responsábel, sensibilidade e equidade nas relacións entre os sexos.

O marco xurídico e político a nivel internacional recoñece que os dereitos sexuais e reprodutivos son dereitos humanos que os poderes públicos teñen a obriga de recoñecer, promover e garantir, tal e como recolle a actual Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, a cal ademais  introduciu un cambio fundamental para as mulleres, ao ficar a  interrupción voluntaria do embarazo fóra do Código Penal.

O goberno do Partido Popular pretende coartar os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. En Galiza boicoteou a posta en marcha da Lei, reforzando a entidades antiabortistas e ultradereitistas mentres acometeu un recorte sen precedentes en materia de igualdade e servizos públicos e de atención ás mulleres.

O desmantelamento do sistema sanitario público (recortes, copagamentos, privatizacións) repercute dobremente nas mulleres, prexudicadas tanto nas medidas aplicadas con carácter xenérico a todas as persoas usuarias, como pola cancelación de programas concretos dirixidos ás mulleres, que mellorarían a súa calidade de vida.

A reforma da lei do aborto vai encamiñada a  criminalizar de novo a interrupción voluntaria do embarazo e reducir o acceso a métodos anticonceptivos e a servizos de educación e saúde sexual e reprodutiva. Prima o dereito a decidir do estado, da igrexa, do persoal médico ao da propia muller embarazada. Non só supón un ataque frontal á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, senón sobre o seu dereito a tomar decisións libres e autónomas sobre ás súas vidas e corpos. 

Neste 28 de maio, Día de Acción Mundial pola Saúde da Muller, Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos, a Secretaría da Muller demanda da Xunta de Galiza:

-    Que poña en marcha as medidas que sexan precisas para garantir que en toda a rede pública sanitaria galega realicen interrupcións voluntarias do embarazo

-    Que a información que reciban as mulleres previa á manifestación do seu consentimento non proveña dunha entidade antiabortista como Red Madre, senón dos propios servizos de saúde

-    Que se humanice, dote de medios e garantice un parto respectado na sanidade pública, así como o acceso ás técnicas de reprodución asistida ás que desexen ser nais (con independencia de se teñen parella ou da súa orientación sexual) na rede pública de saúde.

-     Rematar coa obxección de  conciencia na Sanidade Pública.

-     A educación sexual e reprodutiva, que teña en conta a diversidade afectivo/sexual, debe  formar parte do currículo académico desde o ensino medio.

-    Realizar periodicamente campañas formativas e informativas sobre métodos anticonceptivos nos centros de ensino superior e universitario. 

-    Que poña fin ao desmantelamento dos COF (Centros de Orientación Familiar) de Galiza, mantendo os centros, reforzando o seu persoal, xunto co desenvolvemento do Programa de Saúde da Muller en Galiza.

ManiFestaAcción o 15 de xuño

A CIG, como organización integrante da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, fai un chamamento á poboación para que arroupe a manifestación nacional que terá lugar o domingo 15 de xuño ás 12 horas desde a Estación do Tren de Vigo, e a que participe nas actividades programadas durante toda a xornada na Romaría Lila de Vigo, POLO NOSO DEREITO A DECIDIR SOBRE OS NOSOS CORPOS.

Manifestación

•    11:30 Concentración na Estación de Tren

•    12:00 Manifestación que terá o seguinte percorrido: Areal > Concepción Areal > Montero Ríos > Cánovas del Castillo > Carral > Bamboa > Gamboa > Oliva > Palma> Triunfo > Praza da Constitución > Praza do Sereo.

•    13:00 Lectura do manifesto na Praza do Sereo.

•    13:30 Asemblea aberta.

Festa

•    14:30 Xantar colectivo na Praza do Pobo Galego onde haberá tallos para xantar, e un espazo para o descanso.

•    15:30: No escenario da Praza do Sereo comezarán as actuacións e contaremos con música até as 18:00 horas. Xa está confirma a participación de:

o    Isabel Risco como mestra de cerimonias

o    Habelas Hainas

o    Sacha na Horta

Romaría Lilá

•    13:00 Abriranse as mesas con materiais feministas, de venda de artesanía, libros, comida e bebida. As mesas estarán colocadas desde a Rúa do Príncipe até a Praza do Pobo, ao carón da rúa Doutor Cadaval (detrás da Praza do Sereo).

Máis info na web da Plataforma http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

Xornada en vigor para o 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS ven de enviarnos a táboa de xornada en vigor para este ano 2014, a falta de que se adapte se chega a entrar en vigor o anuncio feito polo Ministro de Facenda da recuperación doutro dos LD que nos foron roubados no seu momento. Este documento que o SERGAS remite (e que se pode descargar aquí ) recolle a táboa de xornada e fórmulas de cómputo de xornada para o ano 2014, e sempre que non se modifique posteriormente, de haber cambios na lexislación correspondente. Tamén se especifica:

"Esta instrución, ditada en aplicación do disposto na lexislación básica estatal, deixa sen efecto as instrucións emitidas con anterioridade por este centro directivo sobre a mesma materia, nomeadamente a instrución primeira das asinadas coa data do 29 de xullo de 2013.

Polo  que  atinxe  á instrución  segunda  da  referida  data,  permanece vixente,  ben que supeditada  ao mantemento, por norma con rango de lei, de que o número de días do que os empregados  públicos  poidan  gozar  por asuntos  particulares  ao longo de cada ano fique  reducido a catro días."

O Contencioso-Administrativo recoñece o dereito do persoal estatutario a cobrar a paga extraordinaria de 2012

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Área Pública da CIG demanda da Xunta a reposición inmediata “dos salarios roubados indebidamente aos/ás traballadores/as”
.
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF compareceron este venres en rolda de prensa para valorar a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña, que vén recoñecer o dereito das empregadas e dos empregados públicos a cobrar a paga extra de 2012, que fora negada pola Administración Autonómica en suposta aplicación da normativa estatal de recortes dos dereitos laborais do persoal ao servizo das administracións.
14-01-24 RP Sentenza Paga Extra

A modificación estatal foi introducida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que reforma o artigo 50 do Estatuto Básico do Empregado Público. Este decreto é o mesmo que suprimiu, entre outros, os días de antigüidade  e os días de asuntos propios, deixando, ademais, sen efecto todos os acordos sindicais adoptados ata ese momento.

Esta, a do xulgado da Coruña, é a primeira das sentenzas que irán aparecendo ao longo da xeografía galega xa que se corresponde cunha serie de demandas interpostas en diferentes localidades dentro dunha acción concertada entre as catro centrais sindicais con presenza na Mesa Xeral de Negociación, encamiñada a exercer a defensa do funcionariado, que é un sector da poboación laboral que non pode interpor conflitos colectivos, dadas as peculiaridades que rexen o seu sistema de relacións laborais.

Estas demandas foron feitas a modo de sondaxe en todos os ámbitos do funcionariado: persoal estatutario do Sergas, Ensino, Administración xeral, etc.. “Acordamos esta forma de presentar estas demandas individuais porque, a diferencia do que sucede no ámbito do persoal laboral, no funcionariado non existe a posibilidade de formular un conflicto colectivo, o que obriga a interpoñer reclamacións individuais”, explicou na rolda de prensa a voceira da Área Pública da CIG, Maricarme López Santamariña.

Imposibilidade de aplicar a lei con carácter retroactivo

A sentenza recoñece que a aplicación da Lei 20/2012 non pode ser feita con carácter retroactivo, xa que son dereitos adquiridos antes da posta en vigor da mesma. A lei entrou en vigor o 15-07-2012 co que se recoñece que para o persoal da sanidade pública non procede aplicarse retroactivamente dende o 01-06-12 até o 14-07-12. Sendo este o período que a Xunta de Galiza estaba obrigada a facer pagamento.

“Á espera de que vaian saindo máis sentenzas favorábeis, esta primeira resolución supón o recoñecemento para 90.000 funcionarios e funcionarias de distintos sectores, así como persoal estatutarios, da Xunta de Galicia de que non se poide aplicar retroactividade, e so é efectiva a aplicación da Lei a partir do 15-07-2012”, apunta López Santamariña.

Dende a Área Pública da CIG demandouse da Xunta de Galiza “cordura e sentido común”, e que proceda a cumprir a multitude de sentenzas que se teñen gañado “sobre o roubo da paga extra do ano 2012 as e os traballadores cuxos salarios dependen directa ou indirectamente dos presupostos da Xunta”.

Igualmente, a CIG denuncia “o malgasto que está a facer a Xunta de Galiza e o conxunto das Administracións dos fondos públicos”, xa que como a sentenza imponlle á Xunta de Galicia as costas do xuízo , que valora en 400 euros.

“Esiximos que non se dilapiden cartos públicos, obrigando o funcionariado e persoal laboral a presentar nos xulgados reclamacións indivuduais, polos custes xudiciais que isto terá e os colapsos dos ámbitos xudiciais, e que con  boa vontade proceda a recoñecer este dereito, que está sendo sentenciado polos xulgados de forma firme e contra a que non cabe interpoñer recurso”, advertiron.

Paralelamente, CIG, CCOO,UGT e CSI-F dirixíronse este mesmo venres  á Conselleira de Facenda, solicitando entrevista urxente “para que nos explique que vai a facer a Xunta. Recordamos que xa tiñamos pedido hai meses entrevista co Director Xeral de Función Pública, á que non nos contestou nunca. No día de hoxe só nos vale como interlocutora a Conselleira de Facenda”, aseverou López Santamariña durante a comparecencia.

Críticas ao oportunismo

CIG-Área Pública tamén quere facer denuncia pública e considera que o vantaxismo e oportunismo que  algún/s sindicato/s  fan coas sentenzas que están a saír nos distintos xulgados sobre as demandas das pagas extras do ano 2012, “só demostra a pouca solidariedade e o afán de protagonismo que teñen, xa que estas accións xurídicas foron acordadas conxuntamente polas centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF no ámbito da Función Pública”.

Con carácter xeral, e para evitar farragosos trámites e gastos, a CIG vai a desenvolver todas as accións ao seu alcance para conseguir o recoñecemento do dereito a cobrar unha paga extra que, como calquera outro concepto salarial, é froito do traballo e esforzo de todos e cada un dos traballadores e traballadoras do sector público.

A nova en Avantar

Días Adicionais de Vacacións: o xulgado danos a razón

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No seu momento a CIG-Saúde informou ao persoal do SERGAS da vixencia dos Días Adicionais de Vacacións, remitindo un informe da nosa Asesoría Xurídica ao SERGAS e exixindo a reposición dos Días Adicionais retirados. Desde o SERGAS, lonxe de recoñecer que era así, responderon naquel intre, e coma sempre, con fachenda, alegando que foran derrogados pola aplicación do RD Lei 20/2012 e que iso o vía calquera "porque é de manual de primeiro de carreira". Pois ben, parece ser que hai avogad@s cuxo manual de primeiro de carreira é distinto dos que empregaron @s directiv@s de RRHH do SERGAS, xa que unha avogada da CIG ven de acadar no xulgado unha sentenza que recoñece a vixencia destes Días Adicionais.

O que é máis, reiteradamente desde a CIG-Saúde pedimos, exiximos mesmo na Mesa Sectorial, que se nos dera resposta tamén xurídica ao informe xurídico enviado, mais esa resposta nunca chegou.

No seu momento publicamos este CIG-Informa onde explicabamos que iamos reclamar no xulgado a vixencia dos Días Adicionais de Vacacións. Este era o texto ao que demos difusión daquela:

Como xa anunciamos no seu día, os Días Adicionais de Vacacións seguen vixentes, posto que o artigo 75 da Lei de Función Pública de Galiza así o recolle, e non foi derrogado.

O SERGAS négase a recoñecer a vixencia destes días. Desde a CIG-Saúde remitimos a Recursos Humanos o informe da nosa asesoría xurídica que explicita a argumentación da vixencia desta norma, solicitando, esixindo, unha resposta por escrito, motivada, na que se explique a negativa a conceder os días adicionais de vacacións. Se tan segur@s están de que están derrogados, que o poñan por escrito. A qué teñen medo?

Posto que o SERGAS non recoñece a vixencia, na CIG-Saúde decidimos acudir aos tribunais para facer valer a legalidade e poder acadar que todo o persoal do SERGAS que teña dereito a estes días por antigüidade poida gozalos con normalidade.

En vista das modificacións impostas ultimamente polo Ministro Gallardón con respecto ás taxas xudiciais, acudir aos xulgados tórnase prohibitivo, motivo polo cal a CIG-Saúde decidiu facer dúas reclamacións de 2 afiliad@s que, de recoñecer o xulgado na súa sentenza a vixencia dos días adicionais de vacacións, tal e como a CIG-Saúde mantén, sería extensible ao resto de persoal.

A recomendación que facemos na CIG-Saúde ao persoal afectado é a de agardar o resultado da nosa reclamación. Porén, as persoas que solicitaran días adicionais de vacacións e lles foran denegados están igualmente no seu dereito de reclamar xudicialmente, asumindo os custes das taxas. Mais tamén é importante que as persoas que non vaian chegar ao xulgado non fagan a reclamación previa e o recurso de alzada, posto que unha negativa en vía administrativa pode supor a perda do dereito de haber algún cambio posterior na regulación.


E o xulgado acaba de darnos a razón, tal e como se recolle en Avantar:

xustizaO Xulgado número 1 do Contencioso-Administrativo de Ferrol vén de ditar unha sentenza recoñecendo o dereito dos empregados/as públicos/as aos días de vacacións por antigüidade que están recollidos no artigo 75.2 da Lei da Función Pública de Galiza e que foron negados pola Administración Autonómica en suposta aplicación da normativa estatal de recortes dos dereitos laborais das empregadas e empregados públicos.
A modificación estatal foi introducida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que reformaba o artigo 50 do Estatuto Básico do Empregado Público. Este decreto, subliñan dende a CIG-Administración de Ferrol, é o mesmo que suprimiu a paga extraordinaria de decembro de 2012 e deixou sen efecto todos os acordos sindicais adoptados até ese momento.

A xuíza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol da a razón ao compañeiro da CIG, que interpuxo a demanda entendendo que o artigo 75.2 da Lei da Función Pública de Galiza segue a estar en vigor. O contido textual dese apartado da Lei é o seguinte:

"2. Así mesmo, (o persoal funcionario) terá dereito a un día hábil adicional ao cumprir quince anos de servizo, ao que lle engadirá un día hábil máis ao cumprir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servizo, respectivamente, ata un total de vinte e seis días hábiles por ano natural.

Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao do cumprimento dos anos de servizo sinalados no parágrafo anterior".

A sentenza de Ferrol é a primeira sentenzas sobre esta cuestión, mais non se descarta que vaian aparecendo outras similares ao longo de todo o país. Neste senso, hai que lembrar que o persoal funcionario é un sector da poboación laboral que non pode interpor conflitos colectivos, dadas as peculiaridades que rexen o seu sistema de relacións laborais.

 

Esta sentenza non é firme, pero recoñece claramente algo que nós xa anunciabamos naquel momento. É moi probábel que a Administración recorra esta sentenza, mais desde a CIG-Saúde exiximos a súa inmediata aplicación, repoñendo os Días Adicionais de Vacacións a todo o persoal que dispoñía deles.

Permiso de lactación: recoñecerá agora o SERGAS o permiso que corresponde?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A pasada semana Función Pública emitiu, previa consulta ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, un documento de interpretación sobre a aplicación do permiso de lactación, que recoñece que "o permiso de lactación pode ser exercido indistintamente polo funcionario ou pola funcionaria, con independencia de que o outro proxenitor traballe ou non. Non obstante, só poderá ser exercido por un dos proxenitores no caso de que ambos traballen."

Así, desde a CIG-Saúde agardamos que agora o SERGAS pase a recoñecer o permiso tal e como se recolle neste documento, que fai referencia ao que se estipula no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei de Función Pública de Galiza e á aplicación correspondente a este permiso, e deixe de poñer atrancos ao goce dos permisos por parte da persoa que tén dereito aos mesmos.

O SERGAS, nunha interpretación sesgada e retorcida, negaba o dereito ao permiso de lactación ás persoas cuxa parella (ou o outro proxenitor) non traballaba, constatándose deste xeito unha discriminación evidente que, como ben se reflicte agora no documento emitido por Función Pública, non se recolle no EBEP nin la Lei de Función Pública, nin na interpretación que desde o Ministerio de Administracións Públicas fan destas disposicións. A CIG-Saúde en diversas ocasións tense dirixido ao SERGAS para esixir a concesión deste permiso a persoas que se viron na obriga de reclamar, mesmo xudicialmente, e ás que agardamos que agora se lles recoñezan os seus dereitos, e se lles conceda o permiso sen máis atrancos.

_______________________

Actualización 16 de setembro: pois si, parece que caeron da burra. O SERGAS ven de emitir este escrito de criterios para o goce do permiso de lactación, nos que se recolle, por fin, que o permiso será concedido independentemente de se o outro proxenitor traballa ou non. Non era sen tempo.

Orzamentos 2014: NON á taxa de reposición. Convocatoria de OPE e traslados para todas as categorías co 100% de prazas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado día 2 de agosto de 2013, o Parlamento de Galiza, cos votos do PP, aprobou o teito de gasto dos orzamento para o ano 2014. Este teito de gasto supón un descenso do 0.3% en comparación co do ano 2013, o cal quere dicir que os orzamentos do ano 2014 veranse minguados nunha contía aproximada de 25 millóns de €.

fotosergasDe onde pensa sacar o goberno do PP este 25 millóns? Utilizará intelixentemente a acción de goberno para combater a fraude fiscal? Deixará de medrar a Administración paralela? Reducirá os postos de libre designación? Ou pola contra estará pensando en meter unha vez máis a man nos salarios das/os empregadas/os públicos?

Desde CIG-SAÚDE queremos lembrarlle a este goberno, e nomeadamente a Conselleira de Sanidade, que desde a súa toma de posesión as/os traballadoras/es do SERGAS vimos como ano tras ano o noso salario sufría recortes de máis do 15% pola paralización do aboamento suba do IPC, a isto hai que sumarlle a perda salarial pola conxelación do acordo retributivo 2008/12, a redución dos salarios establecida polos gobernos de Madrid, máis a suspensión do complemento específico das pagas extras.

CIG-SAÚDE esixe ao goberno do PP que os orzamentos do 2014 recollan, cando menos, as nosas retribución íntegras, incluídas as pagas extras completas. Non renunciamos á recuperación dos salarios roubados.

CIG-SAÚDE esixe que nos orzamentos do 2014 non se recolla ningunha taxa de reposición. Temos que recuperar a cobertura do 100% das prazas vacantes que se produzan non SERGAS.

Agardamos que estas medidas sexan recollidas nos orzamentos 2014, xa que os devanditos orzamentos deberán ir dirixidos a un bo facer do goberno galego, e non a contentar aos seus acólitos esperando ser recompensados no futuro.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto