Noticias Persoal Traslados
 
 

Concurso de Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos do SERGAS a seguinte información referida ao concurso de traslados en curso (categorías de licenciad@s sanitari@s agás Uroloxía):

A vindeira semana está prevista a publicación dos listados definitivos de admitidos/as e/ou excluidos/as e resultados provisionais de baremación das categorías convocadas no concurso de traslados de licenciados sanitarios, agás os resultados da especialidade de Uroloxía (que están pendentes de que se resolva a ampliación do concurso de traslados de licenciados sanitarios do ano 2010), especialidade para a que está prevista a publicación desta resolución ao longo do mes de novembro. Tamén se publicarán as listas coa adxudicación provisional de destinos. A data exacta da publicación no DOG, na Intranet e no expedient-e seralle comunicada a través de correo electrónico.

Publicada resolución que amplía as prazas a concurso de traslados 2010 na especialidade de Uroloxía

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ven de publicarse hoxe no DOG unha resolución que amplía en 3 as prazas que se ofertaban no concurso de traslados do 2012 de FEA de Uroloxía. Esta ampliación faise por mor dunha sentenza firme que anula o anexo que recolle as prazas ofertadas nesta especialidade (en concreto unha praza) porque entende que deberían ofertarse 3 máis no CHUAC.

Por este motivo, ábrese un prazo no que calquera persoa que na data estipulada na convocatoria dos traslados 2010 (10 de marzo de 2010) cumprira os requisitos establecidos, poida presentar solicitude de traslado para unha de estas 3 novas prazas no CHUAC. Este prazo permanecerá aberto ata o 28 de setembro de 2012.

Pódese consultar a resolución no DOG:

  • RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se dispón a execución da sentenza ditada o 15 de xuño de 2010 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña no procedemento abreviado 88/2010, en relación coa Resolución do 21 de xaneiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde. Descargar PDF

Publicadas listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados de FEAs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe en DOG resolución de publicación das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para o concurso de traslados de FEAs:

  • RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 deste centro directivo. Descargar PDF

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso. 

Publicada en DOG convocatoria de Concurso de Traslados para FEAs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a convocatoria de concurso de traslados para Facultativos/as Especialistas de Área e Médicos/as de Urxencias Hospitalarias.

Pódese consultar a convocatoria aquí:

  • RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo. Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir de mañá.

Cadro de prazas para traslados de FEAs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS enviounos este cadro de prazas de FEAs e MUH a ofertar a traslados.

Concurso de Traslados FEAS e Médicos/as de Urxencias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nun correo enviado polo SERGAS, xúntase o primeiro borrador da relación de prazas de F.E.As e MÉDIC@S DE URXENCIAS HOSPITALARIAS ofertadas a CONCURSO DE TRASLADOS (cadro prazas ofertadas), así como tamén as bases de dito concurso de traslados (descarga aquí as bases).

Pódense facer alegacións antes do día 15 de Febreiro.

Asemade, deixamos o posicionamento que se mantivo na mesa sectorial da semana pasada, sobre este tema:

2.- Concurso de traslados. O SERGAS informou verbalmente, sen presentar documento, que os traslados e a OPE de persoal facultativo especialista e do persoal medico/a de urxencias sairán convocados nun mesmo Decreto de OFERTA, que nos será remitido a próxima semana. O devandito Decreto englobarase dentro da taxa de reposición do 10%, polo que na oferta de oposición serán convocadas 176 prazas, que, segundo a Admón., calcúlanse tomando como referencia todas as vacantes do sistema (de todas as categorías) que o resto dos colectivos “cederon” solidariamente; non sabemos a quén lle preguntaron para a cesión solidaria.

No concurso de traslados poderían convocar algunha praza máis. Comprometéronse a enviarnos un cadro de prazas a ofertar. Nin se convocarán todas as especialidades, nin sairán prazas en todos os centros. A oferta de prazas determinaraa Asistencia Sanitaria.

O Decreto de oferta, sen coñecer o texto, e aplicando a taxa de reposición foi respaldado por todas as organización sindicais, agás pola CIG-SAÚDE.

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslado para todas as categorías co 100% das prazas. Rexeitamos a taxa de reposición e solicitamos do SERGAS que traslade esta petición ao goberno central. A taxa de reposición afecta negativamente  ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:

  • Elimina postos de traballo do sistema sanitario público.
  • Cómo non se convocan todas as prazas, o persoal vai ver frustrado o seu dereito á estabilidade no emprego.
  • Vulnérase o dereito a se poder trasladar dentro do sistema sanitario. No concurso de traslados non se convocarán todas as especialidades, nin se convocarán prazas en todos os centros. Isto tamén sucederá na OPE.
  • Como a taxa de reposición tamén afecta ás interinidades, o persoal que resulte cesado por mor deste proceso pasará a englobar a listaxe de persoal contratado en precario do SERGAS.

Modificación nos destinos adxudicados do concurso de traslados na categoría DUE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Despois de resolver diversos recursos que se interpuxeron á resolución definitiva de adxudicación de destinos do concurso de traslados da categoria de DUE, o SERGAS ven de facer pública, colgándoa na súa web, a modificación da resolución definitiva. Parece ser que hai algúns cambios, non moitos.

Pódese consultar a resolución de modificación premendo aqui.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto