Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Publicación da resolución definitiva do concurso específico das categorías de enfermeira especialista en saúde mental e de traballo.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

As/os aspirantes que figuran no Anexo da Resolución publicada, serán nomeadas/os como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de persoal enfermeiro especialista e na especialidade que nel se indica, adxudicándolle a praza correspondente.

As/os aspirantes seleccionados poderán solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.

 

CONCURSO ESPECIFICO PARA INGRESO NA CATEGORÍA DE ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA DE SAÚDE MENTAL E DO TRABALLO.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

 

No día de hoxe, realizouse a publicación das resolucións das distintas xerencias polas que se declaran, con carácter definitivo, as/os aspirantes admitidas/os e excluídas/os, no concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista convocado pola Resolución do 23 de abril de 2018 da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Poden consultarse as resolucións e os listados na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/CONCURSO_ENF_ESPECIALISTA

 

CONCURSO ESPECIFICO PARA INGRESO NA CATEGORÍA DE ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA DE SAÚDE MENTAL E DO TRABALLO.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

 

 

No día de hoxe, realizouse a publicación das resolucións das distintas xerencias polas que se declaran, con caracter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, no concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista convocado pola resolución do 23 de abril de 2018 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Poden consultarse as resolucións e os listados na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/CONCURSO_ENF_ESPECIALISTA

Convocatoria do concurso específico para ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista de enfermaría do traballo e de saúde mental.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

Convócase o concurso específico para o ingreso na categoría e praza de persoal enfermeiro/a especialista do Servizo Galego de Saúde, na especialidade de enfermaría do traballo e na especialidade de saúde mental.

concurso especifico

REQUISITOS:

  • Ser persoal estatutario fixo diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza con destino definitivo no centro en que se oferta a praza.
  • Desempeñar ou ter desempeñado as funcións propias da especialidade.
  • Estar en servizo activo como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.
  • Titulación de enfermeira especialista correspondente.

PRAZO:

  • Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución.

PROCEDEMENTO:

  • Farase a través do FIDES/expedient-e/Sección de Procesos.
  • Cubrirase unha única solicitude de participación por especialidade.
  • A solicitude presentarase por rexistro electrónico (necesario DNI-e ou certificado dixital).
  • Dirixirase á unidade de validación na cal a/o aspirante ten o seu destino definitivo.

MÉRITOS:

  • Valoraranse os causados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación desta Resolución.
  • Estarán rexistrados  no FIDES e acreditados documentalmente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non será necesario acreditar:
    • A experiencia profesional como persoal estatutario do SERGAS.
    • A formación impartida polo ACIS (FEGAS).
  • Puntuación polo coñecemento da lingua galega, necesario estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente.

NOMEAMENTO:

  • Nomeamento como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista da especialidade correspondente.
  • As/os profesionais nomeadas que viñan prestando servizos nas unidades correspondentes, permanecerán no mesmo destino.
  • O persoal nomeado poderá solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.
  • Non poderán ser nomeado o persoal que se atope en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

Descarga aquí as Bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista (DOG do 02/04/2018).

A publicación deste concurso é o recoñecemento, impulsado pola CIG-SAÚDE, ás/ós enfermeiras/os especialistas que non tiñan recoñecida esta situación.

Levan anos traballando como especialistas para o SERGAS, formando as/os novas/os enfermeiras/os especialistas sen ningún recoñecemento.

Agora o SERGAS vai a situar a estas/es profesionais no lugar que lles corresponde. Agardamos que en breve saian os concursos para o resto de enfermeiras/os doutras especialidades de enfermaría.  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto