Noticias Persoal Traslados
 
 

Información Concurso de Traslados Persoal de Xestión e Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS SERGASMensaxe chegada do SERGAS:

Infórmase que está previsto que o xoves, 8 de outubro se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva do concurso de traslados das categorías de persoal de xestión e servizos.

Por necesidades organizativas amplíase o prazo de cesamento dos profesionais de modo tal que este se producirá con data de 15 de outubro de 2015, iniciándose ao día seguinte o cómputo dos prazos posesorios.

Publicada lista definitiva de admitidos/as e destinos provisionais do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS SERGASPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as e destinos provisionais para o concurso de traslados de persoal de xestión e servizos do SERGAS:

  • Concurso de Traslados Persoal de Xestión e Servizos, lista definitiva de admitidos/as. RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. Descargar PDF
 
Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.
Os/As concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.

Aviso sobre Traslados de Persoal de Xestión e Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Chegounos esta mensaxe do SERGAS:

Está previsto que o mércores 8 de xullo se publique en DOG a  Resolución pola que se publica a relación definitiva  de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014.

Publicadas listas de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIN TRASLADOSPublícanse hoxe as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación a que dirixise a solicitude de participación no concurso. As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación. As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas na publicación de listados definitivos de admitidas/os e excluídas/os.

  • Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos. RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. Descargar PDF

Publicados os destinos definitivos do concurso de traslados de persoal sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS SERGASPublícanse hoxe no DOG as resolucións que dan publicidade aos destinos definitivos logo do concurso de traslados de persoal sanitario:

  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal licenciado sanitario. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal sanitario diplomado e de formación profesional. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF

Tal como se recolle nas propias resolucións a data de cesamento será o día 7 de abril. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Máis información sobre incorporacións e cesamentos nas instrucións facilitadas polo SERGAS.

Instrucións sobre incorporacións e cesamentos con motivo dos traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Podedes descargar de aquí as instrucións sobre Incorporacións e Cesamentos que ven de emitir o SERGAS:

* Instrucións en relación coa incorporación e cesamento de persoal como consecuencia dos concursos de traslados.

Publicada corrección de erros da convocatoria de traslados do Persoal de Xestión de Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Pubícase hoxe no DOG a corrección de erros da convocatoria de traslados de persoal de xestión e servizos que afecta exclusivamente ás categorías de persoal de servizos xerais e grupo administrativo da función administrativa (anexo III) e condutor (Anexo IV).

Para estas categorías, e só para estas categorías, ampliarase o prazo de presentación de solicitudes nun mes máis contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia, é dicir, a partir de mañá.

  • RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 19 de novembro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos. Descargar PDF

Corrección de erros Concurso de Traslados de Persoal de Xestión e Servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante web

Mensaxe chegada do SERGAS sobre o concurso de traslados das categorías de xestión e servizos:

Infórmase que está previsto que a próxima semana se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos que afectará exclusivamente ás categorías de persoal de servizos xerais e grupo administrativo da función administrativa (anexo III) e condutor (Anexo IV).

Para estas categorías, e so para estas categorías,  ampliarase o prazo de presentación de solicitudes nun mes máis contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto