Noticias Persoal Outras novas
 
 

Recuperemos o emprego no SERGAS!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

campaa_emprego


AS POLITICAS NEOLIBERAIS DO PARTIDO POPULAR ESTÁN A PROVOCAR DESTRUCIÓN DO EMPREGO PÚBLICO:


NECESITAMOS POLÍTICAS SANITARIAS ENCAMIÑADAS A DEFENDER O SISTEMA PÚBLICO E O SEU PERSOAL.
CIG-SAÚDE DEFENDE:

→ A concepción ideolóxica do sistema sanitario está encamiñada ás privatizacións, eliminando postos de traballo.

# Que revertan ao SERGAS todos os servizos privatizados.

→ Ano tras ano reducen o orzamento destinado a sanidade, impedindo a contratación de persoal.

# Que se incremente o orzamento destinado a sanidade, que permita a cobertura do 100% das ausencias do persoal.

→ Impoñen unha taxa de reposición do 10%, amortizando prazas e non repoñendo o 100% das prazas vacantes.

# Eliminar do sistema a taxa de reposición, recuperar a reposición de todas as prazas vacantes e a creación das novas prazas necesarias.

→ Pechan camas durante o verán e tamén o resto do ano, obrigando ao persoal fixo e contratado a cubrir ausencias de compañeiras/os.

# Cobertura do 100% das prazas vacantes, e con posterioridade que estas se convoquen a OPE e a traslados.

→ Permiten e fomentan a realización de horas extra ou de xornada complementaria.

# Unha persoa = un único posto de traballo. Eliminar as horas extra e a xornada complementaria. Hai moito persoal en paro para facer esas horas.

→ Lexislan unha Orde de vínculos que facilita as irregularidades nos contratos.

# Negociación dunha Orde de vínculos que elimine as irregularidades.

Non podemos confundir o pacto de contratacións coa xeración de emprego e contratos. O pacto de contratacións valora méritos e ordena os chamamentos que hai, mais a política de contratación (cantidade e calidade) é cousa da Consellería.

Non depende do pacto de contratacións o número ou a calidade dos contratos, xa que dependen da política sanitaria do PP.  O único elemento que se pode recuperar coa denuncia do pacto é a restauración do período dos 3 meses de descanso, mais para isto é necesaria a unanimidade sindical, e só a CIG e outro sindicato demandabamos na negociación do pacto que se mantivera este descanso.

  Non imos consentir que liquiden o Sistema Sanitario Público en beneficio da privada. Defendamos o noso emprego.


Descarga e difunde! 

Mobilidade interna TCAE Ferrol

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada a convocatoria de mobilidade interna para Técnicos/as Auxiliares de Coidados de Enfermaría na Área de Ferrol:

  • Mobilidade Interna Ferrol. ANUNCIO do 2 de xullo de 2014 polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 1 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría desta xestión integrada. Descargar PDF

Mobilidade Interna Hospital da Barbanza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada a convocatoria de mobilidade interna no Hospital da Barbanza:

  • Mobilidade Interna Barbanza. RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a convocatoria do procedemento de mobilidade voluntaria nas categorías do persoal sanitario diplomado e de formación profesional do persoal fixo no cadro de persoal do Hospital da Barbanza. Descargar PDF

Mobilidade Interna Hospital do Salnés

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG resolución que anuncia a convocatoria do proceso de mobilidade interna no Hospital do Salnés:

  • Mobilidade interna Hospital do Salnés. ANUNCIO do 8 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria para persoal fixo de diversas categorías do Hospital do Salnés. Descargar PDF

Mobilidade Interna Hospital Comarcal Valdeorras

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dogPublícase hoxe no DOG a resolución que abre o proceso de mobilidade interna no Hospital Comarcal Valdeorras:

  • Mobilidade interna O Barco: RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a convocatoria do concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondente ás categorías de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Hospital Comarcal de Valdeorras. Descargar PDF

Auxiliares de Psiquiatría: unha fonte de coñecemento e experiencia profesional na atención ás/aos doentes de Saúde Mental

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

datos-sobre-el-cerebroNo ano 1996 publicase o Decreto 447/96 de Integración no Réxime Estatutario do Persoal das Corporacións Locais, despois dunha negociación na Mesa Sectorial apoiada por todas as organizacións sindicais .

Tanto no Decreto como na Orde de Integración a Administración sanitaria e as organizacións sindicais, puxemos en valor o traballo do colectivo das/os Auxiliares de Psiquiatría, e o seu papel nos coidados dos/as doentes de saúde mental.

Para isto, creouse un posto específico de “Técnicos/as en Coidados Auxiliares de Enfermaría en Funcións de Saúde Mental” e así aparece na orde de confección de nóminas da Xunta de Galiza.

Agora as xerencias, avaladas polo SERGAS, non respectan os acordos de Mesa Sectorial, nin a súa normativa, e mobilizan a este persoal a unidades de hospitalización: urxencias de adultos...

Para esta Administración a calidade na asistencia a doentes de saúde mental e ao resto de doentes, a experiencia profesional, o respecto aos dereitos laborais, non forma parte da súa programación. A saúde mental é a gran esquecida deste goberno.

Que pretende a Administración? Como a súa intención é seguir pechando unidades de saúde mental, está a iniciar o camiño para trasladar este persoal (Auxiliares de Psiquiatría) forzosamente a outras unidades de hospitalización.

A quen afecta isto? A todo o persoal que ten unha resolución da dirección Xeral de RRHH do SERGAS recoñecéndolle o posto de traballo como Auxiliar en Funcións de Saúde Mental, e que como consecuencia disto percibe as súas retribucións, segundo a Orde de nóminas do persoal da Xunta de Galiza como: S-C2-06 TCO. EN COIDADOS AUX. DE ENFERMARÍA . FUNCIÓNS SAÚDE MENTAL.

Este persoal leva máis de 30 anos prestando servizos nas unidades de saúde mental dos centros hospitalarios procedentes de: Conxo (Santiago), Toén (Ourense), Hospital provincial (Pontevedra) e Hospital Rebullón e Nicolás Peña (Vigo).

Na CIG-SAÚDE non imos consentir este atropelo aos dereitos dos/as doentes e das/os profesionais. Exiximos un respecto absoluto aos acordos asinados na Mesa Sectorial entre a Administración Sanitaria e as organizacións sindicais.


Non lle permitamos ao SERGAS que empeore día a día a calidade asistencial!

Afíliate: con máis CIG ti es máis forte!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A central pon en marcha unha campaña de afiliación para consolidar e ampliar a capacidade de resposta
A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. [DESCARGA ABAIXO A FICHA DE AFILIACIÓN]
ImaxeCampanhaAfiliacionCIG

Faise preciso incrementar a base afiliativa e reforzar a presenza da CIG nos centros de traballo se queremos avanzar cara a nunha saída á crise favorábel para a clase traballadora galega. Sendo máis afiliados e afiliadas na CIG temos máis forza para combater as reformas laborais, os recortes e perdas de dereitos, a destrución de emprego, o empobrecemento dos salarios, o retroceso nas condicións laborais, etc.

Canta máis CIG, canta máis e mellor organización, máis capacidade de organización para loitar, e polo tanto, máis capacidade de camiñar cara a soberanía nacional de Galiza como expresión da consecución dos obxectivos de emancipación da clase obreira galega.

Con esta campaña de afiliación reforzamos a nosa independencia económica como única forma de garantir o proxecto sindical da CIG, que dende o seu nacemento dá unha resposta combativa e representa unha alternativa real ao capitalismo. A independencia económica permitiunos ser o que somos e manter a coherencia na defensa da clase traballadora galega. 

Servizos de apoio á acción sindical 

Para apoio da nosa acción sindical e para unha mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega, creamos todo un conxunto de servizos e mecanismos que podemos resumir nos seguintes:

-O departamento de servizos xurídicos, que cobre todo tipo de asesoramento e defensa en casos de despedimentos, reclamación de cantidades, vacacións, xornada laboral, pensións, prestacións por desemprego, etc, sendo totalmente gratuíto este servizo a partir de levar cinco anos afiliado/a. 

-Os departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade, que cobren todo tipo de asesoramento en materia de informes para ERES, descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de igualdade e conciliación, informes sobre novas ordes, decretos ou leis, etc. Totalmente gratuíto.

-O departamento de formación profesional, que a través dun convenio coa fundación FORGA leva anos impartindo cursos de formación, nos nosos propios centros, nos que se formaron miles de traballadores/as, con fondos públicos e de forma totalmente gratuíta.

-O Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG, creado nos últimos tempos coas achegas solidarias da afiliación para dar apoio a todos aqueles afiliados/as que como consecuencia da crise teñen dificultades para poder cubrir as necesidades máis básicas de alimentación. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de axuda á afiliación. 

-A Caixa de Resistencia, de apoio en caso de folga, posibilitando que os afiliados/as, que levan máis de tres meses de afiliación á central sindical, poidan cobrar até o equivalente do salario mínimo interprofesional, a partir do cuarto día de folga, este incluído, compensando así unha parte importante do salario perdido como consecuencia da folga. Este mecanismo tenlle servido até hoxe a moitos compañeiros/as afiliados/as para aguantaren a folga na súa empresa e permitirlle así gañar o conflito fronte á patronal. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de apoio á afiliación. 

Para informarte e afiliarte 

-Ponte en contacto coa representación sindical da CIG na túa empresa.

-Chama por teléfono ou envía un correo electrónico ao local da CIG máis próximo ao teu enderezo.

-Descarga a folla de afiliación da páxina web da CIG, cúbrea e envíaa ao local da CIG ou entrégalla á representación sindical da CIG no teu centro de traballo.

Documentos
Descarga a ficha de afiliación
Tríptico informativo da campaña

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto