Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

CIG-Saúde demanda a derrogación do Decreto de prescrición enfermeira

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Denuncia a situación de inseguridade xurídica creada e demanda unha norma que se adecúe á realidade profesional do colectivo
 
A CIG-Saúde vén de dirixirse á consellaría de Sanidade para demandarlle que emita de forma urxente unha circular ou instrución sobre a aplicación do Real Decreto polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte das e dos profesionais de enfermería, pola inseguridade xurídica que crea no exercicio das súas funcións. Xunto a isto solicita que se dirixa ao goberno central en demanda da derrogación desta norma.
12-05-15 concentración CIG-SaúdeA CIG-Saúde entende que é imprescindíbel que nesa circular a consellaría aclare cales son as funcións e responsabilidades que debe asumir cada colectivo dentro da súa actividade profesional, para evitar que a situación de inseguridade xurídica creada chegue a afectar á calidade asistencial que reciben as e os doentes.

Considera ademais que é necesaria a derrogación dese Decreto e a aprobación dunha nova norma que concite o consenso entre as diferentes administracións sanitarias e as e os profesionais médicos e de enfermería, adecuando á realidade existente na práctica diaria da enfermería e as súas competencias profesionais.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explica que o Real Decreto é un texto que “non responde aos criterios aprobados no seu día polo Consello Interterritorial e foi aprobado sen consenso polo Goberno central actualmente en funcións” e advirte de que súa publicación e entrada en vigor está a producir un clima de conflito entre colectivos profesionais que pode afectar negativamente á calidade asistencial do servizo.

Inseguridade xurídica

A CIG-Saúde asegura que este Real Decreto provoca unha grave inseguridade xurídica para as e os profesionais médicos e de enfermaría.  Denuncia que resulta de difícil aplicación práctica, ao dispor que o profesional prescritor "tivo que determinar o diagnóstico, a prescrición e o protocolo ou guía de práctica clínica e asistencial a seguir" e que tales guías terían que ser validadas conforme ao establecido no artigo 6 de devandito Real Decreto, cando tales protocolos “non se elaboraron” e, por tanto, “non están definidos nin validados no momento da súa entrada en vigor”.

Por iso demanda a emisión desa circular informativa para as e os profesionais, que se pida a derrogación do Decreto e a aprobación dunha nova norma.

A noticia en Avantar

Publicada no BOE a resolución que determina o nivel de correspondencia da Diplomatura en Enfermaría co Grao en Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Publicada no BOE a Resolución que determina o nivel de correspondencia do Título de Diplomado/a en Enfermaría co Título de Graduado/a en Enfermaría:

  • Correspondencia DUE no Marco de Cualificacións Educación Superior. Resolución de 30 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 30 de outubro de 2015, polo que se determina o nivel de correspondencia ao nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior do Título Universitario Oficial de Diplomado/a en Enfermaría. PDF (BOE-A-2015-12930 - 4 páxs. - 173 KB)

En breve, poderase solicitar o certificado de correspondencia destas titulacións. Pódese facer de xeito online nesta páxina. Tamén pode consultarse na páxina do Ministerio de Educación.

A propósito das probas da vía extraordinaria de Enfermaría Pediátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

 A día de hoxe case todo o mundo coñece o despropósito no que se converteron os exames da proba obxectiva para o acceso pola vía excepcional ao título de Enfermaría Especialista en Pediatría. Despois das numerosas irregularidades que se viviron nesas probas, das que dan fe as moitas persoas que nos teñen consultado ao respecto e as numerosas impugnacións de preguntas da proba rexistradas, a día de hoxe o Ministerio de Educación inda non aclarou qué pasou, qué vai pasar nin qué medidas pensa tomar para garantir que todas as persoas que se inscribiron teñan as mesmas posibilidades e os mesmos dereitos á hora de participar neste proceso.

Para o día 22 de novembro está programado o último exame, que, segundo se recolle na convocatoria, está dirixido a aquelas persoas aspirantes que non se presentaran na data asignada para o primeiro exame ou que non superaran a proba, pero dase a circunstancia que, a día de hoxe, coma quen di unha semana antes dese exame, ninguén sabe se superou ou non a proba, porque desde o Ministerio inda non publicaron ningunha lista de aspirantes que superaran a proba. Por publicar, inda non publicaron unha explicación ás graves irregularidades que se deron nesas probas, nin tampouco unha desculpa nin moito menos, unha previsión de que é o que pensan facer para solucionar esta cerellada.

Agora, as persoas que despois de inscribirse para participar nesta Vía Extraordinaria, despois de gastar tempo e cartos, facendo esforzos para preparar a proba, desprazarse ao exame a Madrid, pasar polo suplicio dese exame con todas as irregularidades habidas e por haber, non saben que facer. Non saben se teñen que ir ou non teñen que ir o día 22 a Madrid. E nós, na CIG, estamos temendo que se lles vaia ocorrer ás mentes pensantes do MInisterio publicar a lista de persoas que superaron a proba un ou dous días antes do día 22, porque, na súa visión centralista e centralizadora do mundo, pensan que claro, desde Colmenar Viejo ao lugar de celebración da proba chégase moi ben e non hai problema. Pero resulta que unha persoa de "provincias" ten que programar coa suficiente antelación unha viaxe, unha pernocta e mesmo realizar cambios de quenda e demais parafernalia que desde a "capital do reino" non son quen nin de atisbar. Isto tamén dá conta do importante que é mirar nós por nós mesm@s e non deixar que sexa Madrid quen guíe os nosos destinos.

Desde a CIG Saúde exiximos do Ministerio de Educación que emita unha aclaración pública sobre o sucedido nas probas, sobre as medidas a tomar para garantir a súa validez, e que, no caso de que o proceso siga adiante, publique canto antes tanto as medidas a tomar coma as listas de persoas que superaron a proba.

Páxina do Ministerio onde se supón que informan sobre o proceso: preme aquí.

A Agrupación Enfermeira da CIG-Saúde considera que o RD de Prescrición Enfermeira non cumpre as expectativas da profesión

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
agrup enferm positivo cor
 
Advirte de que as/os profesionais continúan nunha situación “alegal”
 
O pasado venres día 23 de outubro o Consello de Ministros aprobaba o Real Decreto polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte das/os enfermeiras/os. A Agrupación Enfermeira da CIG-Saúde considera que este RD debería garantir un maior desenvolvemento competencial da enfermaría, dotándoa da formación e ferramentas lexislativas axeitadas para poñela ao servizo da comunidade e das propias inquedanzas profesionais.
Camas hospital Lucus AugustiA Agrupación Enfermeira da CIG-Saúde entende tamén que o RD debería contemplar a prescrición enfermeira de medicamentos e produtos sanitarios de uso habitual na consulta e domicilio ou institución por enfermeiras/os no seu labor diario.

Neste sentido sinala que este colectivo atópase nunha situación “alegal” xa que na súa práctica diaria está utilizando certos medicamentos ou recomendando o seu uso ás/aos doentes, sen que isto estea regulado.

Por iso entende que é necesaria a elaboración de protocolos e guías con máis participación de profesionais e sociedades científicas, con tramitación áxil, e a acreditación de oficio a todas as enfermeiras/os, co obxectivo de facer na atención primaria que a enfermaría sexa unha porta de entrada ao sistema sanitario, mellorando tempos de espera e protocolos burocráticos.

Entende ademais que é preciso implicar neste proceso as sociedades científicas, asociacións profesionais, organizacións sindicais e non só as organizacións colexiais.

Desenvolvemento lexislativo

Na Lei 28/2009 de Garantías de uso racional de medicamentos e produtos sanitarios prevíase o seu posterior desenvolvemento para regular precisamente a cuestión da dispensación e uso de medicamentos por parte de enfermeiras/os. Daquela a Agrupación Enfermeira da CIG xa advertía de que non se recollerían as súas capacidades e competencias e entende que así se confirma co Real Decreto de prescrición enfermeira publicado.

De feito valora que “é unha desfachatez pretender satisfacer o colectivo con algo que xa podían facer libremente as/os pacientes sen formación sanitaria porque podían mercar na farmacia eses medicamentos e produtos, dado que non precisaban receita médica e máis desfachatez aínda, se cabe, porque son medicamentos e produtos xeralmente excluídos das prestacións”.

Ademais a Lei contempla a elaboración de protocolos e guías de práctica clínica pola Comisión Parmanente de Farmacia do Consello Interterritorial do SNS, con representación do Ministerio de Sanidade, Comunidades Autónomas, Mutualidades de Funcionarios, Ministerio de Defensa, Consello Xeral de Colexios Médicos e Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermeiras. Protocolos e guías que a Agrupación Enfermeira considera que “probablemente tardemos anos en ver desenvolvidas”.

En todo caso, e aínda coas guías e protocolos elaborados, a Agrupación Enfermeira da CIG-Saúde asegura que “para que a enfermeira poda indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica, previamente o/a correspondente profesional prescritor/a (non a enfermaría) deberá determinar o diagnóstico, a prescrición e o protocolo ou guía práctica clínica e asistencial a seguir”.

Ademais o seguimento destas actuacións será feito pola persoa prescritora, o que entende que suporá unha volta atrás de 30 anos “cando esta relación entre a medicina e a enfermería se facía a través dun volante denominado P-10”.

Tamén pon en cuestión a acreditación, porque non se establece onde se poden adquirir as competencias necesarias, nin quen ten que impartir esa formación ou como se vai financiar, o que considera que pode favorecer o negocio privado.

Conclúe pois denunciando que tanto por parte da Organización Colexial como por parte do SATSE, que deu o seu beneplácito, “vendéusenos fume” e que “este RD vén pór moi claro como é e a quen defende o PP, e quen manda realmente na sanidade do Estado”.

A noticia en Avantar

Listas definitivas de admitidas/os e excluídas/os para a proba obxectiva de Enfermaría Pediátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

BOE-pngPublicada no BOE a resolución que aproba a relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os para a realización da proba obxectiva correspondente ao acceso pola vía excepcional do título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica.

  • Enfermaría Pediátrica, Vía Excepcional. Resolución de 8 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as á realización da proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica. PDF (BOE-A-2015-10956 - 43 páxs. - 2.716 KB)

As listas pódense consultar aquí:

Listas definitivas de Admitidas/os

Listas definitivas de Excluídas/os

Máis información aquí: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-espanoles/ciencias-salud/050860.html

------

Corrección de erros publicada no BOE o 20 de outubro de 2015:

  • Corrección de erros. Resolución de 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se corrixen erros na de 8 de outubro de 2015, pola que se aproba a relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os á realización da proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica. PDF (BOE-A-2015-11295 - 1 páx. - 148 KB)

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto