Noticias Persoal Formación
 
 

ÚLTIMAS PRAZAS. Curso online

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Está aberto o prazo de inscrición no curso "Atención nos procesos de dó tras unha perda."

Este curso é baremable nos distintos procesos do SERGAS (listas de contratación, OPE, carreira profesional...),  só para as categorías con atención directa ao paciente e que interveñan nos procesos de dó (duelo). 

Está solicitada acreditación a SAGA para o persoal sanitario.

Prazas limitadas. Inscríbite xa en  https://forga.gal/formacion/cig-saude-2018/

Descontos importantes para afiliadas/os de CIG.

FOTO CURSO

Plan Formación contínua do Sergas ( AFEDAP) para o 2018.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe, 22 de xaneiro de 2018, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 conxunta, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal deste servizo.

As persoas que desexen participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da ACIS (http:// acis.sergas.es).

Prazos de inscrición:  A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.

Quen pode participar:

  • Todas/os as/os profesionais que presten ou prestasen servizos nas institucións do Servizo Galego de Saúde
  • As/os profesionais que estean formándose como especialistas en Ciencias da Saúde (persoal residente en formación)
  • As/os aspirantes a vinculacións temporais no ámbito das institucións do Sistema público de saúde de Galicia, ao abeiro do Pacto de selección temporal vixente en cada momento
  • O persoal pertencente ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, integrado no réxime estatutario.

Curso online baremable. Prazas limitadas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Está aberto o prazo de inscrición no curso "Atención nos procesos de dó tras unha perda."

Este curso é baremable nos distintos procesos do SERGAS (listas de contratación, OPE, carreira profesional...),  só para as categorías con atención directa ao paciente e que interveñan nos procesos de dó. 

Está solicitada acreditación a SAGA para o persoal sanitario.

Prazas limitadas. Inscríbite xa en  https://forga.gal/formacion/cig-saude-2018/

Descontos importantes para afiliadas/os de CIG.

 

Captura curso

 

Cursos de formación on-line 2018

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

notebook

CIG-Saúde, a través da ForGA, ven de abrir o prazo de solicitude para varios cursos on-line:

  • Atención nos procesos de dó tras unha perda. 10h. Dende o 8 ata o 23 de marzo. Dirixido só a categorías con atención directa ao paciente.
  • Habilidades sociais e de comunicación nos servizos sanitarios. 26h.  Dende o 3 de abril ao 8 de maio. Dirixido a todas as categorías. 
  • Orientación práctica á calidade no entorno sanitario. 26h. Dirixido a todas as categorías. Pendente de datas de celebración.
  • Confidencialidade e protección de datos nas institucións sanitarias. 10h. Dirixido a todas as categorías. Pendente de datas de celebración.

Trátase de cursos non subvencionados, non é preciso estar traballando para inscribirse.

Está solicitada a acreditación SAGA para persoal sanitario.

Descontos para afiliadas/os.

Se estás interesada/o nalgún destes cursos, preme nesta ligazón, infórmate e inscríbete: ForGA - Cursos CIG-Saúde.

Convocatoria MIR - FIR- BIR- QUIR - EIR

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe publícase no BOE  a Orde SSI/876/2017, de 12 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2017 para o acceso no ano 2018, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeiros e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

Calendario das probas selectivas 2017/2018:
  • Prazo de presentación de solicitudes: Do día 19 ao 28 de setembro de 2017.
  • Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partir do día 14 de novembro de 2017.
  • Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partir do 9 de xaneiro de 2018.
  • Data do exercicio: Sábado, día 10 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partir do día 13 de febreiro de 2018.
  • Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 14, 15 e 16 de febreiro de 2018.
  • Reunión das Comisións Calificadoras para resolver as reclamacións presentadas: Día 28 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partir do día 6 de marzo de 2018.
  • Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partir do día 3 de abril de 2018.
  • Actos de asignación de prazas: A partir do día 17 de abril de 2018. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección Xeral de Ordenación Profesional.
  • Prazo posesorio para incorporación: 24 e 25 de maio de 2018, ambos inclusive.

Curso online baremábel. 4,4 créditos para persoal sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Aberto o prazo para o curso baremábel "A motivación na actividade laboral aplicada na atención ao/á doente", modalidade teleformación.

O curso desenvolverase do 1 de setembro ó 11 de outubro de 2017, é de 26 horas e barémase con 4,4 créditos SAGA para o personal sanitario.

Trátase dun curso non subvencionados, non é preciso estar traballando para inscribirse. Descontos para afiliadas/os.

Para matricularte, preme aquí

curso setembro

 

Curso de formación on-line baremábel. Últimos días para inscribirse.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Curso on-line baremábel para o SERGAS: Violencia de Xénero. Detección e actuación desde un servizo sanitario. 26h. Desde o 15 de marzo ata o 26 de abril.

violencia de xenero

Se estás interesad@, inscríbete na páxina de ForGA - Cursos CIG-Saúde.

 

Cursos de formación on-line oferta 2017

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

notebookA CIG-Saúde, a través da ForGA, ven de abrir o prazo de solicitude para varios cursos on-line baremábeis para todas as categorías:

  • Violencia de Xénero. Detección e actuación desde un servizo sanitario. 26h. Desde o 15 de marzo ata o 26 de abril.
  • Relacións Humanas e Clima Laboral. 20h. Desde o 18 de maio ata o 26 de xuño.
  • A motivación na actividade laboral aplicada na atención á/ao doente. 26h. Desde o 1 de setembro ao 11 de outubro.

Trátase de cursos non subvencionados, non é preciso estar traballando para inscribirse. Solicitada a acreditación SAGA para persoal sanitario. Descontos para afiliadas/os.

Se estás interesada/o nalgún destes cursos, preme nesta ligazón, infórmate e inscríbete: ForGA - Cursos CIG-Saúde.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto