Noticias Persoal Formación
 
 

Continúan os recortes: menos prazas de formación sanitaria na Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

examen-mirAntonte publicábase no BOE a oferta de prazas de formación para especialidades sanitarias (MIR, EIR, FIR, PIR,...) e atopámonos coa sorpresa de que, malia os numerosos anuncios que os gobernos do PP nos veñen facendo de que xa saímos da crise, a oferta de formación sanitaria na Galiza non só non aumentou, senón que se viu diminuída.

Así, a oferta global no Estado viuse aumentada nun 3,7%, 230 prazas máis que o ano pasado, ofertándose en todo o Estado 7.772 prazas de formación. Mais, como non podía ser doutro xeito, o reparto que se fai desas prazas prexudica unha vez máis a Galiza. Sen que saibamos o criterio que se seguiu (inda que ben podemos intuilo), no reparto de prazas Galiza foi a máis prexudicada, ao convocárense 376 prazas e perdendo cinco con respecto ás 381 convocadas o ano pasado, malia o incremento global de 230 prazas no Estado, que, obviamente, foron parar a outros territorios.

Isto é indicativo de que, unha vez máis, Galiza no conta para os gobernos centrais. Galiza non ten ningún peso específico para os gobernos do PP, porque nin sequera estando en plena campaña electoral e estando en liza a maioría absoluta do PP na Galiza, teñen en conta a necesidade de profesionais sanitarios especialistas que ten a sanidade na Galiza, nomeadamente a Sanidade Pública.

Desde a CIG-Saúde continuaremos pelexando polo incremento de prazas de formación de especialistas que dea resposta ás necesidades reais da sanidade. Mentres, o día 25 de setembro temos unha nova oportunidade para ir conseguindo avances e rematar cos recortes e privatizacións da Sanidade Pública.

 

Convocatoria probas Especialidades Sanitarias (MIR, EIR, FIR, PIR...)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada a convocatoria de probas selectivas para prazas de formación de especialidades sanitarias:

  • Especialidades sanitarias. Orde SSI/1461/2016, de 6 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2016 para o acceso no ano 2017, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicas/os, Farmacéuticas/os, Enfermeiras/os e outras/os graduadas/os-licenciadas/os universitarias/os do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2016-8391 - 291 páxs. - 9.120 KB)

CURSO on-line baremábel para todas as categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cartazcurso2016c

Máis información e inscricións en: forga.gal

Publicados os resultados provisionas das probas de formación especializada (MIR, EIR, PIR, FIR...)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Publicáronse na páxina do Ministerio de Sanidade os resultados provisionais das probas de acceso a prazas de formación especializada (MIR, EIR, PIR, FIR...):

Información Resultados

Modelo de Reclamación (Prazo de reclamacións ata o 13 de marzo)

Último número de orde de prazas adxudicadas na convocatoria anterior

Factores de corrección

Convocatoria de cursos de formación continuada para persoal estatutario (plan AFEDAP)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

lapices xeringapPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á convocatoria de cursos de formación continuada para o persoal estatutario do SERGAS ao abeiro do plan AFEDAP:

  • RESOLUCIÓN conxunta do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal deste servizo. Descargar PDF

Na convocatoria deste ano hai certos cambios en canto ás solicitudes para os cursos, posto que agora o prazo de inscrición é do 1 de febreiro de 2016 ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa, independentemente de cando teña lugar esta.

Para ver a oferta formativa, preme na ligazón que leva á ACIS (Axencia do Coñecemento en Saúde).

Cómo inscribirte nos cursos gratuítos ofertados pola CIG?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CÓMO INSCRIBIRTE NOS CURSOS GRATUÍTOS OFERTADOS POLA CIG?

 

A inscrición nestes cursos farase a través da páxina web de FORGA (forga.gal) ou nos locais sindicais. Lembra que o INAP non permite que se inscriban nestes cursos persoal en paro ou traballadores/as que non sexan da administración pública.

   

Para a inscrición a través da páxina de FORGA, segue estes pasos:   

1. Vai a https://forga.gal/

2. Pica á dereita en Formación subvencionada

3. Pica en Saúde

4. Na esquerda hai un menú no que podes escoller a comarca ou o tipo de formación (presencial/teleformación)

5. Escolle o curso que queiras facer e preme en SOLICITAR PRAZA.

6.Para cubrir a ficha, ten a man unha nómina, onde terás os datos que necesitas cubrir (razón social, número da seguridade social e CIF da empresa, por exemplo).

Lembra que as prazas son limitadas, apúntate canto antes!

Calquera dúbida, ponte en contacto connosco.

CIGSAUDElogo

Prazo aberto para cursos online puntuábeis e gratuítos ofertados pola CIG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CURSOS ONLINE OFERTADOS POLA CIG-SAÚDE:

  • A MOTIVACIÓN NA ACTIVIDADE LABORAL APLICADA NA ATENCIÓN AO/A DOENTE - 20 horas: Online, do 13 de novembro ao 18 de decembro
  • VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ACTUACIÓN DENDE UN SERVIZO SANITARIO - 26 horas (Acreditado con 5,2 créditos SAGA): Online, do 23 de novembro ao 31 de decembro
  • ATENCIÓN NOS PROCESOS DE DÓ - 10 horas (Acreditado con 1,9 créditos SAGA): Online, do 13 ao 26 de outubro
  • HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN NOS SERVIZOS SANITARIOS - 26 horas: Online, do 3 de novembro ao 15 de decembro
  • RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL - 20 horas (Acreditado con 4,6 créditos SAGA): Online, do 27 de outubro ao 28 de novembro

 

Se queres inscribirte nalgún destes cursos, por favor, preme aquí ou vai a FORGA.GAL e diríxete ao curso que che interese para cubrir os teus datos.

 CURSOS FORGA ONLINE

Oferta cursos gratuítos e puntuábeis para os procesos SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

notebookA CIG-Saúde ofertou no mes de abril unha serie de accións formativas para persoal do SERGAS, gratuítas e baremábeis, que se realizarían ao abeiro do Plan de Formación Continua das Administracións Públicas que convoca o INAP. O día 22 de maio, publicamos unha advertencia sobre a situación desa oferta formativa, dado que o INAP (a Administración do PP) estaba a poñer impedimentos e trabas, e mesmo se falaba de non chegar a aprobar a subvención da que dependen estas accións formativas.

Por fin, despois de moitos mareos, o INAP aprobou a realización dos cursos de Formación Contínua para as Administracións Públicas. Despois de ternos varios meses á espera, mareándonos, finalmente agora en setembro aprobaron a realización destes cursos, mais non ampliaron o prazo de impartición, polo que nos vemos na obriga de condensar toda a formación desde mediados de outubro ao 31 de decembro, o que implica que, da oferta inicial de accións formativas que a CIG fixo, temos que facer modificacións e serán finalmente estes cursos e nas datas que se indican, os que se van realizar:

 

CURSOS ONLINE:

  • A MOTIVACIÓN NA ACTIVIDADE LABORAL APLICADA NA ATENCIÓN AO/A DOENTE - 20 horas: Online, do 13 de novembro ao 18 de decembro
  • VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ACTUACIÓN DENDE UN SERVIZO SANITARIO - 26 horas (Acreditado con 5,2 créditos SAGA): Online, do 23 de novembro ao 31 de decembro
  • ATENCIÓN NOS PROCESOS DE DÓ - 10 horas (Acreditado con 1,9 créditos SAGA): Online, do 13 ao 26 de outubro
  • HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN NOS SERVIZOS SANITARIOS - 26 horas: Online, do 3 de novembro ao 15 de decembro
  • RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL - 20 horas (Acreditado con 4,6 créditos SAGA): Online, do 27 de outubro ao 28 de novembro

 

CURSOS PRESENCIAIS:

  • A CORUÑA:
    • INFORMÁTICA DE USUARIA/O (20 horas), do 19 de outubro ao 29 de outubro
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 12, 18 e 24 de novembro
  • SANTIAGO:
    • INTERVENCIÓN ANTE EMERXENCIAS (10 horas), 3 e 4 de novembro (Acreditado con 1,8 créditos SAGA)
    • PREVENCIÓN DAS UPP (dirixido a TCAE)  (10 horas), 11 e 12 de novembro (pendente de créditos SAGA)
  • PONTEVEDRA:
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 30 de novembro e 1 de decembro
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), do 1 ao 3 de decembro (pendente de créditos SAGA)
    • COMUNICACIÓN E TRABALLO NUN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR (20 horas), do 14 ao 18 de decembro (pendente de créditos SAGA)
  • LUGO:
    • LEXISLACIÓN LABORAL SANITARIA (20 horas), do 19 ao 23 de outubro
    • BIOÉTICA ASISTENCIAL (20 horas), do 23 ao 27 de novembro (pendente de créditos SAGA)
  • FERROL:
    • LOPD.CURSO BÁSICO (6 horas), 14 e 21 de outubro
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 13, 19 e 25 de novembro
  • OURENSE:
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), do 14 ao 17 de decembro (pendente de créditos SAGA)
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 26 e 27 de outubro
  • MONFORTE:
    • COMUNICACIÓN E TRABALLO NUN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR (20 horas), do 23 ao 27 de novembro (pendente de créditos SAGA)
  • BURELA:
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), 1 e 2 de decembro (pendente de créditos SAGA)
  • O BARCO:
    • TRABALLO EN EQUIPA NUN BOX DE CRÍTICOS DUN HOSPITAL COMARCAL (10 horas), 15 e 16 de decembro (pendente de créditos SAGA)
    • CONTENCIÓN TERAPÉUTICA DAS/OS DOENTES (10 horas), 19 e 20 de outubro
  • BARBANZA:
    • TALLER DE COMUNICACIÓN DE MALAS NOTICIAS (8 horas), 16 e 17 de novembro (Acreditado con 1,3 créditos SAGA)
  • VIGO:
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), 1 e 2 de decembro

 

Se queres inscribirte nalgún destes cursos, por favor, preme aquí ou vai a FORGA.GAL e diríxete ao curso que che interese para cubrir os teus datos, ou ben pasa por algún dos nosos locais sindicais.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto