Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Información sobre o acceso excepcional a especialidades de enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Puxémonos en contacto co Ministerio de Educación, e esta é a información que nos dan sobre a situación da vía excepcional para o acceso ás especialidades de enfermaría:

  • Enfermaría Especialista en Pediatría. Están enviando comunicacións ás persoas que fixeron solicitudes que non reunían os requisitos previstos para que, tal e como está estabelecido, poidan arranxalas. Vanse ir publicando no BOE edictos a aquelas persoas ás que non se puido contactar pola vía habitual da carta certificada para realizar os correspondentes requirimentos de documentación. A especialidade de pediatría aínda está a ser avaliada pola Comisión, e tan só cando finalice completamente o proceso de avaliación, requirimentos e trámites de audiencia darase paso a publicar no BOE a lista de admitidos/as e excluídos/as á vez que se publica a convocatoria á proba teórico-práctica, que prevén que sexa no primeiro semestre deste ano (finais de xuño).
  • Enfermaría Especialista Familiar e Comunitaria e Enfermaría Especialista en Coidados Médico-Cirúrxicos. Cando se termine con todo o proceso de pediatría iniciarase a especialidade de Familiar e Comunitaria. A especialidade de enfermaría de Coidados Médico-Cirúrxicos ten aínda pendente de aprobar o programa formativo. Cuestión que depende directamente do Ministerio de Sanidade.

Sobre o Programa de Cribado de Diabete e o convenio con entidades privadas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

 

O SERGAS deu a coñecer recentemente o denominado “Programa de cribado oportunista de diabete”, un programa de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra. O obxectivo deste programa segundo o SERGAS é a detección, dentro da poboación SERGAS, de persoas en risco de padecer diabete ou alteracións do metabolismo dos hidratos de carbono.

Nas oficinas de farmacia, que voluntariamente aceiten participar no programa, farase aos/ás maiores de 18 anos non diagnosticados/as de diabetes o test de Findrisk e unha glicemia basal capilar. O que a priori representa unha iniciativa moi interesante e innovadora agocha tras de si un grave perigo para os /as pacientes e para o carácter público da nosa sanidade galega.

Resulta chamativo que ata o día de hoxe, o lobby farmacéutico dos dispensarios, non sentiu a necesidade de educar, ou facer intervencións comunitarias na poboación. Cando sempre puido e pode facer unha gran labor cos/as doentes polimedicados/as asegurándose que saben tomar correctamente a medicación prescrita. Este tipo de iniciativas cóntanse cos dedos das mans.

Probablemente as circunstancias económicas, a caída dos beneficios da venda dos medicamentos, os fármacos xenéricos, etc, fixéronlles valorar novas perspectivas de negocio entre as cales se atopa a educación para a saúde. A educación para a saúde e o seguimento de doentes crónicos, poñen ás farmacias nunha situación privilexiada para colocar produtos (dietéticos, homeopáticos..) de dubidosa solvencia científica que o/a profesional público e sen conflito de intereses mudaría por alternativas accesibles, económicas e de mellor calidade.

Este proxecto piloto leva detrás de seu un claro afán privatizador da sanidade. Concretamente no seguimento de doentes crónicos.

Por outra banda entrariamos tamén nun grave risco para a saúde pública xa que a cidadanía quedaría nas mans do lobby farmacéutico ante a oferta de cribados de todo tipo (ben os paguen os/as usuarios ou o propio SERGAS), tirando por terra todo o traballo que se leva feito dende a Atención Primaria cando a maquinaria propagandística se poña en marcha para “motivar” a cidadanía a realizar os cribados.

Por outra banda carecemos de garantías do tipo de educación que poden prestar, no mellor dos casos sería educación estándar, co que aquilo que o doente é o centro do sistema quedaría en papel mollado. Hai un claro conflito de intereses que fai que a cidadanía poida ser estafada.

Dende CIG-Saúde rexeitamos este convenio por non ser necesario facer partícipes da sanidade pública a entes de natureza privada como son as oficinas de farmacia. Este programa pode e debe ser levado polos/as profesionais de Enfermaría de Atención Primaria.

A Lei 16/2003 establece no seu artigo 12 en relación coas prestacións da Atención Primaria que:

“A atención primaria é o nivel básico e inicial de atención, que garantirá a globalidade e continuidade da atención ao longo de toda a vida do doente, actuando como xestor e coordinador de casos e regulador de fluxos. Comprenderá actividades de promoción da saúde, educación sanitaria, prevención da enfermidade, asistencia sanitaria, mantemento e recuperación da saúde, así como a rehabilitación física e o traballo social”.

A Lei 16/2003 define a grandes rasgos cales son as funcións dos Diplomados Sanitarios no artigo 7, así, no apartado a) afirma que:

“corresponde aos Diplomados Universitarios en Enfermería a dirección, avaliación e prestación dos coidados de enfermería orientados á promoción, mantemento e recuperación da saúde, así como a prevención de enfermidades e discapacidades”.

O artigo 20 da mesma Lei xa prevé o desenvolvemento normativo da “carteira de servizos”, facendo referencia á publicación dun Real Decreto que a recolla, podendo as comunidades Autónomas aprobar as súas respectivas carteiras de servizos nas que, obrigatoriamente, terán que incluír a do Sistema Nacional de Saúde.

No ano 2008 e dentro do denominado Plan Mellora da Atención Primaria de Galiza un grupo de traballo no que formaban parte a Administración, sociedades científicas e organización sindicais así como profesionais da enfermaría a nivel de técnicos asesores, deseñou a carteira de servizos de enfermaría de Atención Primaria.

Esta carteira de servizos de enfermería de Atención Primaria define as seguintes liñas de actuación:

  1. Aumentar as competencias e a capacidade de resolución dos profesionais de enfermería.
  2. Atender de forma integral e promover o auto coidado aos pacientes con patoloxías crónicas.
  3. Promover estilos de vida saudables e a prevención de enfermidades.
  4. Dar a coñecer a Carteira de Servizos facilitándolle á poboación o acceso aos profesionais de enfermería.
  5. Mellorar a continuidade de coidados entre os profesionais de Atención Primaria e outros niveis asistenciais.
  6. Identificar os procesos asistenciais que realiza o profesional de enfermería dentro do Equipo de Atención Primaria.
  7. Unificar os rexistros de enfermería, impulsando a investigación e facilitando o uso de indicadores de calidade así como o impacto dos coidados sobre a saúde dos pacientes.
  8. Aumentar a presenza dos profesionais de enfermería na Comunidade.

No capítulo 1 di:

ATENCIÓN AOS PROBLEMAS DE SAÚDE AGUDOS.

  1. 1. Participación no diagnóstico e no tratamento.
    1. 1.1. Á poboación en xeral.

                           Procedementos diagnósticos:

Aplicación de test de valoración (funcional, mental, de sobrecarga do coidador, nutricionais, bebedor excesivo, ...).

- Detección precoz de enfermidades metabólicas.

    1. 1. 2. Prevención de complicacións potenciais en persoas con diabetes tipo 2.

-  Aceptación da enfermidade.

-  Adherencia ao tratamento

-  Avaliación do pe diabético (sensibilidade, pulsos, ...).

-  Glicemia/s.

-  Peso.

-  Plan terapéutico: Medidas hixiénico dietéticas, farmacolóxicas, educación diabetolóxica, efectos secundarios derivados do tratamento...

-  Síntomas de hipoglicemia.

- 

Qué intereses agocha o SERGAS ao favorecer o negocio das oficinas de farmacia privadas?

Cal é a compensación que vai facer o SERGAS por ese traballo?

Pretende o SERGAS retroceder 30 anos en canto ao desenvolvemento profesional da Enfermaría de Atención Primaria voltándoa ás funcións de administración de inxectables e aplicación de curas?

Pretende o SERGAS reducir aínda máis as prazas de Enfermaría da sanidade pública?

Dende CIG-Saúde esiximos:

Que o SERGAS quite do caixón a carteira de servizos da enfermaría de Atención Primaria e elabore os programas que queira, que a enfermaría porá o seu coñecemento, voluntariedade e competencia para executalos.

Que anule o acordo cos colexios farmacéuticos e utilice a mellor ferramenta que ten para a diagnose , prevención e educación para a saúde que se atopa nos seus centros de Atención Primaria.

A aposta do SERGAS: Especialidades de Enfermaría a prezo de saldo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

20140717_ESPECIALIDADES_DE_ENFERMARA_a_prezo_de_saldo

Especialidades de enfermería para o SERGAS: unha aposta polo recoñecemento profesional a prezo de saldo


O día 11 de xullo o SERGAS convocou o grupo de traballo sobre especialidades de enfermaría, segundo a Administración para dar cumprimento aos pactos da Moncloa, pactos acadados fóra dos órganos de representación elixidos democraticamente. Tanto pacto e tanta foto para recortar dereitos das/os enfermeiras/os.  

Desde CIG-SAÚDE queremos lembrarlle ao SERGAS, que na Galiza o recoñecemento das especialidades de enfermaría iniciouse no ano 2007, coa creación da categoría de enfermeira/o especialista en Saúde Mental. Esta categoría conta con nivel 23,  e agora, sete (7) anos máis tarde, queren que aceptemos desta Administración a creación de novas especialidades de enfermería rebaixando o nivel do 23 ao 22, cunha importante rebaixa salarial, mesmo para a categoría xa creada anteriormente. Quérense aproveitar dos coñecementos profesionais a prezo de saldo.

CIG-SAÚDE non vai aceptar que as especialidades de enfermería que o SERGAS vai crear se fagan con nivel 22. As especialidades de enfermaría deben ter nivel 23, e estas teñen que ser as súas retribucións:

ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA  . Grupo A2 Nivel 23

Soldo base

Complemento Destino

Compl. Específico

Produtividade

958.98

546.41

262.44

147.96

O recoñecemento profesional non se fai baixando salarios. Os niveis no SERGAS son os mais baixos de toda a Administración Pública. Non retribúen nin as condicións do posto de trabalo, nin os coñecementos, nin o grao de responsabilidade que ten o persoal que presta a asistencia sanitaria.

CIG-SAÚDE, desde hai anos, ven demandando unha suba de nivel para todas as categorías do Sistema Sanitario Público. É dicir, que este se adapte ás condicións e responsabilidade do posto de traballo.  Xusto o contrario do que agora propón o SERGAS.

O SERGAS NON PODE UTILIZAR A CREACIÓN DAS CATEGORÍAS PARA PRECARIZAR MÁIS AS CONDICIÓNS LABORAIS

ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA XA!

E CO RECOÑECEMENTO PROFESIONAL E RETRIBUTIVO QUE CORRESPONDE!

Descarga e difunde!

Por fin a Comisión Técnica das Especialidades de Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup_enferm_positivo_cor

Por fin, despois de moito insistirmos na necesidade da convocatoria da anunciada Comisión Técnica de Especialidades de Enfermaría, parece que o SERGAS empeza a dar pasos. Acabamos de recibir esta mensaxe:

 

Bo día.

Co fin de organizar co tempo suficiente as axendas, anticipámosvos que temos previsto manter a primeira reunión da comisión técnica sobre especialidades de enfermería a finais da semana que vén (o vindeiro xoves día 10, ou ben o venres 11 de xullo).

Para facilitar o desenvolvemento da dita xuntanza, nos próximos días remitiremos un documento de traballo.

Un saúdo.

 

Non era sen tempo! A ver se dunha vez comezamos a ver avances cara a creación das categorías de Enfermeira/o especialista que faltan, e cara á reclasificación e creación dos postos de Especialista que cómpren (neste documento pódese ver un cálculo aproximado das prazas que se poderían crear coas xubilacións previstas).

Agardamos con ansia ese documento de traballo e o desenvolvemento da reunión.


Especialidades de Enfermaría: normalizar a situación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup_enferm_positivo_cor

A AGRUPACIÓN ENFERMEIRA DE CIG-SAÚDE EXIXE DO SERGAS

QUE DUNHA VEZ POR TODAS NORMALICE A SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE

NA QUE ESTÁ A MANTER AS/OS ENFERMEIRAS/OS ESPECIALISTAS

Para que as enfermeiras/os especialistas poidan acceder ás prazas correspondentes da súa especialidade, o SERGAS e a Consellaría de Sanidade debe normalizar esta situación nos orzamentos do 2014.

Enfermeira Especialista en Saúde Mental:  O 9 de xullo de 1998 o Ministerio de Educación establece o perfil profesional da/o enfermeira/o especialista en Saúde Mental. No ano 2007 a Consellaría de Sanidade crea mediante o Decreto 95/2007, do 3 de maio a categoría estatutaria de enfermeira/o especialista en Saúde Mental. Na convocatoria de OPE 2009 o SERGAS convocou 9 prazas de enfermeira/o especialista en Saúde Mental.

Nas unidades de Saúde Mental do SERGAS están a traballar enfermeiras/os especialistas que o SERGAS está a retribuír como enfermeiras/os xeralistas malia recollerse na Orde de confección de nóminas, que é a norma pola que se retribúe ás/aos profesionais, a categoría de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental.

Consellería de Facenda:  ORDE do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013.

 

S A2 33 ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL . Grupo A2

Soldo base

Complemento Destino

Compl. Específico

Productividade

958,98

546.41

262.44

147.96

 

Desde CIG-SAÚDE exiximos que nos ORZAMENTOS do ano 2014 todas as prazas de enfermeira/o de Saúde Mental se recollan co código S A2 33, e que se proceda á reclasificación de todo o persoal que estea en posesión da devandita especialidade. A Admón. non se pode comportar como un empresario ruín e miserábel, empregando persoal altamente cualificado para retribuílo a prezo de saldo.

Así mesmo solicitamos que o SERGAS, en base ás competencias que lle atribúe o artigo 15 do Estatuto Marco, convoque de inmediato unha Mesa de Negociación para proceder á negociación da creación das categorías estatutarias de Enfermeira/o Especialista en: Familiar e Comunitaria, Pediatría, e Xeriatría, toda vez que ademais no caso de Enfermaría Familiar e Comunitaria e de Enfermaría Pediátrica, o SERGAS tén unidades docentes  acreditadas para a formación EIR, cunha oferta de prazas crecente ano a ano.

Estas novas prazas de enfermeiras/os especialistas deben incorporarse á Orde de nóminas do ano 2014 co código correspondente á súa categoría, e crearse as prazas correspondentes nas sucesivas Leis de Orzamentos.  Medidas que terían que afectar tamén ás contratacións.

É inaceptable que o SERGAS teña unidades docentes acreditadas, nas que se forman profesionais de enfermaría altamente cualificadas/os, para despois abandonalas/os á súa sorte por non teren saída laboral na súa especialidade, estragando esforzos e coñecementos que incrementarían a calidade dos coidados dispensados a doentes e  entorpecendo inda máis o desenvolvemento da disciplina enfermeira.

Creación das categorías de Enfermaría Especialista en Familiar e Comunitaria, Pediatría e Xeriatría XA!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto