Noticias Persoal Traslados
 
 

Nova corrección de erros de traslados, e van 2

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Envíanos o SERGAS unha nova corrección de erros sobre a resolución de traslados que parece ser que será publicada o vindeiro día 9, no canto do día 6 como estaba anunciado. Desde o SERGAS comunican que agardan que sexa a versión definitiva.

 

Podedes vela aqui .

Corrección de Erros Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Vimos de recibir comunicación de que a corrección de erros que estaba pendente con respecto aos traslados será publicada no DOG o vindeiro venres, 6 de agosto. Non  indican qué correccións van incluir na resolución, polo que haberá que agardar á publicación para sabelo.

 

Actualización: finalmente si que foi enviado o documento de corrección de erros. Podedes descargalo aqui .

Aviso sobre a convocatoria de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CONCURSO DE TRASLADOS.


Onte comentámoslle ao SERGAS que no borrador do concurso de traslados faltaban prazas que si se recollían nos documentos anteriores, hoxe volvimos falar con eles e dixéronnos que están a preparar unha corrección de erros; estade, pois, atent@s.

Convocatoria de Traslados o vindeiro 28 de xullo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS pulicará os traslados en DOG, previsiblemente, o vindeiro día 28 de xullo. Cabe destacar que o prazo de solicitudes estará aberto ata o 15 de setembro.

 

Resolución da convocatoria, enviada a DOG, do concurso de traslados coas prazas ofertadas e as resultas

 

 

Adxudicación prazas traslados FEAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS comunícanos que van proceder hoxe a publicar na web do SERGAS os listados de adxudicación de prazas de traslado de FEAS.

 

Esta é a mensaxe recibida:

 

Bos días: na mañá de hoxe será publicada na páxina web do organismo a baremación definitiva, coa adxudicación definitiva de destinos, do concurso de traslados de persoal facultativo.

 

Nos primeiros dáis do mes de xullo será publicada no DOG a correspondente resolución na que se especificarán os prazos de toma de posesión.

 

Nas seguintes categorías non existen aspirantes:

 

Anxioloxía

Cirurxía cardiovascular

Cirurxía oral

Oncoloxía radioterápica

Xeriatría

Medicina do Traballo.


Resumo Reunión Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta ligazón podedes atopar as prazas a traslados que entregou o SERGAS na reunión do pasado venres, e que están pendentes dalgunha variación que poida xurdir despois das alegacións das Organizacións Sindicais. En todo caso, as prazas definitivas saberémolas nesta semana que entra.

 

Sobre a reunión do venres podemos comentar:

 

573-37104-a-peluco

ATENCIÓN PRIMARIA

  • O Sergas cambia de opinión e oferta as vacantes de celador ocupadas por interinidades en Atención Primaria (nos PAC) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólog@s son sen incrementar o número total das ofertadas (que ven sendo o mesmo número de prazas ofertadas a OPE), o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que @ interin@ era máis antigu@ por outra que @ interin@ ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de quenda ou para clarexar mellor o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

 

ESPECIALIZADA

 

Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, as alegacións feitas polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO  o mércores.

 


Negociación traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nova convocatoria de mesa negociadora de traslados:

Bos días: pola presente convócase ao representante desa organización sindical a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres, día 18 de xuño, ás 12:00 horas co obxecto de seguir coa negociación do concurso de traslados.

 

Igualmente se solicita que no caso de ter alegacións, sexan enviadas previamente co obxecto de poder proceder ó correspondente estudo previo. Grazas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto